Oráculo de Delfos(fotos Trebolle)Moi interesante a charla de David Hernández sobre o Oráculo de Delfos, no Foro La Región (e a sala a rebosar, qué marabilla). Presentouno, con dignidade e acerto, Xosé M. Domínguez Prieto.
Repito aquí o que dixen na miña intervención no coloquio: primeiro, a miña felicitación por ser o ponente capaz de suxerir moitas máis cousas das que dixo. Segundo, unha observación sobre os Oráculos despo

is do fin (cando rematan en tempos de Juliano o Apóstata): aínda que a Igrexa cristiá os considerase como demoníacos, as igrexas medievais souberon utilizar as súas formas e elementos simbólicos, readaptados, cando non os lugares de culto (en Galicia sabemos moito disto): o ponente deume a razón e puxo moitos exemplos de Grecia e Exipto de reutilización posterior destes Oráculos pagáns. Finalmente, engadín que, visto o que dicía David Hernández, sobre as relacións entre o poder político, a maxia e adiviñación, hoxe temos tamén outros Oráculos igualmente eficaces e potentes: os grandes medios de comunicación.