Por que "As uvas na solaina"?
Pois, así de sinxelo: como homenaxe a un dos grandes mestres do xornalismo literario na Galiza:
"Una casa en que hay uvas colgadas da idea de una felicidad tranquila y un poco rústica, sin nada que sobre ni que falte, en que no falta ni siquiera la pachorra, ni la parola.
En toda casa donde hay uvas colgadas da gana de quedarse. Cuando uno no puede quedarse, se va mirando para atrás, lleno de saudade".
"Las uvas de cuelga", nesa marabilla que se chama LIBRO DE LAS HORAS, Ourense, 1961.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
6 comentarios:
Parabéns, Marcos, por esta iniciativa. E que dure.
Graciñas Moncho. Faremos o que poidamos e espero que As Uvas na Solaina poida servir tamén de foro de debates e propostas xurdidas nas terras aurienses. Ese é o seu primeiro obxectivo.
Moi boa idea, Marcos, e moi ben diseñado. Adiante e moito ánimo.
Noraboa por esta nova andaina na blogosfera. Xosé Pascual
gustoume moito este blog e a ver cando probamos as uvas
Parabéns polo teu caderno de bitácora desde as terras do Miño, a outra navegación posible.
Graciñas (palabra, nefeito, moito máis nosa e menos brusca ca ese grazas) por abrir esta fiestra, este aire fresco para a comunicación, para as mensaxe ao aotro lado. O que na Facultade de Xornalismo chamábamos feed-back. ¿Hai alguén aí?
Pregúntome que pensarían os armadanzas de Otero, Risco, Cuevillas de Internet? seguramente non pararían de escribir, de buscar información-un punto de partida-que contrastarían porque na rede hai moito refugallo, do que cómpre, sixelamente prescindir. Imaxino a Otero na solaina de Trasalba cun apple (non se resistiría a unha mazá) chateando co Castelao que estaría tomando unhas pintas de cervexa, mellor unhas cuncas de Godello, con Paul Auster nunha librería con bar nese Nova Iorque dos raparigos negriños e onde aos poetas lles saían bolboretas polas barbas.
Saúdos e Boa navegación.
Publicar un comentario