As mestras de 1923...
Unha amiga (Laura Seara) envioume copia deste contrato para unha mestra, por só uns meses, datado en 1923. Entre as condicións estipuladas estaba, como pode ler o amábel lector, usar dous bisos na roupa interior, non tinguir o pelo, non casar nin andar con homes, non fumar, non pasear polas xeladerías da cidade, non vestir roupa de cores brillantes e non ir en automóbil cun home agás que ese fose o pai ou irmán. Cantas mozas de hoxe manterían a súa vocación do maxisterio en condicións tan draconianas?
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
11 comentarios:
Eu xa o lera nunha paxina web da escola de idiomas de Vigo.
Dende logo semellaban unhas normas feitas por un cura. Menos mal que cambiaron un chisco os tempos.
Home, tampouco nos quedemos tan curtos, señor Acedre. Nisto as cousas cambiaron como do día á noite, non cre?
Teño as miñas dúbidas de que sexa certo. O tipo de letra non se axeita ó da época. Se cadra é un bulo máis, aínda que, obviamente, antes tiñan máis idea de que a señorita era a empregada e tiña que adecuarse ao que pedía a comunidade.
De todos xeitos, resultame difícil crelo. Tería que ver un documento orixinal ou algo semellante.
Ou pode ser que no momento xa parecese ridículo, como por certo, pasou co famoso panfleto de "No sea barbaro, sea patriotra, hable la lengua del imperio" que suscitou alá naqueles corenta, protestas na prensa por excesivo, etc. E falo da prensa galega do momento, non a do exilio, etc.
Saúde.
Paréceme interesantísimo o que di Etxeokeai sobre o famoso panfleto "No sea bárbaro...". Podería ampliar máis o dato das protestas na prensa galega do momento? Coido que sería unha gran aportación se o fai.
Meu estimado anónimo político-cultural.
Creo que foi buscando na Región algo sobre a caída da Ponte Pelamios que me parece coincidía un solto dicindo qeu non sabía a redacción como se podía permitir qeu desde a imprenta sindical da Coruña se infamase a lingua que falaban os labradores de galicia, etc.
Creo que foi alí e onde se facía eco doutras cousas. Se fose o autor deste blog seguro qeu tería apuntado o dato e sabería buscalo, en calqeura caso, podería intentalo.
Empezaría polo Galicia Emigrante,que o Luís Seoane dá conta da noticia e reproduce o panfleto -reproducido da prensa galega, etc- Vou ver se lle dou polo gusto ao señor AP-C(G).
Xa lles contarei.
Pois anímese a indagar, que esperamos ansiosos.
Dame a sensación que vostede ten moitas cousas que aportar.
Saúdos.
Cousas que "achegar" non creo.
Que "aportar" só se vou en barco.
O panfleto do que falades foi publicado pola Imprenta Sindical (nin sequera quitaron o pé de imprenta) na Coruña en 1955. Dediqueille eu unha Andoliña hai uns meses e está recollido en varios libros,p.ex. en Lingua e Sociedade na Galiza, de M. Portas. E dicía así:
"Hable bien.
Sea patriota. No sea bárbaro.
Es de cumplido caballero que usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota.
Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino.
¡¡Arriba España!!".
Efectivamente foi reproducido en varias publicacións do exilio, creo que tamén en Galicia Emigrante.
As empregadas dalgun supermercado levan o Srta. diante do apelido e às mulheres de moitos estados europeus detúrpaselhes o seu apelido ao contraeren matrimónio. (Non sei como fan no caso de casaren duas persoas do mesmo sexo).
What?
canto aprendo con vos! e ese "pique" entre etxeokeai fernández e anónimo político, e´ abraiante.
etxeokeai, perdoa a miña ignorancia, e meter a palabra pica no lugar de diverxencia.
un saúdo
Publicar un comentario