Galego en positivo: a viveza dun debate.Segue o ruxe-ruxe sobre o
galego en positivo. Os amigos que adoitades visitar esta bitácora demostrades o interese do tema (velaí esas 36 entradas, neste momento, no último post ao respecto). Outros amigos, dende casas veciñas, como
Veloso, adheríronse a estas reflexións, con consideración tan interesantes como intelixentes. Tamén está presente este tema noutros blogs amigos como
galeidoscopio e
besbellinha (16 maio). E na prensa escrita xa falei das voces de
Víctor Freixanes ou
Alfredo Conde, entre outras. En fin, o debate é ademais multinacional: o meu técnico particular (graciñas sempre Xulio de Rabal) infórmame que nos últimos días houbo visitas dende
Santa Cruz -Bolivia; Santa Mónica-California; San Francisco; Georgetown; Aisburn; Paris, etc. (Tamén lle interesou o tema, polo visto, a alguén do Centro Superior de Investigacións Científicas).
E para que non se enfade
Roi Queimado, que ten razón nisto, imos alegrar as imaxes deste post, algo macabras nas últimas entregas (aínda que non me neguen a xenialidade do simbolista belga
Antoine Wiertz): por exemplo, esta fermosísima
muller entre as ondas (1868) de
Courbet, que a min me lembra aquela marabillosa fábula do
Barón de La Motte Fouqué, que se chamaba
Ondina e que me namorou para sempre destes seres misteriosos:
"Alí, no fondo do mar, viven uns seres amábeis e máis fermosos que os homes. Algunhas veces un pescador afortunado tivo a dita de ver a unha desas mulleres acuáticas cando xurdía cantando dende as augas. E falou da súa beleza. Os homes chámanas ondinas. E agora, meu amigo, fíxate ben, pois tes diante túa unha desas ondinas".
7 comentarios:
Cos deuses llo paguen! Estas imaxes invitan ó optimismo.
É normal que o debate vaia a máis. E o feito de que sempre, e sempre, e sempre, e sempre, esteamos a debater o mesmo e sobre o mesmo, e todo un síntoma de que temos un problema e que estamos vivos e dispostos a, algún día, solucionalo.
Estamos vivos.
Podemos morrer,
e a casa sen barrer.
Despois,
can morto,
acabouse a rabia.
XulioDRabal
Xa falamos de abondo.
A traballar.
Obrigado pola mención, Marcos.
A min abondaríame, por hoxe, con ter dereito a usar a minha língua, mesmo con anormalidade.
Antes de recuperar e ampliar o número de falantes, pregaria que remataran todas as agresions direitas e simbólicas (laborais, administrativas, sociais e afectivas) que moitas persoas padecemos. Ese é o primeiro chanzo.
Uma aperta.
Huston, temos un problema!
Falamos de falar galego, a lingua desta terra, a que temos que presitixar... E non podemos empezar dicindo que a nosa non serve e que temos que escribir "uma" ou "obrigado".
Isto, meus señores, fíxonos máis dano ca o carallo, con perdón das súas caras, sobre todo a nivel de desprestixio da penetración social que desexabamos pola extendida idea de que "o galego é unha trangallada, cada un escribe como quere".
Temos unha normativa de consenso, que algúns nos toca o nabizo polos "para" "grazas" "aquí" "ao", etc. pero que, quero crer que con sensatez, tragamos, para turrar do mesmo carro.
Turremos todos, con lealdade á nosa corda galega. E despois enredémonos con outras tamén. Sobre todo coa outra galla de nós que se outrificou na historia.
(Que palavrao mais porreiro inventei, pa)
A min tocame (e moito) o carallo: o ¨para¨, o ¨grazas¨, o ¨aqui¨, o ¨ao¨, a conxunción ¨i¨( ó do ¨i¨ xa me pon dos nervos, arjggg!), etc ... Mais se esto rematara eiqui, pois eu xa che firmaba agora mesmo, pra empuxar e sacar do bulleiro o noso carro, ó penoso que hai xente que aposta polo ¨nihilismo linguístico¨( desfacer todo ó que herdamos dos nosos maiores e refacelo de novo a súa maneira )... E asi iremosche ¨ao¨ carallo!
Publicar un comentario