María Madalena e o simbolismo da cabeleira feminina(Pan por Pan mércores 31 maio)María Madalena foi un dos temas relixiosos retratado con máis liberdade polos clásicos, dicíalles eu onte. Así o fixo Tiziano na súa imaxe da Madalena: unha muller de aparencia devota, mirando ao ceo, pero dotada dunha exuberante sensualidade, que tapa coas mans só en parte o seu corpo espido (os peitos quedan á vista) e que arrodea o seu busto cunha inmensa cabeleira solta. Reparen no detalle: a cabeleira feminina como símbolo de sedución, tema sobre o que escribiu un ensaio
Erika Bornay (Cátedra, 1994). O pelo solto como convite ao pecado: noutrora só se deixaba libre na intimidade oculta da alcoba. Co mesmo sentido foi usado polos artistas prerrafaelistas, sobre todo por
Dante Gabriel Rossetti, pintor de belezas misteriosas como esta “
Bocca Baciata” de hoxe (1859). Parte do segredo da súa atracción está nas cores rubias (“
pelirrojas” en castelán) dos cabelos: outra clave da sedución feminina.
1 comentario:
Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»
Publicar un comentario