O MANIFESTO DE AYAAN HIRSI ALÍ(Andoliña venres 5 maio)No seu día a deputada holandesa, de orixe somalí, Ayaan Hirsi Alí, da que falei onte, estivo a favor da “fawta” a Salman Rusdhie: hoxe ela mesma está ameazada de morte, polas mesmas razóns, acusada de blasfemia polo islamismo radical. Asumir calquera posición intelectual dende unha perspectiva abstracta é doado. Facelo cando afecta á túa propia biografía é moito máis complexo e ten moito máis valor cando se parte da propia experiencia persoal e intelectual.
O pasado febreiro Hirsi Alí pronunciou unha conferencia en Berlín que se connverteu nun manifesto “para defender o dereito a ofender”. E alí dixo cousas cousas como estas: “
Creo que o profeta Mahoma se equivocou ao ditar que as mulleres estivesen subordinadas aos homes. Creo que o profeta Mahoma se equivocou ao decretar que se asasinase aos homosexuais. Mahoma trabucouse ao dicir que había que matar aos apóstatas. Equivocouse ao dicir que ás adúlteras había que azoutalas e lapidalas e aos ladróns había que cortarlles as mans. Errou ao dicir que quen morra en nome de Alá será recompensado no Paraíso. O profeta Mahoma fixo e dixo cousas boas, pero equivocouse ao situarse a si mesmo e as súas ideas por riba das críticas”.
(Imaxe da
Medusa tal como a soñou
Caravaggio, 1590).
7 comentarios:
Anónimo político-cultural dijo...
"E por dicir tales "Barbaridades" (sic.) tes pensado declararme inimigo do galego e traidor ao país?
Se hai trinta anos non andiveses a tomar o biberón, seguro que o dicías. Hoxe tan só o pensas".
Onte dixen que para min (para min) algunhas das opinións que aquí se dixeron son barbaridades. Con razón ou sen ela, iso é o que penso.
E como me retruca o anónimo político-cultural?
Pois ACUSÁNDOME de algo que eu, nin dixen, nin penso: de querer 'declaralo inimigo do galego e traidor do país'
Ese foi un ATAQUE PERSOAL, un ataque no que se me acusa de ser unha persoa intolerante.
Penso que se neste blog se quere manter un ambiente de respecto desde a diferencia
o Anónimo político-cultural debería DESCULPARSE.
O mínimo, señor Anónimo político-cultural, é o respecto ás persoas, con independencia das ideas que teñan. Eu, pola miña parte, non o acusei de nada nin lle faltei ao respecto.
P. D. Por certo, teño bastantes máis de trinta anos (e de coarenta). Penso que neste tema, se alguén se comportou coma un meniño, foi vostede.
Creo que podemos manter calquera debate sen necesidade de caír nos insultos nin nos ataques persoais: non son necesarios e só nos degradan como seres humanos. Por outra parte, creo que anónimo político-cultural xa se desculpou nas entradas do post ao que vostede se refire. Demos, pois, por zanxado o asunto. Saúdos moi cordiais e non deixe de visitar estas páxinas, sempre será ben recibido.
Grazas, Marcos.
Tes razón, Anonimo político-cultural xa se desculpou, e por min que morra o conto.
Xa me desculpei onte na entrada correspondente. Pero non me doen prendas volver a facelo. Deixeime levar polo furor da inmediatez e saiume unha resposta ben pouco afortunada. Eu tamén avogo polo repecto, a tolerancia e o debate sereo (o que non exclúe a paixón). Desculpas outravolta, señor anónimo, e, como vostede ben di, que morra o conto.
Que bonito!!!
¿Imos tomar unhas cervexas,pois?
Saúde
Mahoma dixo moitas barbaridades e moitas persoas autodenominadas musulmanas cométenas a cotío, mas a súa mulher Aïxa tamén lhe largou umas cantas verdades en público que mandarian moitas suras coránicas direitamente ao lixo e cuestionarian a tópica situación submisa —e inegável— da mulher nas culturas islámicas.
A ofensa ao Islam desde Occidente non é un "dereito à ofensa" autodefensivo mas uma agresión e abuso de poder desde uma posición de dominación, agravada cuma história e un presente de explotación económica.
A utilización torticeira da ameaza "islamista", "fundamentalista" e demais deveria lembrar as que tentan desacreditar aos "nacionalismos", por exemplo.
Eu asino, total e absolutamente, o que Rushdie escribiu ("In good faith", Independent, 11 de febreiro de 1990):
"Que é a liberdade de expresión? Sen a liberdade de ofender, deixaría de existir. Sen liberdade de poder poñer en entredito, mesmo satirizando todas as ortodoxias, deixa de existir. Non se pode encarcerar a linguaxe e a imaxinación sen que morra a arte, ese aquel que nos convirte en humanos"
Publicar un comentario