Síntomas dun estado cultural (Andoliña xoves 8 xuño)
Na miña Auria presentaron o programa das
Festas do Corpus: o que conto agora vale tamén para moitas outras festas urbanas e rurais do país. O programa adoece de falla de imaxinación e ofrece máis do mesmo: unha serie de grupos máis ou menos coñecidos que nesta ocasión son patrocinados directamente por empresas privadas. Seica o concello non ten cartos e deixou o financiamento na man das empresas. A presenza galega é escasa (
Berrogüeto, recital de
Caneiro, pouco máis), hai actos repetidos (
Moncho Borrajo, que acaba de pasar pola cidade) e nada que diferencie estas festas doutras semellantes en Teruel ou Almería. O programa festivo é un armatoste publicitario a gusto dos patrocinadores: ulos os tempos en que se facían libros ou folletos a xeito, con achegas literarias e obra dos nosos artistas?
E o mesmo cabe dicir da retirada antes de tempo dos programas insignia da nova etapa da TVG: Hai debate e
Volver ó rego. Se baixa a audiencia, que é sagrada, xa se sabe, haberá que volver aos culebróns de sobremesa? Tan difícil é facer unha televisión de calidade que interese ademais aos galegos? Tan pouca imaxinación existe neste país no que sempre precisamente presumimos do contrario? (Imaxe: detalle das
vellas comendo sopa, de
Goya)
No hay comentarios:
Publicar un comentario