Manuel Guede gañou o premio Cunqueiro de textos teatrais baixo o nome de Claudia Grandal
(Outro éxito da fornada de COU do antigo Instituto Masculino, hoxe Blanco Amor...)
C. p. santiago) La Voz de Galicia, 26-X-2006
Claudia Grandal resultou ser Manuel Guede Oliva, profesor, escritor e quen foi director do Centro Dramático Galego desde 1991 ata o 2005. A autoría da peza teatral Ocaso Otero , gañadora da décimo quinta edición do premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais desvelouna onte o propio interesado, que tomou prestado o pseudónimo dun dos personaxes dunha novela súa que publicou a finais dos anos oitenta, Vésperas de Claudia . Manuel Guede, que obtivo o premio convocado polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem) por maioría do xurado presidido por Laura Tato, creou un certo misterio ao non indicar na plica o seu nome. Só fixo constar o DNI e un número de teléfono. O texto, elixido entre 24 candidatos e presentado baixo o lema AGLAV (Valga ao revés) relata o regreso a Galicia de Carolina Otero, La bella Otero , para matar ao home que a violou. Guede declarou que non aportou o seu nome pola necesidade que sinte de protexerse, porque ten sensación de acoso. «Presenteime ao premio porque quería gañalo antes de que lle cambien de nome ou lle poñan límite de idade», engadiu.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
30 comentarios:
Un tanto melodramático de máis este Guede, non?
Para Guede:
Parabéns! acosado! Aínda lembro os nosos ensaios de Poetic@rte no Salón Teatro! Man dura e masculina, director, man dura (estilo Ricardo III)! E agora resulta que estás un tanto "feminizado", entre a beleza da Otero e o intelecto misterioso de Claudia!
(É broma)
Felicítote
Apertas de Yolanda López
Pois é moi probable que, asinando co seu propio nome, Guede non recibise ese premio, creo eu.
GALICIA HOXE 28 X 06
A peregrina historia do Cunqueiro
Guede ‘víngase’ do Igaem cunha exclusiva á prensa
Novo capítulo da guerra que mantén o ex director do Centro Dramático co máximo organismo teatral
MARÉ . SANTIAGO
Manuel Guede foi director do CDG catorce anos e o ‘Ricardo III’ foi a súa última montaxe como tal
FOTO: GH
Os responsables do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem) enteráronse pola prensa de quen se escondía detrás de Claudia Grandal, o alcume que apareceu dentro da plica do gañador do último Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais. Só despois de saír nos medios, o interesado informou directamente os responsables de que el, Manuel Guede, era Claudia Grandal.
A situación, insólita na historia dos galardóns do país, comezou cando os membros do xurado chamaron ao número que figuraba dentro da plica da obra premiada, O caso Otero, acompañando o nome da autora gañadora, Claudia Grandal. Unha voz de muller púxose ao outro lado do fío e confirmou que, efectivamente, ela era a tal Grandal, pero que rexeitaba asumir publicamente a identidade até consideralo oportuno. Tamén anunciou que nos días seguintes se daría a coñecer aos responsables do Igaem. A realidade foi diferente e, segundo informaron onte fontes do propio Igaem, Guede só se dirixiu aos responsables do organismo despois de desvelar o seu nome a un medio de comunicación coruñés.
Detrás deste labirinto escóndese un capítulo máis do rifi-rafe que Manuel Guede, ex director do Centro Dramático Galego (CDG), mantén co Igaem desque a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o apartou do posto, onde permaneceu durante catorce anos. No historial deste enfrontamento figura, incluso, unha demanda xudicial do propio Guede para lograr que o seu contrato se convertese en indefinido. A cuestión foi revelada por Ánxela Bugallo durante a presentación de O regreso ao deserto, a última montaxe do centro.
No Igaem, a actitude de Guede -ilocalizable nestes días- non agradou nada, entre outras razóns, porque se considera unha especie de xogo onde a súa actitude trataría de suxerir unha posta en dúbida sobre a honradez do premio e do xurado que outorga o galardón.
PERSPECTIVAS As mulleres como escudo
Esta non é a primeira vez que Manuel Guede se vale dun nome e unha identidade de muller como escudo literario. Xa a primeiros dos anos noventa resultara especialmente polémico que o autor se autoincluíse no volume de Edicións Xerais Contos eróticos dentro do apartado dedicado ás mulleres. Agora, Manuel Guede recuperou o nome de Claudia Grandal, que é como se chamaba un dos personaxes dunha novela súa dos anos oitenta, titulada As vésperas de Claudia.
Manuel Guede serviu fielmente durante catorce anos aos gobernos do PP. Foi un cargo de confianza e, polo tanto, o seu nomeamento foi unha decisión política partidaria.
Todo o mundo sabe que renunciou a súa ideoloxía esquerdista e independentista e abrazou o conservadorismo fraguista e perezvarelista para mellorar o seu estatus, pasando de mestre de escola e home de teatro afeccionado a directivo cultural de alto nivel. A súa aposta foi a mellora económica, laboral e profesional, a costa de renunciar a moitas cousas, incluso a súa carreira literaria. Mais estaba no seu dereito.
Agora ben, o que non pode pretender é que un cargo de designación política se convirta en contrato indefinido. Resulta patético. Litigou e perdeu, como é natural. Agora volve a traballar na escola. E máis patético aínda é pretender dar unha imaxe de perseguido por iso. Non cola.
Que quere? Que a xente lle dea palmadiñas nas costas e que o leven baixo palio por ser un oportunista? Pois vai ser que non!
É admirable a súa querencia polos seus vellos compañeiros de COU. Pero non negará que o que remato de dicir é certo.
Creo eu que afirmar, como vostede fai, que a Guede non lle darían o premio se se presentase asinando co seu propio nome, é temerario de máis pola súa parte. Ten vostede datos? Sospeitas fundadas? Pois dígaas.
Non ve que dicindo iso está a botar unha sombra de dúbida sobre os membros do xurado? Que está contribuindo a esa especie de que, neste país, todo esta amañado?
Con todo, a min o de que se presentase ao premio dese xeito tan "especial" non me parece nada grave. Paréceme, iso si, un intento infantil de chamar a atención e de presentarse como un perseguido. O alguacil alguacilado?
Sego a pensar que Guede ten unha clara tendencia ao melodramático.
(E, entre nós, prefiro a Monica Bellucci)
Para "Non é crible..."
Sen entrar a prexuzgar a guerra particular de Guede co IGAEM, que, segundo vostede, xa está dirimida nos xuzgados, entendo que Guede utilizase un seudónimo nesa súa presentación a ese premio. E con isto non quero poñer en cuestión ó xurado (rectifico se se entendeu así, o que non desexaría), pola sinxela razón de que nin sequera sei quen formaba parte dese xurado nin me interesa sabelo (ó mellor ata son amigos/as meus).
Pero sigo a dubidar, tal como está o país e as relacións "públicas" entre cultura e política que M.Guede recibise, hoxe por hoxe, un premio convocado polo IGAEM: non sexamos inocentes, como dicía don Carlos Mella; a tal independencia política-cultura é unha ilusión na maioría dos casos e, neste sentido, Guede foi práctico, ou astuto, ou oportuno, como vostede queira. Saúdos.
Ou, dito doutro xeito, unha persoa tan identificada e que "serviu fielmente durante catorce anos ao goberno do PP", na súa propia expresión, sería considerada na súa obra literaria de forma independente e neutral e sen prexuízos ideolóxicos(para optar a un premio ou outra calquera cousa)?
Estamos nun país tan puro e tan anxelical? Oxalá.
Non estamos nun pais para nada puro e anxelical. Non hai inocentes na cultureta. Guede non renunciou a nada, porque a nada tiña que renunciar, sempre foi un oportunista. Mantivo unha imaxe ou outra segundo lle conviña no tempo, e rematou participando do pastel. Agora apartado xustamente, porta ese ton de non recoñecido polos novos gobernantes, un ton co que pensa acadar algo mais que compensacions como este premio. Non descansara. Porque parte de que a sua valia esta por riba das loitas partidarias. Cando foi nomeado polo PP, fixose lesionando a outros candidatos que foron apartados pola sua menos controlibilidade. El prestouse.
Ainda que pouco as cousas cambiaron algo, e agora aquela coraza coa que contaba como proteccion esbaeuselle, agarda dar pena e que a Bugallo se fixe en el e o recoñeza e a seguir.
Tres entradas suprimidas. Pode dicirnos os motivos? Grazas.
Se calquera escritor tivese feito o chascarrillo ese de presentarse baixo pseudónimo feminino á súa vez tralo pseudónimo ( tremenda irregularidade cando menos), facer contestar a unha muller cando o xurado lle comunica o premio, e saír despois na prensa revelando a súa identidade e atacando de paso indirectamente á honestidade e a independencia do xurado, xa lle terían retirado o premio. E o tería posto a caldo toda a "intelectualidade", que garda, salvo os seus amigos da infancia, un significativo silencio. Evidentemente facer o que fixo é poñer de manifesto que pensa que os xurados dos premios literarios non son honestos. No fondo, vai ser que todos asumimos que os xurados sempre premian a un amigo. El, dende logo, debe saber de certo que é así a cousa.
Sobre a supresión de entradas, aclaro, sen ningún problema: a primeira foi suprimida porque estaba repetida, cousa que sucede moitas veces. As outras dúas están contidas, nos seus argumentos, no comentario posterior, o que empeza "Non estamos nun país para nada puro e anxelical". O único que eliminei foi unha serie de insultos persoais, que nada aportaban á argumentación xeral. Como xa explicitei aquí hai un par de semanas, eliminarei sempre todo tipo de insultos persoais ou de acusacións graves (materia de delicto) contra terceiras persoas (non contra min) que non se poidan demostrar e das que non se poidan defender os acusados directamente. Ese é o meu criterio, persoal por suposto.
Como membro do xurado deste premio podo asegurar que se actuou con total honestidade e o texto premiado pareceu o mellor a unha maioría dos presentes na deliberación. Eu, ademais -será por inxenuo- si confío nos xurados dos premios en tanto non se demostra o contrario. Confío moito menos en personaxes como Manuel Guede ou nos que o defenden pese a ter comportamentos tan estúpidos coma neste caso.
Paréceme curioso, señor Valcárcel, iso de dicir que non dubida do xurado para logo engadir que dubida de que Guede puidese ter gañado un premio outorgado polo IGAEM. Precisamente para evitar os amiguismos que a algúns tanto gustan hai premios ós que se opta baixo plica, coma neste caso.
Para R.R.: manteño que non puxen en dúbida a honestidade do xurado, que presupoño, e xa afirmei que nin sequera sabía quen o compuña, polo que mal podía ter prexuízos ó respecto. Pero tamén entendo a posición de Guede de presentarse baixo seudónimo e xa que ós premios se optaba baixo plica, tal cousa era legal e lóxica; o resto é máis anecdótico. Se alguén se sentiu ofendido polas miñas consideracións, non teño problema en retiralas: a propia concesión do premio á obra indicada demostra que non houbo ningún tipo de prexuízos ó respecto.
Eu o que non entendo é a "montaxe" posterior a que se lle comunique que gañou o premio, e de feito penso que perdeu presencia nos medios con respecto ó ano anterior, que xa fora pouca, pero alá el.
Agradézolle ben a aclaración a respecto do xurado, porque podía entenderse outra cousa.
Un saúdo e siga por moitos anos ofrecéndonos este blog e a posibilidade de discrepar, debater e coñecer. Que para poñer valados xa hai moitos traballando polo mundo adiante.
Sigo a preferir a Monica Bellucci antes que a Manuel Guede Oliva.
Guede non estivo 14 anos servindo ao goberno do PP, senón ao teatro galego, cousa que moitos que non somos do PP e que gustamos do teatro lle agradecemos. Guede non renunciou á súa ideoloxía nacionalista e independentista, simplemente evoluíu, cousa que o honra. Algúns pensan que o que fai fiable a unha persoa é que pense aos 50 anos exactamente igual que aos 18. Eu penso todo o contrario. O que di Galicia Hoxe sobre o pleito polo "contrato indefinido" é unha manipulación, unha falsidade. Guede foi ao xulgado para que a xustiza confirmase, como así o fixo, a legalidade do seu contrato, posta repetidas veces en dúbida polos mandatarios da Consellería de Cultura.
A acción de Guede é, en efecto, moi "teatral" e talvez innecesaria de cara á consecución do premio. Pero podo dicir, porque falei con el, que Guede descoñecía a composición do xurado do Álvaro Cuqnueiro cando presentou a súa obra. Nuna intentou poñer en dúbida a honestidade das persoas que o formaron, pero si cubrirse diante dalgunha manobra estraña do IGAEM-Consellería de Cultura, o cal pode ter certa lóxica dada a obsesión que nese departamento da Xunta parece suscitar o meu amigo Manuel Guede, de quen, por certo, nunca fun compañeiro de curso.
Ou sexa, que non foi copartícipe, por acción ou omisión, da política cultural e xeral do PP?
Ou sexa, que só serviu ao teatro galego e a ninguén máis?
Ou sexa, que evoluiu ideoloxicamente da noite para a mañá: pola noite era independentista e pola mañá, cando asinou o contrato co goberno do PP, xa estaba evoluido?
Pois non é crible.
Conmove a visión anxelical do mundo de Leituga.
Creo que habería consenso total con APC: a Mónica Bellucci só lle faltaba escribir teatro (ou novela ou guións de cine ou quen queira) para ser perfecta.
É que Guede non evoluíu da noite para a mañá. Cando foi chamado para a dirección do CDG, Guede era un ferriniano, comunista e independentista. Adiántome a posibles chistes fáciles: o día da súa toma de posesión e os días seguintes, tamén o era. E, de feito, lembro un artigo de Ferrín no Faro, titulado precisamente "Manuel Guede", no que facía unha exaltada loa de quen, daquela, xa levaba algún tempo dirixindo o Centro Dramático. E Pérez Varela, fíxense ben, sabía perfectamente que Guede era desa onda, o cal lla sudaba coa mesma perfección, pois iso da FPG como que lle soaba a "caralladas de intelectuales" e de Ferrín non lía nin os artigos do Faro. Non era tolerancia por parte de Pérez Varela, era simplemente indiferencia diante dalgo que politicamente lle parecía insignificante.
Insisto en que a súa evolución ideolóxica e política honra a Manuel Guede, quen segue sendo, por certo, tan galeguista como nos seus tempos ferrinianos. Ao que si se mantivo Guede completamente leal foi ao teatro galego, ao seu programa teatral para o CDG -que eu lle critiquei moitas veces, precisamente por nacionalista- e a si mesmo como profesional do teatro e director do CDG: sería prolixo e seguramente de pouco interese para moitos lectores deste blog extenderse sobre estes particulares. Pero podo asegurarlles que se Pérez Varela non cesou a Guede varios anos antes de que o PP perdese as eleccións, foi tan só porque non conseguiu asegurarse ningún recambio: coñecía a moi pouca xente no teatro galego. E os que coñecía dixéronlle que non. Do contrario, Pérez Varela tería cesado fulminantemente a Guede xa no ano 1999.
Felicidades a Manolo Guede.
¿Que ten un comportamento teatral?
Estamos falando de xente do teatro!
¿Que tiña prevención co seu nome?
Calquera as tería!
¿Da honradez do xurado?
Ninguén dubida.
A evolución ideolóxica de Manolo Guede?
E que? O contrario a evolución que é? Estancamento. Defendamos a liberdade individual, mesmo a equivocarse.
Hai que seguir co Estatuto Nunca máis bases constitucionais ou queimando bandeiras na Quintana e barrando gora ETA? Home, deixen esas cousas e que cada un faga o que queira.
Manolo Guede, tantas veces atacado desde a Consellería nova sabe o seu. Os do teatro lévanse entre eles peor aínda que os arqueólogos...
Entendo o que di Leituga1. Era moi difícil conseguir sucesor... Seica o BNG tampouco o tivo fácil, segundo creo recordar do incidente Anxeles Cuña...
Felicidades Manolo. Felicidades ao xurado.
PD/ Diciame o outro día unha persoa que entende moito moito do tema... A miña única preocupación é xa que non o fagan peor cós outros...
Eu non lles sei. Tampouco entendo disto.
Por suposto, sempre Mónica Belluci mediante.
Echeoquehai ten unha tendencia a poñer en boca dos demais cousas que os demais nunca dixeron. Dixo alguén que "Hai que seguir co Estatuto Nunca máis bases constitucionais ou queimando bandeiras na Quintana e barrando gora ETA"? Coido que non. Polo tanto, demagoxias fóra, meu señor.
Aquí estase a falar da dimensión política dun señor que participou libre e voluntariamente, durante catorce anos, na política cultural (?) do PP. Nin sequera se avaliou a parte profesional (que a ten) como director do CDG. Tan só a parte política, que é ben evidente. Eu non creo que o seu amor polo teatro o levase a colaborar desinteresadamente co PP durante tanto tempo. Non hai, logo, inocencia política, só oportunismo político. Que despois cambiase ideoloxicamente, e que dito cambio sexa máis ou menos coherente, non hai por que dubidalo. E o de que Pérez Varela o cesaría se tivese un recambio, paréceme unha desculpa piadosa, mais falsa.
Que é un apestado? Para min, en absoluto é un apestado. Estaba no seu dereito en facer o que fixo. Agora ben, ese dereito convertiuno nun descarado oportunista. E a min os oportunistas repélenme. ´
Eu tamén prefiro a Belluci.
Ben, xa que non nos poñemos de acordo en relación con Guede, eu, que son home de consenso, súmome ao acordo sobre a Bellucci.
Hola Guede
! Felicidades ! (Aunque un poco tarde )
EL
Publicar un comentario