Baixo fogo amigo...
Un artigo de Afonso Monxardín que pensei que erguería grandes polémicas, pero na páxina web de Galicia Hoxe aínda non o fixo.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
11 comentarios:
A xente anda de vacacions...
Si, a xente anda de vacacións e iso é boa cousa. E moitos andan coas compras de nadal e con poucas gañas de polémicas...
É que onde estea unha boa "extra" que se quiten os debates. Eu levarialle a contraria, por iso de suscitar polémica... pero acabo de lembrar que teño que ir facer unhas compras que...
Estou de vacacións, pero leo este artigo e reconforta. Cantas veces falei coa miña muller, profesora de Lingua e Literatura españolas, nestes termos? Como poden facer que o profesorado de LeLCastelá teña que tomar posicións sobre o idioma español frente ó galego? Haberá algo máis suicida? Somos os mesmos; estamos, efectivamente, na mesma trincheira. A qué veñen estes inspectores (ó fácil claro, porque o resto sempre lles foi alleo) a moletar?
Sería unha boa idea para evitarmos estas infumables liortas (máis graves ca outras cousas que esixen comparecencias parlamentarias) que os seminarios de galego e español fixeran como en Catalunya: unir as horas impartidas e adicar unha parte do tempo (menos da metade sería interesante) á estructuras lingüísticas compartidas e a outra parte a ler libros (ou textos en xeral) en galego e en español: á literatura. Esa sería unha solución armónica e ilusionante. Pero non caerá. Seguro.
Sr. Arume dos Piñeiros...
Súmome á opción lóxica escollida polos cataláns de unificaren o estudo das estruturas lingüísticas. Ademais, como vostede ben sabe, a terminoloxía que usan os libros de galego e de castelán é diverxente. Ou sexa,un disparate.
Ademais o de crearen ese enfrontamento de que falamos é radicalmente suicida.
Alégrome que me dea a razón, non porque a crea tela, senón porque é preciso que falen voces libres que digan o que pensan desde o noso campo tamén, doutro xeito a tan fastidiada e eivante asimilación galego = creación de problemas, aí a temos.
Dicíalle eu o outro día nun coloquio sobre prensa en galego en ourense, que teño saudades dos artigos de Casares. ¿Cantos lectores non se perderían para o galego desde que el non escribe?
Devezo por ler cousas con menos "peso ideolóxico" e máis da xente do común que razoa, ama e quere o que a xente do común. Que non lle compliquen a vida.
Un saúdo,
A cuestión é que a Consellería considera "documentación administrativa" as programacións de Lingua e Literatura Castelá, mentres os profesores argumentan que é material docente. ¿Alguén pode dicir algo sobre esta diferencia e sobre como se resolveu en Cataluña?
As programacións non sei como estarán definidas nos papeis correspondentes, pero son uns documentos que ninguén se molesta moito en revisar, polo que eu sei, e que na práctica só utilizan os propios profesores de cada Dpto. para consultalos cando sexa preciso. Eu véxoo máis como un documento pedagóxico, aínda que teña tamén funcións administrativas. Pero é absurdo (unha vez máis) empezar unha gran liorta (hoxe grandes titulares na portada de El Mundo) por isto: o problema do galego non son as programacións dos profesores de castelán, dende logo. E hai moito onde arar...
Concordo. Paréceme inoportuno, bizantino e esaxerado este asunto, que probablemente sería moi fácil de resolver cun pouco de sentido común. Creo que a maioría dos "problemas" que saltan aos medios en relación coa lingua teñen esa mesma índole, un pouco pándiga. Ás veces nos pasamos (a Mesa denuncia á Xunta diante do Consello de Europa) e outras non chegamos (toda a vaina coruñesa). Fai falta, en primeiro lugar, sentido común e boa vontade. E en segundo lugar outras dúas cousas moi importantes: comprender e asumir que todas as linguas posúen a mesma dignidade e que é un dereito cidadán non sufrir ningunha clase de discriminación por razóns lingüísticas. A proposta máis españolista e integradora feita nos últimos anos a este respecto procedeu curiosamente de Esquerra Republicana de Catalunya, cando propuxo a cooficialidade das catro linguas en todo o territorio español. Pasou sen pena nin gloria. Unha lástima.
Seica o asunto partiu do “exceso de celo” dun inspector (segundo amigos meus ensinantes, agás algúns moi capaces, a maioría son uns incompetentes e uns vagos) e a cousa complicouse logo innecesariamente.
A Consellería meteu o zoco até o fondo, coa súa “esixencia”, en vez de desactivar o conflito. O resultado foi crear un problema onde non tiña por que habelo, estando ausente calquera atisbo de sentido común (o “lóxico” sería que as programacións de lingua castelá estean en castelán, e as de inglés en inglés).
En Galicia non hai ningún conflito lingüístico grave (a pesar do que pretendan “os dous extremos”). Certamente que hai que ir avanzado na normalización do noso idioma, mais hai que facelo con intelixencia, boas maneiras e sensatez. Resulta chocante que a timidez neste ámbito da Consellería de Educación a queira suplir cunha ridícula imposición, “administrativizando” un asunto tan sensible tanto para os ensinantes de lingua castelá como para, malgré nous, un determinado sector da nosa sociedade, que non é pequeno e ao que hai que persuadir da bondade da normalización do galego cun coidado exquisito, ao tempo que con cordial firmeza.
De feito, a ocasión foi aproveitada polo PP para presentar recentemente unha pregunta no Parlamento, aínda que, afortunadamente, o asunto pasou bastante desapercibido para a opinión pública.
En fin, semella que, ás veces, os despropósitos son algo indisociable da nosa condición de galegos, hoxe por esta banda e mañá pola outra. Mais sexamos optimistas e desexemos que o vindeiro ano nos traia máis cordura e máis capacidade para encarar os nosos problemas, que non son poucos.
Reciban todos os participantes deste blog do amigo Valcárcel os meus mellores desexos para que o ano 2007, que hoxe comeza ás 12 da noite, sexa realmente venturoso, ao tempo que lles envía un cordial saúdo este sempre seu, Anónimo Político-Cultural.
Pois feliz ano tamén para vostede, APC, para o noso xeneroso anfitrión, o señor Valcárcel,para arume dos piñeiros, etxeokeai, monxardín, jimy de rairo, marcel swann, marcialg, modesto fraga e todos os esporádicos e habituais visitantes deste blog.
Asumo o dito polo ditado polo sentido común nestas últimas intervencións.
É un disparate -palabra tan amada por Casares e que sintetiza ben a parvada e cuestión- esta lea e administrativizar o tema da lingua.
Estou bastante descorazonado porque o noventa por cento das noticas sobre o galego son tragalladas erosivas como esta.
¿Onde a felicitación a La Voz De Galicia" por ofrecer a posibilidade de ler en galego o xornal na WEB? ¿Onde os parabén ao Cervantes polo seu tradutor e polo seu fondo documental dixitalizado en galego? ¿Onde outro tanto para tantas cousas que avanzan a pesar das noticias e actitudes? Non me gusta o estilo de nación que estamos creando. Vitimista, queixoso, envexoso, negativista, derrotista, contra o fondo do tobo da historia...
O galego arrichado, que se comía o mundo, botado para adiante, que descubriu América e gañou a historia, desde os Irmandiños que derrubaron os castelos ata os campesiños que acabaron cos foros e quedaron coas terras arruinando á clase poderosa dos fidalgos. O galego foi un triunfador na historia, ou polo menos é unha visión posible digna de ser vendida para o optimismo do futuro.
Feliz ano 2007 e seguintes para todos os que participan nesta angueira comunicativa e plural
Publicar un comentario