26 dic 2006

Pulsacións flamencas no Parlamento

Eu xa sabía da querencia de Sarille polo flamenco: non é de agora. Por iso non me estrañou este seu artigo de hoxe en El Correo Gallego, atinado e intelixente.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Onte sacou un artigo especialmente previsible, oco, vácuo e presuntuoso, Avelino Abuín de Tembra no Galicia Hoxe sobre o mesmo tema.
Ao de Sarille sóbranlle as últimas frases. A min o único que me fastidou dos actos é que custen 140 mil euros... Unha pasada.

Anónimo dijo...

SE NON ESTOU TRABUCADO PENSO O GUITARRISTA GALEGO-FLAMENCO CUCHÚS PIMENTEL É FILLO DE XESÚS ALONSO MONTERO....É CURIOSO QUE AÍNDA NON SAIRA ISTE DATO NESTE REVOLTALLO DE MUSICAS E SÍMBOLOS DESTA SERPE INVERNAL MEDIATICO-POLITICA...

Anónimo dijo...

Cuchús e fillo de Alonso MOntero, e un bó músico. A polemica non arranca da valoración estética do estilo empregado, senón da pertinencia, da congruencia, do coidado das formas, das interpretacións previsibeis polas concomitancias politicas da utilización desa estética. Non oscurezamos o que parte xa de algo oscuro, aderezado posibelmente de moita ignorancia da señora presidenta, porque terémolo negro, inintelixibel e tiraremonos os trastos a cabeza. Estivo mal concebido e así entendese todo o que está a acontecer, unha formidabel metedura de pata, traendo a colación o flamenco e a súa relación con Galicia, algo que nada ten que ver con esa desafortunada e estulta posta en escena.
SEÑORA VILARIÑO POR FAVOR DIMITA, DELLE PASO A ALGUEN MAIS COMPETENTE E QUE CANTE MENOS A SÚA INGNORANCIA, A SÚA FALTA DE SENSIBILIDADE, A ALGUEN CON MENOS TALENTO PARA ARMAR TANTA CONFUSIÓN E PROVOCAR ENFRENTAMENTOS E MALENTENDIDOS CULTURAIS.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Home, Jimy, semella que o espírito de nadal fixo mela en vostede. O que o outro día era unha hermética manobra do españolismo (da que vostede facía a hermenéutica), hoxe xa é tan só unha metedura de pata.
Se pide a demisión de Villarino, coido que este non é o lugar máis axeitado. Mellor que lle dirixa unha carta persoal dando conta da súa esixencia, ou, mellor aínda, emprenda unha campaña de recollida de sinaturas e presénteas logo no rexistro do Parlamento. Así é como se loita pola soberanía!

Anónimo dijo...

E si, si que ten saido en moitos lugares que Cuchús é fillo de Alonso Montero.

Anónimo dijo...

E si, si que ten saido en moitos lugares que Cuchús é fillo de Alonso Montero. De curioso nada.

Anónimo dijo...

Os artistas somos así, a ambiguidade, o contradictorio, o esbarante é o noso medio. Antes apuntaba a unha interpretación posibel, a mais nacionalista. Logo, desbotando a teoría a conspiración por ridícula percurei axustar unha imaxe do acontecido que fose coherente co meu coñecimento das personaxes parlamentarias, e esa explicación semellaseme a mais coherente, o que non quita o trasfondo ideoloxico e de mentalidade que seguramente actúa na conciencia, semiconsciencia, ou inconsciencia das súas señorias.
Non celebro o nadal. E a miña acción politica refirese sobre todo ao ámeto sindical, sindical artístico claro, onde dende logo penso plantexar a dimisión desta señora señoría.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Ámbito sindical artístico? Ten vostede moita inventiva, Jimy. Esperemos que a súa "obra" faga xustiza a tan desbordante imaxinación.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o anónimo anterior: Si, Cuchús Pimentel é fillo de Alonso Montero. Iso sabíao todo o mundo e tamén saiu nos medios. E que? Ten iso algo que ver con todo isto? Ten algo de malo? E, se o tivese, que non é o caso, son os pais responsables dos "pecados" dos fillos? E os fillos responsables dos dos pais? Non entendo a súa obxección. Cuchús é un ser independente e libre, deixemos agora en paz a Alonso Montero, por favor.

Anónimo dijo...

O sindicato artisco ao que estou afiliado ten un longo programa de intervención social, e de reclamacións para o colectivo de artistas. Reivindicamos no noso lugar. Aquí neste pais viven moitos da arte...moitos excepto os artistas. Ata de agora considerouse a adicación artistica como unha excentricidade, para a que xa era unha renumeración suficiente o tempo adicado a creación, así que parecíea ata amoral que o artista tirase algún rendimento económico directo ou indirecto. O noso pais inserto non proceso de modernización, o postmodernización non pode esquecer o futuro da cultura, non pode esquecer aos creadores, artistas e artistiñas, que adicados profesionalmente ao seu traballo engrandezeran e universalizarán o pais, e contribuiran coa sua arte a un mundo necesito de mais propostas artisticas nas vidas dos cada vez mais amargados cidadáns do común.
O sindicato pretende darlle un estatus de dignidade aos artistas.
Pretende modernizar o "mundo" artistico galego, acabar con practicas de capelas, de favoritismos venais, de apadriñamentos, e pretende que o talento se poida recoñecer por medios obxectivos, por unha critica formada e un público educado, pretendemos que o amiguismo, o favoritismo, sexan cousas do pasado a hora de valorar a producción estética.
En arte non todo vale. A excelencia dunha obra é argumentabel, e os mellores argumentos, os mais consistentes, son os que darán conta das obras. Non unha critica impresionista e opaca autoreferencial, que sirbe para calquera obra que se queira ensalzar. Non aos pilotos automáticos da retórica, claro que esto e imposibel sen un cambio na recepción, e para esto hai que recoñecer a dignidade tamén dos receptores, non tomarlles o pelo, e meterlles esa obra porque o artista é amigo meu, nin obliterar esa outra porque non me cae ben.
O noso sindicato ten un futuro dificil, no transcurso van caendo documentos, algunha manifestación, algunha indignación, algúnha denuncia aos patronos da cultura, a loita é así.
A LOITA CONTINUA
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Jimy debe ser o principal cantante dese sindicato.

Anónimo dijo...

Xosé Manuel Sarille, Bieito iglesias, Xulio Gayoso, a trinidade.

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo que o sr. Arume dos Piñeiros nos coñece abondo ben. Efectivamente, eran a Trinidade da Facultade de Historia e o núcleo da célula da UPG (e de todo o demáis) dende 1976 en diante. A Gayoso, que lín esoutro día que gañou un premio de ilustración (sempre foi un gran debuxante), hai moito tempo que non o vexo. Por arredores desa Trinidade, andabamos o gran Xulio Cuba, hoxe profesor de galego na Coruña; o cachondo Xoán Guerra, logo sindicalista e que viña de Ourense (eramos amigos dende o Bacharelato); o Roi, así o chamabamos todos, que vén sendo o historiador Benito Alonso; e o currante que escribe neste blog. Logo viñeron outros, que se sumaron ó núcleo inicial e cos que convivimos en pisos de Compostela (o Perfeuto de Económicas e Manuel Cao, que escribe hai anos en A Nosa Terra) e as mozas (pero diso non toca falar hoxe). Se nos coñece ben, tamén lembrará que a esa Trinidade, xunto con Pepe Miranda e algún máis, chamábanlles tamén "Ironside y sus muchachos" cando se desprazaban ás asembleas das Facultades universitarias a facer algunhas "expulsións depurativas" (enténdase a ironía). Saúdos.

Anónimo dijo...

Non tiven a fortuna de coñecelos naqueles tempos, pero si nos de agora, nos que parece que medra o seu (o deles e o de vostede) talento. Algún día nos veremos, aínda que o espacio este virtual do seu blog éche ben acollente.

Anónimo dijo...

Pego aquí un comentario dun dos dese sindicato... Bieito Iglesias, publicado hoxe no Correo Gallego:

Partituras
A primeira vez que vin e escoitei a Dolores Villarino, hai moitos anos, no ateneo de Ourense e con motivo de defender ela e mais Touriño (en nome do Partido Comunista) a posta en vigor do estatuto de autonomía de 1936, tiven a honra de contradicila enerxicamente desde a miña posición favorable á autodeterminación desta nacionalidade histórica, nazón de Breogán ou o que sexa. Como as identidades son, antes de nada, individuais, ignoro se podo partillar coa presidenta do parlamento galego algún símbolo colectivo, dada a diferenza de biografías políticas e sentimentais.

Non estou esaxerando, téñase en conta que a maioría dos que recibiron as medallas Castelao -por non falar de quen as concedía- odian o pensamento do rianxeiro, do mesmo xeito que o oitenta por cento dos electores galegos (os votantes non nacionalistas) detestan a ideoloxía subxacente no poema pondaliano musicado por Pascual Veiga e oficializado como himno galaico. Así de avolta e remexida anda a cousa identitaria, por máis que o oculte o entroido político.

É posible, pois, que a señora Villarino contratase unha versión andaluzante do himno por considerar pobreta a interpretación enxebre. Nótese que os nosos conterráneos, cando lles toca a lotería, marchan para Alacante a fume de carozo. O autoodio é o principal trazo idiosincrático deste país, pero os deputados do BNG erraron ao entrar nun debate absurdo. Deberían vindicar, en liña con USA e as súas múltiples piadelas hímnicas nas canchas da NBA, que en anos sucesivos actúen no Hórreo Pilocha, Rosa Cedrón, María Manuela, Mercedes Peón, Uxía Senlle, Ugia Pedreira ou Guadi Galego, artistas tan autóctonas (nin máis nin menos) como Cuchús Pimentel. Na democracia, todos teñen dereito a cobrar; velaquí o belén, meadas ou intríngulis, nada a ver coa elección entre gaita e guitarra. As cordas xa aparecen no Pórtico da Gloria e pertencen á cultura local; a gaita non é instrumento privativo da Galiza, de facto triunfa no cinema porno internacional.

Anónimo dijo...

Ben, parece que o humor e a intelixencia se van abrindo paso neste efervescente debate hímnico. Adoito estar de acordo coas cousas que pon por aquí Etxeokeai, pero desta vez discrepo co que di do derradeiro párrafo do artigo de Sarille. Coido que neste caso Sarille acerta ao atribuírlle á Presidenta do Parlamento un pulo semiinconsciente de distinción seguramente un pouco snob. Claro que xa Pierre Bourdieu nos deixou claro que isto é o que anima moitísimos dos faceres e os dicires dos intelectuais, artistas (incluído Jimmy de Rairo) e cultiparlantes que no mundo somos. Xa postos, tamén Pondal quixo dar a nota cando compuxo Os Pinos. De todas formas, eu sigo insistindo naquelo de que o nacionalismo cultural galego debe normalizar e desdramatizar a súa relación coas manifestacións culturais que, a pesar delas mesmas, se converteron en símbolos de "españolía", aínda que non inclúo aquí as touradas (por min, canto máis lonxe mellor).

Anónimo dijo...

Lamentablemente só chego a facer voces, o meu son os teclados, son un artistiña dos teclados, autodidacta, xa poderedes apreciar as grallas, os vicios incorrexidos, a inexactirude, un mestre compre, pero eu non o tiven.
Señor Leituga, pareceme moi ben que vostede desdramatice, pero meu amigo, é que o deber o se asume dende a propia capacidde de autodeterminación persoal ou do contrario non é deber senón unha imposición. Eu estou convencido de que non debemos de desdramatizar, o noso coa cultura (s) española(s) é un drama e hai que levalo ao esgotamento das súas posibilidades dramáticas precisamente para que non se convirta nunha traxedia. Hai que tentar acudir a comunidade ideal de dialogo, sen renunciar as diferentes pretensións de verdade, e en pe de igualdade, ao menos no plano isegórico.
Bordieu tentou unha expicación do gusto estético que negaba a autonomia do gusto kantiano. O determinismo resultante, se ben explicaba os condicionamento da formación do gusto non xustificaba a negación da liberdade, a elección pola autoformación ou por unha formación heteronoma ao ámeto de clase ou da cultura.
Pero o problema no é de gusto, xa se dico en varias en ocasións por diferentes opinadores. O problema é politico de estética politica, e sobre o que verdadeiramente dirimimos é sobre unha ideal politica estética.
Os artistas sempre andamos a dar a nota, pero é que esa nota que se tenta é a razón da nosa existencia, a dos artistiñas, eu tento afinar primeiro para logo meter unha profunda e contundente disonancia.

Anónimo dijo...

Lamentablemente só chego a facer voces, o meu son os teclados, son un artistiña dos teclados, autodidacta, xa poderedes apreciar as grallas, os vicios incorrexidos, a inexactirude, un mestre compre, pero eu non o tiven.
Señor Leituga, pareceme moi ben que vostede desdramatice, pero meu amigo, é que o deber o se asume dende a propia capacidde de autodeterminación persoal ou do contrario non é deber senón unha imposición. Eu estou convencido de que non debemos de desdramatizar, o noso coa cultura (s) española(s) é un drama e hai que levalo ao esgotamento das súas posibilidades dramáticas precisamente para que non se convirta nunha traxedia. Hai que tentar acudir a comunidade ideal de dialogo, sen renunciar as diferentes pretensións de verdade, e en pe de igualdade, ao menos no plano isegórico.
Bordieu tentou unha expicación do gusto estético que negaba a autonomia do gusto kantiano. O determinismo resultante, se ben explicaba os condicionamento da formación do gusto non xustificaba a negación da liberdade, a elección pola autoformación ou por unha formación heteronoma ao ámeto de clase ou da cultura.
Pero o problema no é de gusto, xa se dico en varias en ocasións por diferentes opinadores. O problema é politico de estética politica, e sobre o que verdadeiramente dirimimos é sobre unha ideal politica estética.
Os artistas sempre andamos a dar a nota, pero é que esa nota que se tenta é a razón da nosa existencia, a dos artistiñas, eu tento afinar primeiro para logo meter unha profunda e contundente disonancia.