Para todos e todas
(aproveitando o xenio dese gran artista que é Xaquín Marín)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
13 comentarios:
Ai, que bon!. A verdade é que está boísimo.
A verdade é que a maioría dos galegos merecemos carbón.
Mui bo.
¿Imporase o absurdo expresivo de para "todos e todas", opoñendose á lóxica lingüística de aforro máximo que fixo nacer e evolucionar as linguas?
¿Debemos deixar a derrota da razón -neste caso lingüística- fronte á suposta corrección política, que só se para en custións fáciles, asumiblemente estéticas e decorativas?
Os que falamos pola "lingua natural" e non pola "nova corrección" e dicimos "todos" englobando, como sempre fixo a lingua, varóns e femias, somos machistas reprensibles?
PD/ A mamonada esa de falar de "xénero", sabe calquera lector avispado que é unha mala tradución do inglés americano, porque os ultraconservadores iankees non querían pronunciar a palabra "sex" que seica os puña cachondos.
Un pouco de transgresión e incorrección politica nestes Nadal neste foro de liberdade báquica.
Saúde e a pasalo ben
Pode ser ultracorrección americana, pero o certo é que o feminismo radical e mailos movementos gay (queer ou non) defenden esa denominación de xénero.
Pois alá eles. Que defendan o que lles pete. ¿Ou é que só porque o defendan eles e por estaren, supostamente, máis dotados para a lóxica lingüística ca outros, xa lles debemos facer caso e obviar a historia da lingua?
Négome ás verdades absolutas. Incluso a esta.
Esta non é unha verdade absoluta. Todo o contrario: por iso quixen matizar que a utilización do termo "xénero-gender" non procede (só) dos sectores máis conservadores norteamericanos senon dos movementos máis radicais e, en moitos casos, progresistas da academia (quizáis tamén sociedade, pero non me atrevo a tanto) norteamericana. Pode velo coma unha grande paradoxa, pero desde logo non é dogma de fe. Ou é que queremos velo así?
Graciñas Marcos!!!
Igualmente para ti e para a túa familia
Unha fonda aperta de Yoli López ;-)
¿De que Academia falamos?
Dogma de fe, non claro.
Perdoa Arume meu se fun moi vehemente.
E que estou un pouco farto da corrección política que só nos leva a un discurso vácuo con baldeirez light, de só formas puras xa incuestionables e o que discrepe,facha.
Pois non. Todos e todas non.
Só todos. Todos os micos inclúe as micas. Todas as ras inclúe ás ras macho. Felicidades a todos, inclué a micos e micas.Con sexo cóncavo ou convexo.
Por se non o vistes ou non o lestes, no seu artigo desta semana en EL PAIS SEMANAL o Javier Marías trata este tema do xénero e os o/a e dálles bastante caña ás propostas do Instituto da Muller. Eu tamén son moi escéptico sobre levar ó extremo a corrección política, pero un titular "para todos e todas" tampouco me parece inaxeitado, sobre todo se as lectoras se ven así máis reflectidas.
O artigo de Marías xa se está convirtindo nun clásico. Xa o teño lido non menos de dez veces. Cos mesmos argumentos e a mesma retranca. Por inxenio que non quede, pero se pensamos por exemplo na cantidade de palabras que adoptaron a forma femenina, tipo xuiza, que noutros idiomas é impensable (penso en italiano, onde aínda andan por "il ministro Bonino") pois todos eses xogos divertidos poden parecer ridículos dentro duns anos. Tempo ao tempo.
Esquecín indicar, ainda que se desprende do meu comentario, que cando afirmo que o artigo de Marías xa o teño lido é porque moitos outros e moitas outras (aquí vale a precisión) xa o fixeron antes.
Xuro que non lera o artigo de Marías. Coincido en que moitas veces se teñen feito cousas parecidas. O de "jóvenas" xa cheira. Pero é que é así e hai que repetilo para non ser esmagado pola inercia que chega tamén a Marcos... Se cadra é sintomático de que os defensores da lingua natural estamos perdendo... Como os defensores da natureza ou de calquera outra cousa.
Eu asinaría tamén o artigo, punto por punto. Só que, se cadra, cargaría máis a artillería contra as redactoras e a progre complacencia ritual. Parece que non fondo é o único que importa.
(Tamén me fixo graza, neste sentido, o artigo do outro día de Moralejo na Voz a propósito do necesario equilibro de xénero nos proxectos a presentar á universidade por colectivos... Queixándose de que el metera a sete mulleres no seu departamento e só eran tres homes... E non ían poder micar ningunha subvención por desequilibrados...
A lingua natural non existe, como non existe a natureza: existe unha construcción ideal desa natureza, sempre artificiosa. As paisaxes coma o bater das ondas non cantís que hoxe gustamos eran horripilantes para os antigos, que preferían a sombra dunha parra ben plantada a carón da súa casa, coas uvas na solaina e, por suposto, rodeados duns amigos que falaban unha lingua artificial, ben fermosa, pero artellada para comprenderse coa convención dunha retórica aceptada. Sobre o "gracejo" e a progresía de Moralejo falamos outro día.
Publicar un comentario