9 ene 2007




















A curiosa dimisión do arcebispo
(Andoliña martes 9 xaneiro)

Resulta curiosa a nova da dimisión do arcebispo de Varsovia pola súa colaboración coa policía no réxime comunista. Curiosa primeiro polas formas: Stanislaw Wielgus aproveitou a propia cerimonia do que ía ser a súa entronización para anunciar a súa dimisión, que contrariaba ó Vaticano: sen dúbida un escenario enchoupado dun gran dramatismo e patetismo para moitos dos fieis presentes (que magnífico guión se aínda vivise Fellini!).
E curiosa tamén no seu significado. A Igrexa católica, tan poderosa en Polonia, representou un papel protagonista na resistencia nacionalista contra o comunismo: a inmensa maioría da poboación, católica nun 90 por cento, viviu a chegada do sistema comunista como unha imposición da Unión Soviética, responsable de dividir en varias ocasións o propio estado polaco en función dos seus intereses. Pero a Igrexa, sobre todo nas súas xerarquías, soubo tamén adaptarse: como fixo en todas partes. En España a Igrexa apoiou outro tipo de totalitarismo, pero trala morte de Franco ninguén creou maiores problemas coa lexitimidade dos seus bispos: aquí monseñor Stanislaw Wielgus podería ser un arcebispo “demócrata de toda a vida”. l

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tampouco esta de máis lembrar, de cando en vez, o mono que saía o Sr. Ratzinguer na súa foto co uniforme da Hitlerjugend.
Claro que ten moito máis delito ter colaborado cos comuistas que cos nazis, a donde vamos a parar.