EN HONOR DO DEUS IANUS
(La Región 8 xaneiro 2007)
Para os primeiros romanos, o cómputo dos meses empezaba en marzo e por iso a primeira estación do ano é a primavera e tamén por iso o zodíaco comeza co signo de Aries. Foi Numa Pompilio, o segundo rei lexendario de Roma, que viviu sete séculos antes de Cristo, o que estableceu o calendario sagrado que nós herdamos e que empezaba co mes de Ianuarius, o noso xaneiro, dedicado ó deus Ianus. Este era o protector das portas (ianua), dos tránsitos e dos inicios: o nacer do día, o nacer da civilización, da agricultura e da linguaxe. Tamén era invocado polos mozos cando entraban na idade adulta.
A este Ianus representábano os artistas con dúas caras, confrontadas, dobre faciana sempre omnipresente, sempre ambigua e enigmática. Podía, xa que logo, mirar todo o existente: cara atrás e cara adiante, no interior e no exterior, metaforicamente tamén o pasado e o futuro. Era, dalgún xeito, posuidor da clarividencia absoluta, por iso lle fai dicir Ovidio en Os Fastos: “Calquera que sexan as cousas que os teus ollos te fan ver, ceo, mar, nube, terra, son o meu dominio e quedan na miña man. O meu oficio é gardar o amplo mundo”.
Disque este deus tiña un templo no que as portas debían estar sempre abertas cando había guerra, porque só se pechaban cando se establecía a Paz. Agardemos que este Ianuarius 2007, e tamén todos os que veñan logo, pechen para sempre esa maldita porta que abre os corazóns dos poderosos á barbarie tan arcaica e miserable da guerra.
Rubém Fonseca: consellos a un escritor
Rubém Fonseca é un dos grandes nomes da literatura brasileira de hoxe, autor da novela “O caso Morel” e de libros de relatos sempre vivos e descarnados como “O cobrador” ou “Feliz ano novo”. Eu cheguei ata el da man do amigo Bieito Iglesias, novelista que o ten entre os seus preferidos de vello. Hai varios anos, nunha homenaxe que recibía en Guadalajara, México, o autor brasileiro, nun coloquio cos lectores, deu cinco consellos a todos aqueles que soñan con ser algún día escritores. Foron estes os consellos. Primeiro, “saber ler”, entender e comprender o que se le. Segundo, ser unha persoa atenta, estar motivado. Terceiro, paciencia, acumular moita paciencia. Cuarto, ter imaxinación. E quinto, ter coraxe, valentía, o valor necesario para dicir o que non pode ser dito. Para dicir o que ninguén quere escoitar. E aínda engadía que o escritor é un subversivo, porque non pode aceptar ningunha convención artística, ideolóxica ou moral. Chegados aquí, enténdense xa as dificultades coas que se debe afrontar o feito literario, se se quere facer sen frivolidades, co desexo de crear algo poderoso, quizais algo que poida permanecer para sempre como arte literaria.
Todo isto non debe levar a ninguén ó pesimismo. Estou seguro que a vocación de calquera futurible escritor pode superar todos estes obstáculos: porque ese posible autor sabe tamén que a verdadeira vida, a vida descuberta e iluminada, dito por Marcel Proust, é a literatura.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
5 comentarios:
Grzas por este fermoso post cheo de razón.
moralla
Estou rematando Os libros arden mal. Cumple con todas esas premisas de forma excelsa. Espero que para o ano, os programas de Literatura galega, polo menos na Universidade, inclúan esta obra mestra como lectura obrigatoria.
Nota: a fermosura deste post levoume a este comentario.
A min o que mais me interesa é o aspecto subversivo. Pareceme a condión segunda logo de saber ler. Neste sentido son Bajtiano. Teño que me retirar, noutro momento...
Ahhh son Jimy, Jimy de Rairo.
Na novela de Proust, ws personaxes verdadeiramente triunfantes ao poder destrutor do tempo son os creadores: Vinteuil (música), Elstir (pintura) e o protagonista (literatura), por moi mediocre ou triste que fosen as súa vida, especialmente a de Vinteuil. E aínda que o diletante Swann parece ter un coñecemento cabal dos seus semellantes, e aínda que o seu amor por Odette o conduce a través dun interesante proceso de autocoñecemento, ao cabo é unicamente o narrador quen, utilizando o poder da memoria, ilumina para nós a "realiade revelada" que agochan os padecementos de Swann. Como? A través das comparacións (o narrador e Swann), o poder revelador das metáforas, a descición polo miudo das sensacións, etc.
Cito da obra:
"La grandeza del verdadero arte, en contraste con aquel que Monsieur Norpois hubiera llamado juego de aficionados, consistía en encontrar de nuevo, en captar otra vez, en hacernos conocer esa realidad lejos de la cual vivimos, de la cual nos apartamos cada vez más a medida que se hace más espeso e impermeable el conocimiento convencional con que la sustituimos, esa realidad que estamos en grave peligro de no llegar a conocer antes de nuestra muerte y que es sencillamente nuestra vida, la verdadera vida por fin descubierta e iluminada, la única vida, por consiguiente realmente vivida, esa vida que, en cierto sentido, habita a cada instante en todos los hombres lo mismo que en el artista". (El Mundo de Guermantes )
Outra:
"La grandeza del arte radica en redescubrir, recoger y darnos a conocer esa realidad lejos de la que vivimos."
Publicar un comentario