Pobre Rosalía...!!
Un amable lector e tamén amigo mándame esta foto, publicada en La Voz de Galicia, na edición de Lugo (sección Fotodenuncia) e que corresponde ó día posterior á noite de Reis, creo. Aínda que a calidade da reproducción non é excelsa pódese ver ben que nesa praza de Lugo algúns mozos seica liberan de cando en vez o seu aparato urinario, sen importarlles demasiado que a música dos seus fluídos vaia topar coa faciana de Rosalía. Xa sabiamos que neste país había pouco respecto polos nosos símbolos. Pero isto!! Supera todo o concebible.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
8 comentarios:
Ó pe dos meus cabezales, tornas facéndome mofa.
Non será iso.
Moi bo arume!! E así vagamos polo mundo, na lareira da ignorancia, na podremia e na falla de respecto polas nosas nosas raíces e antepasados.
Túzaros!
Yoli
Pois se iso se fai cos mortos que teñen estátua, que non estará permitido cos artistas vivos, e con escaso recoñecimento...infelices, marxinais, tolos...isto non vai para adiante, e o goberno a mirar para outro lado.
Jimy de Rairo
A barbaridade como conduta explicítase ben na imaxe, aínda que o fluído non apunte o rostro. Debo dicir, sen afán de descargo, que o conxunto ao que pertence a pétrea obra (denominado popular e expresivamente "Paseo das lápidas") non é moi apreciado na cidade, e con xustificación tanto no plástico coma na selección de textos literarios inscritos.
En tal sentido, non me consta que se fagan tales cousas co monumento a Rosalía propiamente dito (situado no parque homónimo), coa estatua de Ánxel Fole (detrás do Concello) ou os varios recordatorios de Xoán Montes. Aí, se cadra, aparece máis ben grafiti. Que, xa saben, pasa por ser manifestación artística de valor certo e autónomo. (Iso último é pura ironía).
Vaia. É boa mágoa que o petrina-metre da (seguramente) miñoquiña saia de costas na foto, así coma os outros dous (un deles encasquetado con bolso "modernillo") lle están a gardar o sitio.
Mexan por nós e hai que dicir...
QUE VERGONZA DE PAÍS, MEU DEUS!
¿Vergonza de país? ¿Por que? Vergonza o mexón, ao que me nego a atribuírlle a honra de representar á Nazón.
O señor Leituga di unha gran verdade. Imos consentir que un descerebrado incontinente represente á Nación? Pois non.
Publicar un comentario