17 ene 2007





Hitchcock e as mulleres.


É un dos directores de cine do que máis se escribiu, e ademais ben. Agora sae un dicionario colectivo titulado “El universo de Alfred Hitchcock”. Segundo leo na prensa fálase tamén no libro das relacións do cineasta coas súas actrices e coas mulleres en xeral. É sabido que prefería as louras e que a algunhas as machucou nas rodaxes (Tippi Hedren en “Os paxaros”). Doutras namorouse e desanamorouse de seguido: Ingrid Bergman, Grace Kelly. Ata se ten escrito que o seu cine é misóxino.

Pero creo que tamén é certo o que afirman os autores deste dicionario hitchcockniano: “As heroínas do seu cine adoitan ser mulleres independentes e moi resoltas que acostuman mesmo levar a iniciativa nas súas relacións amorosas”. E, doutra banda, despois de ofrecernos a Kim Novak de “Vértixe” a Hitchcock hai que perdoarlle todo: ata a súa misoxinia, se tal cousa fose certa.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Bicar na orella de Cary Grant como fai Grace Kelly mentres fala por teléfono. Miña madriña! E a estas horas!
Será misóxino, pero os ternos de CAry Grant con esas camisas brancas, as máis brancas do mundo..., non sei.
Quen fora, en todo caso, Cary Grant!

Anónimo dijo...

Quen fora, en efecto, Cary Grant!

Anónimo dijo...

Hitchcok era católico e misóxino. Ergo, nas súas pelis a muller "mala" acaba pagando as culpas: "Marnie a ladroa", "Vértixe", "Psicose", etc.

Anónimo dijo...

Hitchcok sería un misóxino na vida real, pero nas súas películas... dubídoo moito. Máis ben, paréceme un tópico. Na ventana indiscreta se non é por Grace Kelly non hai película porque se fora por James Stewart non a dexaba sair da casa.
Marcel swann, na época das pelis de Hitchcok todos os malos acaban pagando as súas culpas. Máis que nada porque era unha norma non escrita da censura: o que a fai, a paga.

Anónimo dijo...

A misoxinia de Hitchock increméntase cos anos. As súas mulleres ou son puras, castas e, polo tanto, heroínas, ou son culpables e deben morrer. Pero aínda as heorinas son maltratadas: atacadas polos paxaros en "Los pájaros", violadas e esganadas en "Frenesí". Repase tamén a súa película "La Soga". Ademais, están as que xa citei

Anónimo dijo...

Un par de xoias de don Alfredo a don François:
Cuando abordan cuestiones sexuales en la pantalla no olvido que, también aquí, el suspense lo es todo. Si el sexo es demasiado llamativo y demasiado evidente, no ha el suspense. ¿Por qué razón elijo actrices rubias y sofisticadas? Buscamos mujeres de mundo, verdaderas damas que se transformarán en prostitutas en el dormitorio. La pobre de Marilyn Monroe tenía el sexo inscrito en todos los rasgos de su persona, como Brigitte Bardot, lo que no resulta muy delicado.
Sobre Marnie:
Me gustaba, sobre todo la idea de presentar un amor fetichista. Un hombre quiere acostarse con una ladrona porque es una ladrona precisamente, como hay otros hombres que desean acostarse con una china o con una mujer negra. Desgraciadamente, este amor fetichista no estaba tan conseguido la pantalla como el de James Stewart por Kim Novak en Vértigo. Hablando crudamente hubiera sido necesario presentar a Sean Connery sorprendiendo a ladrona ante la caja fuerte y sintiendo deseos de arrojarse sobre ella y violarla allí mismo

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois outra alfaia de don Alfredo a don Francisco, esta tirada de www.cine.blogspot.com:
François Truffaut: Precisamente las escenas que prefiero son aquellas en las que James Stewart lleva a Judy a la modista para comprarle un traje idéntico al que llevaba Madeleine, el cuidado con que él le elige los zapatos, como un maniático.. .

Alfred Hitchcock: Es la situación fundamental del film. Todos los esfuerzos de James Stewart para recrear la mujer, cinematográficamente son presentados como si intentara desnudarla en lugar de vestirla. Y la escena que más me interesa es cuando la muchacha vuelve después de haberse teñido de rubia. James Stewart no está completamente satisfecho, porque no se ha peinado el cabello formando un moño. ¿Qué quiere esto decir? Quiere decir que está casi desnuda ante él, pero todavía se niega a quitarse la braguita. Entonces James Stewart se muestra suplicante y ella dice: «Está bien, de acuerdo», y vuelve al cuarto de baño. James Stewart espera. Espera que ella vuelva desnuda esta vez, dispuesta para el amor.

François Truffaut: No había pensado en eso, pero el primer plano de James Stewart esperando que salga del cuarto de baño es maravilloso. Tiene casi lágrimas en los ojos.
François Truffaut: “El cine según Hitchcock”