Unha nova en positivo para o noso idioma
Hai un par de semanas saiu á rúa De luns a venres, o primeiro gratuíto en galego no noso país, creo que da empresa do xornal El Progreso. Serán cincuenta mil exemplares en galego cada día nas sete principais cidades galegas e, ademais, gratis. Será unha nova feliz e con continuidade ou desaparecerá ós poucos meses como outras tantas? Terá algún efecto de emulación sobre os outros medios de comunicación escritos no país, tan escasos e retraídos co noso idioma (agás Galicia Hoxe, claro)?
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
4 comentarios:
Desexémoslle longa vida a esta feliz iniciativa. Difícil travesía a súa: un xornal que se distribúe de balde, escrito integramente en galego e nun país con tan poucos lectores. Aínda así, que os fados lle sexan propícios.
Mágoa que os anuncios sexan en castelán... Cumpríalles un chisquiño de militancia aos seductiva aos promotores do xornal... Algo así como:
"Home, mire, o xornal élle en galego, se cadra era mellor que o seu anuncio tamén o fose, para non desentonar... Nós traducímosllo sen problema, non se preocupe, xa verá como sae ben..."
Tamén e boa nova a distribución gratuíta do xornal do Celta de Vigo, nos seus partidos, co que algo ten que ver GAlaxia...
Saúde
Unha boa iniciativa que espero dure.
En Galicia pasa o contrario que en Cataluña. Alí, "La vanguardia" escríbese integramente en castelán, pero a metade dos anuncios e o 70% das esquelas (os espazos nos que o que paga é o que elixe lingua) van en catalán.
Publicar un comentario