Unha excelente iniciativa, que debeu ser posta en marcha xa hai moito tempo...
A WEB PRETENDE FACILITAR O USO E A APRENDIZAXE DA LINGUA
Política Lingüística pon na rede unha páxina con información e recursos sobre o galego [14/02/2007 18:16]
A secretaría xeral de Política Lingüística puxo na rede o espazo www.xunta.es/linguagalega/, no que se ofrecen material e información sobre a nosa lingua. Divídese en tres apartados: Política lingüística, que achega novas, lexislación, trámites e información sobre os servizos do departamento. O segundo bloque, Vivir en galego, presenta datos acerca da situación da lingua e ferramentas para facilitar e fomentar o seu uso correcto. Por último, Aprender galego recolle todas as campañas e recursos que puxo en marcha para a aprendizaxe da nosa lingua.
(De www.vieiros.com)
COMO UN LIQUEN DESTERRADO
-
París, Texas
O meu ardor
deserto
non abreva
na auga
a tua boca
torrente de fervenza.
Son en ti
como un cactus
sen brazos.
Ti és
todas as patrias.
Eu estou...
Hace 1 día.


1 comentario:
Moi interesante. Dáme a impresión de que moitos dos recursos sobre lingua e cultura galegas están moi dispersos, así que unha iniciativa coma esta parece interesante
Publicar un comentario