8 mar 2007

CASARES NO BLOGOMILLO

Excelente acollida á homenaxe a Carlos Casares dende o blogomillo. Moitos colegas xa manifestaron o seu apoio.
E algúns xa publicaron os primeiros textos. Velaí:
Brétemas
Mendinho
Bouzafría

En Vieiros
En Chuza
Fíos invisibles

Modesto Fraga
Sobre filloas mel
Computodefantasmas

Enkadenados
Atoladomonte
Orballonalareira

Rei de copas
Galiza, por sempre, Galiza
De catro a catro

Trasalba
Dpaso
Astuasbalas
Arume dos piñeiros

Unha pomba en Nova York
Andre de Rabal
Ana Bande

Francisco Castro
Imaxes Faladeiras
Ningures

Ouriceira
Ourensalia
Apocalipse do porco

De catro a catro
Dias Estranhos
En outro lado

Xabier Docampo
Beliscos pequenos
Leoeoseus

Toxomar
Xornal aberto
Cabrafanada

Cartafol de silencios

O levantador de minas

Moralla

Abellonenia

Valdeorosa

Mencia

Silvio Falcón

Insomniorizar

Ademais, a Casa da Xuventude de Ourense abre hoxe a súa web cunha lembranza de Carlos Casares. Graciñas a todos/todas por colaborar con tanto entusiasmo.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Marcos: desexamos notificarche que "O levantador de minas" tamén se suma á túa iniciativa, aínda que só poderá ser esta noite cando o post veña á luz do blogomillo.

Cesare dijo...

feito
http://astuasbalas.blogspot.com/2007/03/azul-non-sei-cal-foi-o-primeiro-libro.html

Cobiñas dijo...

Tamén deixei un fío pra texer este homenaxe:

http://cobis.blogspot.com/2007/03/unha-pomba-en-nova-york.html

Bicos, Cobiñas

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu acabo tamén de facer unha pequena lembranza. Gracias Marcos por esta fermosa iniciativa.

Marcos Valcárcel López dijo...

Recolle este comentario de BRETEMAS, porque creo que é representativo do que lle sucedeu a moita xente neste país:

Excelente iniciativa a de lembrar a Carlos Casares na rede. Eu líao todos os días e grazas a el convertinme en lector de literatura galega. E ata me animei a falar algo máis a nosa lingua.

María (A Coruña)

6:46 PM

Marcos Valcárcel López dijo...

Por favor, deixade as ligazóns dos artigos para poder engadilos a este listado. Graciñas.

Anónimo dijo...

Esta pareceume unha moi boa idea,
http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2007/03/09/cabodano-de-carlos-casares/

Anónimo dijo...

Ao fío do post de María en Brétemas, teño que decir que meu pai, asturiano, era a única columna que lía en galego. Tardaba en entendelo, pero como lle gustaba tanto facía o esforzo.

besbe dijo...

http://beliscospequenos.blogspot.com/2007/03/carlos-casares.html

Aí foi e gracias a ti.

Anónimo dijo...

Todo un éxito de convocatoria no blogomillo.

Parabéns, Marcos, pola iniciativa.

Anónimo dijo...

Aínda que máis tarde do que queriamos, O levantador de minas xa se sumou a esta homenaxe: http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2007/03/10/unhas-letras-para-carlos/
Parabéns, Marcos, por esta acertada proposta.

llll dijo...

www.ocartafoldesilencios.blogspot.com

apertas, Sara.

Anónimo dijo...

O barullo dos días fixo que, probablemente, puxese aló o que debía estar aquí. Como sitio non falta, dóbrome:


PRESAXIOS DE OUTONO
O 19 de novembro do 1975 saín en auto-stop de Santiago cara a Cangas do Morrazo. A asociación cultural universitaria O Eixo, da que era directivo, resolvera organizar unha conferencia de Carlos Casares e eu funllo pedir en persoa.

Cheguei a Cangas no solpor e uns mozos indicáronme o domicilio do profesor, perto da praia de Rodeira e do Instituto. Timbrei, dixen quen era e Casares franqueou a porta da súa casa. Explicado o motivo, aceptado o convite (non lembro nin data nin tema), formulou el o seu logo de inquirir sobre os meus proxectos canto á pernocta: pasaríaa alí.

Imaxinen: estudante con menos cartos ca fame, ningunha idea alternativa e hipótese de velada con figura prominente das nosas letras. A cousa prometía e a fe que respondeu á expectativa.

Non sei que cea tiven, pero mellor ca do costume. Démoslle ben voltas ao país e á vida, só dous temas me lembran: o Paco Rodríguez, daquela moi popular profesor na mesma vila e do que o meu hóspede falou con agarimo; Franco e a tromboflebite que andaba nas últimas. Na conversa participaba unha fermosa muller -debeu dicir que se chamaba Kristina, pero esqueceume- cuxo sutaque prestixiaba grandemente a lingua nacional para os meus oídos; andaba polos colos un neno loiro falando sueco. Houbo que se ir deitar, tarde segundo o reloxo, non tanto pola miña avidez de experiencia e coñecemento, pola cordialidade ambiental.

Deixoume en leito confortable, provisto dun tesouro: a colección posiblemente completa das Aventuras de Astérix e Obélix, na que lin cobizosamente e probablemente repasei. Debía logo levar pouco durmido cando a voz do anfitrión, polo continente prosódico e o contido semántico, fíxome acordar irremisiblemente: "Esperta, ti, que morreu Franco!".

No seu televisor compareceu Arias Navarro. Mentres almorzabamos, Casares dixo que suspenderan as clases e eles marchaban para Xinzo. A conferencia quedou sine die, e despedímonos co meu agradecemento e común sensación de espera.

Volvín a Compostela aquel día 20, e pola tarde detivéronme dous policías na Porta do Camiño. Ben me coñecían; e despois dalgunha intimidación por parte dun e aceno de raposaría paisana vida do outro, despediume este con abraiantes palabras: "Agora, a respectar para ser respectado".

Os mesmos inspectores -supoño que era o cargo- volvíanme arrestar na Rúa Nova o 31 de decembro daquel ano, logo dunha manifestación pola amnistía na apertura da Porta Santa. A actitude foi distinta e eu pasei do ano 75 ao 76 nun calabozo. Pero esa é outra historia.

Anónimo dijo...

Extraordinaria anécdota sobre Casares, amigo González. Como tamén ben interesante -e representativa dunha xeración- a súa vida nestes anos nos que, temerosos e esperanzados, queriamos levarnos a vida por diante, por parafrasear ao poeta catalán.

(Algún día esperamos que nos agasalle con retrincos das súas memorias deses anos)

Anónimo dijo...

Quen tivera tempo para escribir as súas memorias! Contarémonos con retrincos coma os que van saíndo, entre pretextos e a súa amable atención e paciencia.

Anónimo dijo...

Quería dicir "contentarémonos". Con esta présa non se pode, non se pode...

Silvio Falcón dijo...

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/03/carta-aberta-aos-galegos-exemplares.html

Pra nós, pra os xoves, Casares sempre será un exemplo. Ler textos seus é un privilexio, e seguir os consellos dos que aprenderon del, unha honra.

Grazas Marcos.