A crispación política non é de agora. Un exemplo.
A un ministro acaban de chamarlle imbécil nunha emisora de radio. Do goberno en pleno dixo onte un señor nunha tertulia radiofónica que estaba composto por terroristas. Hai apenas unha semana, un comentarista de prensa acusaba a Felipe González e a José María Aznar de ser un par de carotas. De Matilde Fernández dise de todo, desde que é unha porteira ata que é unha cochina. A Corcuera recórdanlle como insulto o que simplemente é a súa profesión de electricista. E moito máis.
Na prensa e na radio, especialmente nalgúns periódicos de Madrid, estase perdendo o sentido común; a educación e as boas maneiras hai xa bastante tempo que se perderon. Ignoro se do que se trata é de captar lectores a calquera prezo, aínda vendendo a dignidade profesional para conseguir determinados resultados económicos, ou simplemente é un problema de mala crianza.
Tamén pode ser cuestión de talento. Desde logo, o insulto é máis fácil que o enxeño, a ironía ou o sarcasmo, e a simplificación custa bastante menos que a análise feita con rigor. Todo iso resulta comprensible. O que xa non parece tan doado de entender, en cambio, é que tanta miseria se pretenda vender envolta en fermoso papel de regalo. Case todos aspiran a que disimulemos a súa pobreza intelectual e moral e que os teñamos polos firmes defensores das nosas liberdades. A min que non me defendan.
(Carlos Casares, “Os defensores”, La Voz de Galicia, 10 xuño 1993)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
14 comentarios:
Vostede, que ten de todo, non terá por aí algunha xoia de polo 79 ou 80?
Con pouca esperanza busco no CREA (Corpus de español actual) da Rel Academia a palabra "crispación". Sen embargo, a primeira vez que o atopo, na clasificación por anos, é de 1977, diario EL PAÍS, 18 de setembro,
Copio e pego o párrafo, sen o contexto completo:
proclamación como Rey, don Juan Carlos no haya podido viajar, pese a sus deseos, a las tierras que formaron el Señorío de Vizcaya y el Reino de Navarra y cuyos títulos históricos ostenta.
Tres motivos han oscurecido el panorama: la cerrilidad de la política centralista heredada del franquismo, apoyada en el País Vasco por los intereses egoístas de una reducida minoría de privilegiados; las vacilaciones y temores de los partidos con mayor implantación electoral en Euskadi para hablar claro y definir sus posturas, aún a riesgo de perder momentáneamente popularidad o imagen ante ciertos sectores emocionalmente radicalizados; y la fatídica inercia que lleva a los diversos grupos de ETA a no deponer las armas, con la pasividad o respaldo moral de partidos que, sin embargo, aspiran a tener una existencia legal y a concurrir a las urnas. Pero varios acontecimientos de reciente fecha están haciendo renacer la esperanza de que ese enconado clima de CRISPACIÓN y violencia comience a disiparse.
Impresionado tal vez por el gran eco popular que han tenido la Marcha de la Libertad y las multitudinarias manifestaciones de septiembre, el Gobierno Suárez parece decidido a salir de la extraña parálisis que le impedía afrontar de manera resuelta el problema vasco. También cabe suponer que ha influido la interferencia de los esloganes independentistas con unas consignas en sí mismas congruentes con el proyecto de una España democrática, como la promulgación de la amnistía y las instituciones de autogobierno para el País Vasco.
Sean cuales fueren las razones, el hecho es que el partido del Gobierno parece haber llegado a un compromiso de honor con la minoría parlamentaria vasca para promulgar, de una vez por todas, esa amnistía total que Euskadi, y otros sectores del pueblo español, piden. En vías de progreso este primer y delicado punto, también hay indicios de que el Gabinete Suárez...
Sinto non poder conseguir enteiro o artigo titulado País vasco: nuevas perspectivas.
Catorce anos despois ese artigo de Casares non perdería nada de actualidade se lle cambiamos os nomes das persoas aludidas. Porén eu non atopo hoxe esa crispación que daquela conseguiron levar a moitas persoas e na que non pararon até o triunfo electoral do 96. Ou eso me parece a min, e espero e desexo que sexa así e que non lles funcione desta vez.
Recordo ben o ano 1993. A crispación non é boa, claro que non. Mais, se teño que volver a vista para aquel ano, o que non borrado da mente non era a crispación da que se fala no artigo, senón o descaro con que o PSOE, e Felipe González á cabeza, taparon o tema do GAL. E tampouco se me van da cabeza os escándalos pola corrupción política e económica. O meu referente político, desde logo, non foi nin será nunca Felipe González.
A crispación é como o Guadiana, aparece e desaparece.
Agora ben, eu creo que nos momentos presentes hai un salto cualitativo na crispación, e que a de hoxe non é como a de antes. A de hoxe é moito máis perigosa.
De acordo con APC: iso é o que eu quixen dicir en "O ovo do serpe", colgado máis enriba.
Se eu fose dos pensadores de ETA -se queda algún- mandaba matar a un dos líderes da dereita española, a calquera, Zaplana, Acebes... o que fose xa máis inútil. Se fose un atravesado pensador da FAES, non me parecería mal. Xuntos no Canto peor, mellor. Así botáballe logo a culpa a ZAPATERO - ETA e xa estaba un megalío montado. Creo que é a única forma de descontrolar a rúa, e provocar eleccións anticipadas, conseguir maioría absoluta hispanodereitosa só coa españa central. Ollo ao piollo. Que hai moito tolo.
Mire, señor/señora etxeokeai, con todos respectos para a cara de vostede: asoséghese un pouquiño. Non entremos en crispacións madrileiras. Isto si que é seguirlles o xogo. Tomareille o que dixo como unha chorrada. Un mal momento pódeo ter alquera.
Hai unha diferencia fundamental e, en efecto, cualitativa entre a crispación de hoxe e a do periodo 93-96. Daquela, a clave do asunto estaba en demostrar que os socialistas eran uns porcos e uns ladróns corruptos por natureza. O que estaba en cuestión era a honradez de Felipe González, de Guerra, de Corcuera, de Solchaga e, por extensión, de todo aquel que militase, simpatizase ou apoiase o socialismo.
Hoxe, a cousa é máis seria porque o que se está cuestionando xa non é a honradez dos gobernantes, senón a súa lexitimidade e mesmo a súa españolidade. Propagar que Zapatero é amigo de ETA, que o PSOE é coautor da matanza do 11-M, que o socialismo español forma en coalición co separatismo catalán e vasco co propósito consciente de "romper España", todo isto envolto en apropiacións delictivas da bandeira e o himno que, gusten ou non, son os constitucionais, vai directamente cara a división do país na "España de verdade" e a "Antiespaña", ou cando menos a "Non España". O idiota de Mariano (non podo chamarlle de outro xeito, e que me perdoe Casares) está reverdecendo os peores e máis fanáticos e agresivos comportamentos da dereita española. O máis escandaloso do asunto é que o único obxectivo desta avalancha é gañar unhas eleccións e volver a un poder que a dereita considera eternamente usurpado cando o ostenta a esquerda. En función desa meta, o PP non dubida en poñer en perigo precisamente aquelo que di estar defendendo: a unidade de España e o fin de ETA. Estou decepcionado con Mariano: é un frívolo e un irresponsable sen dous dedos de frente.
Eu non vexo tal crispación na rúa. A que hai aléntana desde a prensa madrileña. Basicamente son intereses económicos, adubiados de temas políticos e ideolóxicos, que afectan a grandes grupos de comunicación para os cales, Galicia, é terreo conquistado.
Tamén anda por aí a revolvelo todo a Igrexa Católica que quere seguir chupando da teta do Estado: colexios de pago, ensino da relixión... Estes tamén se decataron de que están a perder cuota.
Está vostede anoxado polas leas que lle arma a dereita á esquerda española? Tamén a esquerda lla armou á dereita no tema "guerra de Iraq" para gañar as elecións. Non lle dea tanto creto ao que berran nas manifestacións, pois non o cren nin eles. E sobre todo: mentres falamos destas cousiñas, calamos que o futuro de Ferrol está nas mans do goberno español.
Asosego, porque vexo a Jordi Hurtado na tele á hora de comer e esa moza da Coruña que sabe todo. Ademais, case non leo prensa de Madrid. E no meu traballo hai xente do PP, de CCOO, do BNG, de nada e todos comemos e falamos xuntos e todo ben.
Pero en Madrid están un pouco pasados de rosca. O madrileño gardador das esencias patrias destes días tensos, faime lembrar que Rafael Ninyoles dicía que o tipo da España mononlingue era o máis agresivamente monolingue de Europa... e esa cousa é a que me preocupa... Ya les dimos autonomia y ahora que quieren. A ver si se la quintamos. Ya está bien.
Preocúpame que se faga unha manifestación contra a constitución -contra a adicional cuarta- en Navarra etc.
Claro que espero que ningún tolo faga o que dicía no post anterior. Pero hai moito tolo toliño tolo.
Este é o verdadeiro problema do PP: http://www.20minutos.es/noticia/211292/0/ETA/nuevos/pasos/
Eu tamén opino que a crispación de hoxe é peor que a de hai anos, pero non hai que cair na inxenuidade. Que fai actualmente o goberno do PSOE para combatir esa crispación? Por que o PSOE non demanda xudicialmente aos periodistas tipo Jiménez Losantos cando inxurian a todo un presidente de goberno? Ao mellor, moitos dirán que é para non enlear máis as cousas e para non convertir a eses periodistas en víctimas. Pero para min hai outra explicación máis sinistra: a crispación vaille ben tanto ao PP coma o PSOE xa que este rrifi-raffe entre PP-PSOE fai que os medios de comunicación falen cas exclusivamente destes dous partidos, olvidándose dos outros. En fin, que é un bo xeito de ir cara o bipartidismo.
sr/sra anónimo: por outra vía chegou ao meu punto de vista.
O único que me crispa é que Galicia non saia dos postos de descenso desta liga de segunda división Wpreferente" que nos toca vivir en Eghpaña, e de terceira rexional en Europa.
Publicar un comentario