GREENPEACE, ANTISISTEMA, FISTERRA.
La Región 26 marzo (Imaxe: Moza con abano vermello, de Max Pechstein)
A natureza. Celebráronse na semana pasada, na Facultade de Ciencias, unhas xornadas sobre ecoloxía e medioambiente. O respecto á natureza copa boa parte da axenda da actualidade: medidas contra os incendios forestais, enerxías alternativas e renovables, parques eólicos, depuración de augas e recuperación dos ríos, etc. Esa perspectiva é xa central en calquera posición sociopolítica e as informacións sobre o cambio climático, que xa está enriba, non farán máis que facer medrar esas inquedanzas. Greenpeace fixo propostas moi concretas e con moito sentidiño: Non construir máis urbanizacións con campos de golf. Nin un chalé nos primeiros 500 metros da franxa costeira. Algún xeito de control supramunicipal que evite os maiores desastres da corrupción urbanística. Limitar o crecemento urbanístico ó 10% de incremento en cada planeamento e protexer o solo non urbanizable. Por certo, o PP foi o único partido que rexeitou no Parlamento Galego a lei de urxencia para protexer o litoral e dixeron que esta lei buscaba o “rédito electoral”. De todo isto hai que falar tamén antes do 27 de maio.
Antisistema. Un político galego ben coñecido, da esquerda nacionalista, recomendaba sempre “agudizar as contradicións”. Cando apuntaba esa liña estratéxica, este político xogaba no mundo dos partidos antisistema e non pensaba en chegar a curto prazo ó poder. Pero agora os que xogan a “agudizar as contradicións” son os que sempre estiveron moi perto do poder. O equipo Rajoy-Acebes-Zaplana xoga neste equipo antisistema, mesmo promovendo un boicot a un importante grupo mediático do Estado. Nunca ningún partido democrático chegou tan aló. Ata políticos de dereitas como Miguel Ángel Revilla ou Durán Lleida denuncian esta chantaxe á liberdade de expresión. Por outra parte, puxéronlle ben doada a resposta a Zapatero: se isto é o que fan na oposición e cos medios privados, “qué faría o PP cos medios públicos se chegase ó goberno?”. A resposta é pura lóxica.
Cabo Fisterra. Hai poucos días confirmábase a declaración do cabo Fisterra como Patrimonio Europeo, recoñecemento que recibían tamén o mosteiro de Yuste, a Residencia de Estudiantes en Madrid e unha serie de monumentos de lugares tan diversos como Eslovaquia, Grecia, Letonia, Bulgaria ou Francia. A Consellería de Cultura acondicionará a contorna do cabo, incluído o conxunto arqueolóxico e etnográfico de San Guillerme e o Santo Cristo de Fisterra, irmán do ourensán. É una boa noticia, que case coincidiu no tempo con outra negativa: a denuncia da especulación urbanística con 400 chalés ó carón das praias fisterrás. Alégrome polo país e polos meus amigos fisterráns, con Modesto Fraga á cabeza: a próxima fin de semana tócame inaugurar aló, cunha charla, unhas xornadas de reivindicación da memoria histórica en homenaxe a Cipriano Fernández Brage, exalcalde de Fisterra na República, militante de Izquierda Republicana e asesinado polos franquistas en 1936.

9 comentarios:
Prezado amigo:
Agardámoste cos brazos abertos e co salitre incrustado nos ollos de todos e todas os que berran a prol da liberdade. En nome dos valores democráticos, da memoria e do pobo de Fisterra, o meu agradecemento pola túa colaboración nas xornadas de homenaxe a Cipriano Fernández.
Xa temos a caldeirada de raia a ferver.
Modesto Fraga
ANTISISTEMA: Ten razón voacé, señor Valcárcel (e o que diga o contrario, minte). Cando o Todopoderoso Xefe dun cartel coma PRISA declara a guerra ó Partido Popular de xeito aberto i explícito, o que lle toca facer a un partido de profondas raíces cristiás como o PP é surrir beatíficamente e poñer mansamente a outra meixela, agradecendo de paso a xenerosa oportunidade que se lle da de exercitarse na Imitatio Christi...
Conviña non esquecer, si se quere ser xusto, que hai moito tempo que Radio Intereconomía e Telemadrid son boicoteados pola PSOE de xeito explícito; que o señor Polanco e o señor Cebrian aproveitaronse e tiveron moito co franquismo serodio e que o sr Polanco ven de votar a rúa a un dos seus mellores periodistas por non seguir a liña oficial...só por ser xustos...
Pode dicirnos que xornalista é ese que botou Polanco?
Trátase, seguro, de Hermann Tersch, a quen, tamén de seguro, non lle gustaría nada que vostede escribira en galego.
É o que eu chamo un centrista radical: tan no medio que nin dereita nin esquerda lle acaen ben. Pero necesita negar as dúas bandas para afirmar o punto intermedio.
Non sei por qué o botaron de EL PAIS. A verdade. Non creo que sexa por ideoloxía, porque Mendo é moito máis conservador ca el ou moitos outros que escriben con frecuencia. Vargas, sen ir moi lonxe.
Escoiteino un par de veces: unha en Canal plus, nun debate con Calleja, non sei quen era o outro, e outra vez en Telemadrid. Un pouco vehemente de máis para o meu gusto, cun aceno sempre malhumorado. Como escritor, non está mal, pero, tamén para mín, cun tono excesivamente acre. Últimamente tiraba duro contra Zapatero, a quen, pola súa excesiva contemplación cos movementos islámicos ou cos nacionalistas vascos, trataba de cobarde e outras cousas semellantes que agora non lembro con exactitude. Eu non creo que por iso puideran botalo de EL PAIS. Representaba a ala ultraliberal (non neoliberal) de EL PAÍS. Era editorialista e notábanse ben os seus editoriais sobre centroeuropa.
Hai tempo que Tertsch tiña problemas en El País, non todos de índole ideolóxica.
Non é crible, por moito que se empeñen e por moito que queran lavar a conciencia, a comparación entre a actitude do PSOE cara Telemadrid e a do PP cara PRISA. Telemadrid está denunciada no Parlamento Europeo polos propios traballadores da empresa, fartos da descarada manipulación política dunha canle pública que non dubida en machacar a súa audiencia coa teoría da conspiración ETA-PSOE no atentado do 11-M. Telemadrid é unha televisión pública que debe rexerse por criterios moi distintos aos alí impostos por Esperanza Aguirre e a ala máis radical do PP. Xa sei que todas as televisións públicas padecen en maior ou menor medida as "orientacións" dos partidos gobernantes. Pero o de Telemadrid supera todo o imaxinable. E o de radio Intereconomía é de risa. Como hoxe na COPE: dicía unha ointe entrada en anos que Zapatero e os socialistas tamén boicoteaban a COPE, porque ela nunca os escoitaba falar alí. Os locutores calaban, pero eles ben saben que se non se escoitan socialistas na COPE é porque esta cadea non os invita nunca a dar a súa opinión alí. Pero a cousa ten gracia e ilustra un procedemento moi típico da dereita farisaica: culpar aos demais do que eles mesmos provocan.
Co boicot a PRISA, o PP volveu meterse nun lío do que dentro de pouco quererá saír e non saberá moi ben como. Hai que pensar as cousas un pouco máis.
É así verdadeiramente, señores opinadores. Están, por un lado, os fillos da luz: intelixentes, ben feitos, elegantes, cultos, demócratas, solidarios, sensibles, autocríticos -tal vez en exceso-, con sentido do humor, limpos, ben educados, tolerantes, humildes, de discurso orixinal, sólido, riguroso, con certa tendencia a ironía. No eido político, apúntanse ó PSOE e, sobre todo, a esquerda nacionalista.
Pola outra banda están os fillos das tebras: parvos, malignos, con tendencia a deformidade física (a moral é sistemática), despiadados, cexixuntos, de ollada atravesada, semianalfabetos (iso os mais brillantes), autoritarios, ineficaces, soberbios, sucios de corpo e sobre todo de alma; o seu discurso consiste -no millor dos casos- nunha cansina acumulación de tópicos gastados. Son indefectiblemente do PP.
¡Parece cousa do demo, pero eche así a cousa!
Para o último anónimo:
Perdoe, querido amigo, pero creo que nunca se dixo nada semellante ó que vostede afirma nesta bitácora, cando menos que eu lembre. Moi pola contra, ese tipo de divisións categóricas e absolutas pertencen a outros esquemas de pensamento: fillos da luz contra fillos das tebras. A min lémbrame a esa división entre españoles "decentes y los que no lo son" (Rajoy, si, claro).
Teño unha dúbida que me gustaría que o señor anónimo anterior nos aclarase: o eurodeputado e ex director xeral de Policia, excelentísimo señor D. Agustín Díaz de Mena, a que categoría pertence?
Publicar un comentario