Portugal.
Pan por Pan 18 marzo. Imaxe de D. Hamilton
A Xunta levou un revés importante coa instalación en Badaxoz do Secretariado Técnico do Programa de Cooperación Transfronteiriza da Unión Europea, a xanela pola que deben pasar todos os proxectos de cooperación que apoiará a UE ata 2013, incluídos os da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A Xunta aspiraba a levar a súa sede para Vigo, pero España e Portugal preferiron Estremadura. Cales son as razóns desta preferencia por Badaxoz antes que Vigo? Algo tería que ver o centralismo dos Estados, incluído o portugués: Lisboa antes que Porto. Badaxoz está no medio do eixo Madrid-Lisboa. E din que Estremadura fixo ben os deberes: integrando o portugués nas escolas, por exemplo. Aquí, aínda hai moitos prexuízos que asocian ese achegamento a Portugal co nacionalismo e co lusismo. E así nos vai.

4 comentarios:
Estamos de acordo en que Galiza non se ve máis favorecida por pertencer a España, velaí como se administran os nosos recursos hidráulicos por exemplo. Pero permitídime que teña as miñas dúbidas de que sería todo moito máis beneficioso para nos estando máis integrados en Portugal. Creo que os seus indicadores sociais e económicos non son os máis desexables por moito que goste da súa cultura, da súa lingua etc. Nin eles mesmos se atopan ledos da súa situación a xulgar polos barómetros que se publicaron nos xornais portugueses nos últimos anos.
Quen fai unha mellor xestión ambiental dos recurso hidráulicos: Augas de Galicia ou a Confederación Hidrográfica? Desafortundamente, e aínda que nos doa, o Plan Hidrolóxico Galiza-Costa de Augas é moito menos estricto que o Hidrolóxico Norte I da Confederación. Os dous poden consultarse vía internet para quen teña dúbidas.
Moitas veces hai competencias mas xestiónanse mal.
Cando falo de recursos hidráulicos estou a falar tamén desa riqueza hidroélectrica nosa en mans de Endesa, Unión Fenosa ou Iberdrola que fai que pobos como Parada do Sil sexa concello máis pobre de Galiza ao mesmo tempo que é un dos que máis enerxía eléctrica produce de España. Estou a falar de señores coma Florentino Pérez que non lle parece suficiente con ser dono da autopista do Atlantico da man de Sacyr senón que anda teimando para que Unión Fenosa e Iberdrola se podan fusionar e así poder ter só na provincia de Ourense a cuarta parte da enerxía eléctrica que produciría a futura Iberdrola en todo o país. Todo da man duns encoros procedentes xa do franquisto e longamente amortizados. Falo desa auga milagreira que chove en Galiza que fai que en epocas de enchentas abonde con poñer as centrais da nosa terra na máxima producción a vez que pechan outras de producción moito máis custosa para ledicia dos accionistas mentras os concellos cada vez perciben menos pola caida demográfica en relación ao canón. Agora parece que a Xunta espertou algo e que poderíamos recuperar ata un 10% desa riqueza pola vía impositiva. ¿Qué se fai mentres coa nosa riqueza?. Pois igual parte dela se foi para a compra da Scotish Power que recientemente adquiriu Iberdrola, por poñer un exemplo.
Con toda a cautela: quen é a persoa que sae nas fotos entre Lula e Touriño? É un intérprete dos chamados de bisbiseo ou murmuriantes? Se for, a imaxe sería moi significativa.
Publicar un comentario