11 abr 2007


Brincadeira
O quecemento global: a proba definitiva (fonte: www.bemhaja.com)

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Boisimo,

Anónimo dijo...

Mimadriña, onde acabaremos...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ás mulleres da miña casa non lles fixo moita gracia o chiste. Digoo máis con afán sociolóxico ca de ferir a sensibilidade do posteante, amigo Marcos.

Raposo dijo...

Certamente, é a proba definitiva. E Al Gore sen poñela no seu documental.

Anónimo dijo...

mm

Anónimo dijo...

e falta o ano 2000...

Moralla dijo...

Marcos, habería que ver os pololos que levavades os homes en certas épocas, e hoxe en día....jeje.
E por certo, sempre se di que a historia se repite. En pelotas no cromañón e en pelotas hoxe en día na praia de Corrubedo, e noutros lugares de "brincadeira" e de "global warming".
Saúdos

Anónimo dijo...

Tamén se podía facer unha composición coa evolución dos tamaños e formas dos calzoncillos (non atopo agora unha palabra máis enxebre). As risas non habían ser menores.

Anónimo dijo...

Vou facer unha confesión das que lle poden custar a un home todo o seu prestixio: sigo a usar "Abanderado". Para rexouba periódica da muller e a filla maior (camiño dos dezaseis); saben, con todo, que teñen a batalla perdida: por que había eu volver ao que me poñían cando neno?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Efectivamente, señor González, acaba de perder vostede para mín non só o seu prestixio senón a súa autoridade moral e política como nacionalista galego. Non pode quedar impune semellante exhibición patriotera dun nome (de tan rexo aroma ejpañó que sustituiu ao mouro alférez) que rezuma tercios de flandes, regulares de melilla e lexionarios de Málaga. Só pode salvalo o vello dictado tridentino de que no pecado leva xa a penitencia.

Anónimo dijo...

Pois o último non llo podo tolerar: o confortable acomodo que a tal marca proporciona para as partes interesadas está ben lonxe de poder ser homologado como penitencia.

Ofende vossamecé a quen me favorece. Pase por esta vez. Na próxima, porén, vereime se cadra obrigado a solicitarlle campo, hora e arma.

Sres. AP-C e Marcos Valcárcel: prégolles vaian considerando a hipótese de actuaren coma meus padriños.

Anónimo dijo...

Puiden perder a honra por segunda vez, pillado en notoria exhibición de covardía.

Para evitalo, declaro que o anterior escrito é de autoría miña.

Anónimo dijo...

Nunca fun padriño nun duelo entre tan talentudos espadachíns. Daquela, faime notoria ilusión ofrecerlles os meus aceiros toledanos e desexar que gañe o mellor en boa lide. Acepto, pois, apadriñar.

Anónimo dijo...

Fagan vostedes, señoras donas, a proba. Entren nunha "boutique" (como lles chamaban antes) dalgún barrio fisno das nosas cidades atlánticas e pidan que lles amosen "saias".
E vostedes, incluído o señor gonzález, pidan "cirolas"... A ver que pasa.
Eu sei dun amigo meu que hai xa algúns anos entrou nun supermercado cortinfiel e pediulle a unha dependente que lle traera "coello" e o que lle deron foi "pollo". Xa lle vale: ben puido pedir "conexo". Se cadra aínda lle traían "pavo".

Anónimo dijo...

Xa que me dá o pé, Swann, voulles contar unha anécdota.

Hai polo San Froilán un evento que procuramos non perder: a ofrenda a Rosalía de Castro, no parque homónimo, o Domingo das Mozas. Ao obvio motivo engádeselle a circunstancia do traxe tradicional, homenaxeado ese día e tema de interese longamente acreditado na miña casa. Ao final do acto e o Himno adoitamos quedar por alí, e hai varios anos deuse o que relato.

Nun grupo pequeno alguén preguntou, xa que o oíra mencionar, que cousa eran "cirolas"; certo concelleiro do PSOE, figura de certa importancia na estrutura administrativa do poder orozquián, contestou sen dubidalo: "ciruelas". No concorrencia, por razóns non do caso, estaba tamén a miña filla a maior, daquela entre dez e doce anos; case nin deixou acabar o comentario e saíu ao quite: "Non, é o calzón dos homes no traxe galego".

O concelleiro seica puxo cara de circunstancia e dixo: "bueno, bueno, son as dúas cousas" ou algo así, mirando para aquela lercha. Eu non estaba diante, relatáronmo decontado dúas persoas (non particularmente bloqueiros) mortas coa risa e bastante satisfeitas.

Así é que ben ven que non é só nas boutiques. Por certo, seica en efecto hai lugares nos que á ameixa vexetal lle chaman cirola; sóubeno polo dicionario, porque en Lugo, desde logo, nin o escoitara antes nin despois daquilo.