COMUNICACIÓNS MESTURADAS
Cartas dende o pasado (III). Galicia Hoxe 11 abril
Ramón Piñeiro, Méndez Ferrín, unha dedicatoria no Percival...
Asuntos internos, de Afonso V.Monxardín, Galicia Hoxe 10 abril
A 20 anos da morte de Primo Levi, de Jack Fuchs (en Galiza-Israel.blogspot.com)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
9 comentarios:
Estupendo o artigo sobre Primo Levi. O que xa non é tan estupendo é que a memoria duns mortos e dun sufrimento se use agora para tapar outros mortos e outro sufrimento, que é a finalidade da web Galiza Israel.
Respecto ao artigo do Monjardín xa cansa un pouco tanta trécola co asunto. como o das bonecas que falan galego non lle daba para moito agora lle parece que atopou un filón co tal Valadés, santo e mártir. Por máis que o da expulsión nunca existiu, agora hai que falar do que lle dixeron na asemblea de Vigo (pobriño que igual se traumatiza) ou do que dixo quintana respecto a esa carta da embaixada de Israel.
Teoría da Información I
Lemos a prensa buscando información e evidentemente iso é o que obtemos. Agora ben, que tipo de información? Información obxectiva sobre os feitos exactamente acontecidos? Podería ser. Información que pretende ser obxectiva, mais que presenta sempre un certo grao de subxectividade produto da forma en que se ordena a información e se ofrecen máis ou menos detalles dunha das súas partes? Moitas veces. Mais hai outra posibilidade, a da información ofrecida tendo en conta só un informante, sen reproducir integramente a versión da outra parte, dando lugar así a que a través dun medio de comunicación se trasladen á opinión pública opinións e feitos non coincidentes ao cento por cento co que se pretende relatar. Isto podería ser así por falta de fontes. Mais que sucede cando hai fontes en que contrastar a información e non se fai ou non se reproduce a versión desoutra fonte? Estamos ante un caso de parcialidade? Estamos ante unha situación en que a noticia é tratada dunha forma interesada? Hai intencionalidade?
Falamos dunha situación que non é nova, mais que, recentemente, ofereceunos unha nova mostra no relativo a toda a información que se recolleu nos medios sobre o Presidente da Asociación de Amigos de Israel, AGAI.
Durante un par de meses, ou máis, estivemos lendo na prensa varias informacións difundidas por esta persoa, Pedro Gómez-Valadés, sobre un feito que a día de hoxe non se produciu, a súa expulsión do BNG. O día 30 de marzo ten lugar unha asemblea do BNG da Comarca de Vigo. Pois ben, como militante do BNG e como asistente a esa asemblea, estou agardando a que os medios de comunicación reproduzan o máis completa posíbel a resolución que alí se adoptou, proposta polo Consello Comarcal e ratificada polo 91 % dos asistentes. Se cadra, o simple feito de que se reproducise nos medios ese documento poñería luz no que realmente está a suceder. Por que? Pois porque nese documento concrétase que hai contradición entre os principios que defende o BNG e os que defende AGAI ou que toda a información que saíra nos medios até ese momento fora filtrada e era falsa pois en ningún momento chegou abrírselle expediente a este militante e por tanto non foi expulsado, reprobándolle, por medio desta resolución, a súa actitude.
Desculpen se pregunto, mais teño que facelo, por que non se reproduciu este documento nos medios? Por que non se entrevista á Responsábel comarcal e se lle pregunta a posición do BNG de Vigo neste tema? A quen lle interesa que isto sexa así? Con que obxectivo?
Porén, si lemos na prensa afirmacións e datos que non se ateñen á realidade, opinións sobre afirmacións que non se corresponden coas intervencións habidas, mentres que non se destaca que o que si houbo foi unha postura moi maioritaria que censurou a actitude de Pedro Gómez-Valadés por ostentar cargos de responsabilidade en dúas organizacións que defenden principios contraditorios e por levar o debate á prensa de forma sesgada, sen corresponderse coa realidade dos feitos, e sacándoo de onde sempre debeu estar, nos órganos internos do BNG.
Marta Dacosta (09-04-2007)
en gznacion.com
Marx, Eisntein, Freud, Benjamin, Heine, Adorno, Horkheimer. Hannah Arendt, Froom, Marcuse, MArcel Proust,Chomsky, Primo Levy,Canetti, Paul Celan,Trsoky,Benjamin Disraeli,Woody Allen,Schomberg,etc etc etc.. Que sería da nosa cultura sen estes xudeos que foron quen ademais de criticar o sionismo cando cómpria criticalo. Quen poida que poña unha lista semellante pola beira do Islam... Naceu no deserto e segue sendo un deserto.
Ninguén cun mínimo coñecemento dubida da importante ringleira de vultos de relixión e/ou cultura hebraica, ou cando menos de nacencia, que temos coñecido, de feito podía ser moito máis grande e remontarse a moito máis atrás e citar, por exemplo, a Maimónides. E non creo que a cuestión sexa cotexar coa listaxe que sexa atribuíbel a outra relixión e/ou cultura. Eso non cambia a política de Israel e os intentos de maquillaxe da mesma que ultimamente están aparecendo por estes lares.
Sr. Anónimo 1
Escribo do que me peta, faltaría máis.
O das bonecas que falan galego foi só un artigo. Gústame que o lembre... Non debía ir tan descamiñado -que non era o sitio o Parlamento, creo recordar- cando vostede se lembra del...
Xa estou tamén eu un pouco farto do tema este dos xudeus, non crea.
Ademais a comer comida Khoser debe ser un rollo. Pero a exposición, alí estaba. Colgadiña. Saúde.
Eu agradecería que, dado que é tan crucial, alguén tivese a amabilidade de colgar na rede ese documento no que "se concreta que hai contradición entre os principios que defende o BNG e os que defende AGAI".
Sería moi ilustrativo que puidesemos lelo todos.
Pero tampouco vexo moito interese por dalo á luz.
Pois, que queren que lles diga, a min que toda unha embaixada se interese pola situación persoal dun militante dentro do partido ao que pertence... parécemelles así como botar algo fóra da pota.
En fin, Quintana manifestouse como eu esperaba e resultaba lóxico esperar. Loxicamente tamén, xa supoñía que non había deixar contentos nin a uns (os que falan) nin a outros (os que calan), dado que só unha reparación completa, incluída condena completa da parte contraria, parece propiciar satisfacción neste asunto xa camiño da parodia.
De todas maneiras, Monxardín, non acabo de colixir a relación daquela mostra de Allariz -non a vin, e seguro que perdín algo ben merecente de ser visto- cos movementos políticos do seu antigo alcalde (é posible que vde. non se refira particularmente a el, concedo tamén). A min non me decepcionou; nisto coma naquilo -o do ano 2000 que nos conta- vexo eu mostra de saber onde se pisa, dentro e fóra (do Bloque, claro).
Non me confunda, por favor: fálolle sen pinga de ironía ou acidez, é ben concretalo á vista de tons e argumentos.
Sr. Xosé M. González.
En absoluto considero as súas palabras como irónicas ou acedas.
No meu artigo lembraba simplemente que houbo un tempo non moi afastado de nós, no que Israel non estaba demonizado no nacionalismo.
A herdanza xudía de Allariz é maior cá de Ribadavia -que me perdoen os do Ribeiro- Tanto a nivel documental, como restos aínda hoxe na antroponimia e mesmo os melindres ou amendoados, etc.
Allariz careceu dun propagandista da herdanza como foi o Padre Eiján e os seus continuadores aínda que Puga Brau publicou unha lápidas de Allariz con inscricións en hebreo que serían as únicas topadas en Glaicia. Hoxe non se sabe onde están.
É a maldita memoria é unha construción permantente, por iso, Ribadavia é máis xudía hoxe que hai cen anos... pero en fin...
Creo que daquela aínda aínda pensaban en xogar desde o concello esa especificidade historica... pero despois deberon recuar.
Non creo nin que ningún antisemita -non antisionista, antisemita, racista- de moi arriba tocara a corneta. Chegaría o non queres disgustalo como para obviar o tema. Ademais é moi simple: O inimigo do inimigo é meu amigo. O fundamentalismo musulmán, -ou Irán, p. ex.- inimigo de USA e do Occidente democrático-burgués, é meu amigo. Full stop.
Querer mesturar a herdanza xudea en galiza (allariz, celanova,...) co estado de israel xa son ganas de enredar. E coma si para falar do cristianismo en compostela temos que defender o estado do vaticano e xustificar as posicións do papado. Vese que os argumentos non se sosteñen e resulta máis doado falar de antisemitismo, racismo e de amigos do fundamentalismo musulmán.
Recomendo aentrevista con Miguel-Anxo Murado n'A Nosa Terra (nº1.263, do 12 ao 18 de abril de 2007) Claro que algún seguirá dicindo que israel é unha democracia e que os palestinos son uns fundamentalistas. E que Shlomo Ben Ami é un pacifista cando en realidade é un dos artífices da actual situación de apartheid en que Isarel ten aos palestinos. Pero claro xa se sabe que eso non é certo, é o nacionalismo que demoniza a Israel.
Alucinante.
Publicar un comentario