Convite
Alguén acaba de facer unha pregunta no blogg do candidato socialista ourensán Francisco Rodríguez: http://candidato-paco-rodriguez.blogspot.com/
Anónimo dixo... Sr Rodríguez, teño unha pregunta para vostede..... ¿Por que non apoiou no derradeiro Pleno do Concello de Ourense o uso Cultural do edificio que no seu día ocupara o Banco de España en Ourense tal e como se comprometeu a facer?
E digo eu: non estaría mal que todas as persoas con sensibilidade neste tema, que son moitas, se dirixisen tamén ó citado blog en demanda dunha resposta, que os cidadáns merecen.
Onte mesmo (temos espías ben informados) o mesmo candidato daba unha charla a xentes da arquitectura en Ourense. E puña, como exemplo do que quería facer na cidade, con diapositivas, unha imaxe do edificio do Banco de España do que seica dixo que se utilizaría para un uso cultural. Por qué, pois, non dixo o mesmo no pleno do Concello do venres?
(P.S.: 13,23 h. Xa hai cinco interpelacións dos cidadáns de Ourense a F.R. sobre este tema. Anímense a engrosar esta lista...)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
19 comentarios:
A miña opinión xa está colgada alí. Ánimo e a intervir: os cidadáns merecen unha explicación!!!
¿Seguirá o candidato do PSOE o que se di no seu propio blog?
Mentres redactaba o post, adiantáronseme, dous máis coa mesma pregunta, -un deles tí- veño tamén de deixar a miña reclamación.
contestará...?
Ainda que non é tarde haber se se anima a cousa.
Haber, haber...
Pero o que se presenta para alcalde de Ourense é director do Instituto de Carballiño? Logo, pode votar?
Foi director dese Instituto, pero xa leva anos dedicado á política, pois era o actual voceiro do psoe no concello da capital.
Imaxino que terá un ¨negro¨ contestandolle o correo... (coitado! Que vai dicir o probe!) A maioría dos políticos non vós entenden distes trebellos eleutronicos...
Sei por fontes bastante fiables que hai unha explicación para iste tema, polo menos que a mín me convenceron, espero e desexo que Paco Rodríguez a explique no seu blog, ou incluso neste, por quen nón.
Anónimo:
Xa, xa, xa sabemos que sabe as razóns, non insista. Deanolas, porfa.
Non e por insitir, son as cousas que pasan co rato do ordenador.- Imos esperar.
A "explicación" é moi doada: dun partido sucursal non se pode esperar máis que ordes enviadas desde a delegación "nacional"
Esa explicación, de tan doada, acaba por ser un pouco... simple.
1º.- SON CHAMATIVOS COMENTARIOS REITERADOS NESTE BLOG ACERCA DAS INTENCIÓNS DO PSOE E DE FRANCISCO RODRÍGUEZ SOBRE O DESTINO DO BANCO DE ESPAÑA. CHAMATIVOS DADO QUE FRANCISCO RODRÍGUEZ FOI O ÚNICO DOS CANDIDATOS QUE MÁIS ALÁ DE MERAS DECLARACIÓNS TRASLADÓU DIRECTAMENTE A DEMANDA DOS COLECTIVOS CULTURÁIS Ó ACTUAL PROPIETARIO DO EDIFICIO DO BANCO DE ESPAÑA, O ÚNICO QUE FOI MAÍS ALÁ DE MERAS DECLARACIÓNS. ASÍ REPETÍMOLO EN NUMEROSOS FOROS, PERO PARECE QUE INTENTASE TRASMITIR O CONTRARIO.
REPRODUCIMOS AQUÍ A REUNIÓN MANTIDA TAL E COMO APARECÉU, POR EXEMPLO, NA VOZ DE GALICIA DE 18 DE MARZO: "Paco Rodríguez plantea en Madrid alternativas para el Banco de España
18/03/2007 | Ourense
El candidato del PSOE asegura que pedirá a Economía que el edificio pase a usos municipales
El portavoz del PSOE en el Concello de Ourense, y candidato a la alcaldía de la capital, Francisco Rodríguez, ha tenido en cuenta las nuevas propuestas surgidas en torno al futuro del edificio del Banco de España y ha viajado a Madrid para interesarse sobre la posibilidad de que el Ministerio de Economía ceda su uso.
El socialista se reunió con la subsecretaria del ministerio, Juana Lázaro, a la que trasladó el interés surgido en algunos ciudadanos que han propuesto darle un carácter cultural al inmueble para el que, en estos momentos, ya existe un proyecto...."
2º.- CANTO O DERRADEIRO PLENO: OS TRES GRUPOS MUNICIPÁIS DÍAS ANTES DO PLENO ACORDARON NON LEVAR DEBATE NIN MOCIÓN. POIS BEN Ó COMEZAR O PLENO O GOBERNO MUNICPAL DO PP INTRODUXO UN TEXTO DECLARATIVO SOBRE TRES ASUNTOS INTENCIONADAMENTE MESTURADOS COMO SON O DESTINO DO BANCO DE ESPAÑA, O TEXTIL E UN DE MOITO CALADO COMO É A MODIFICACIÓN DO TRAZADO DA AUTOVÍA EN CUDEIRO. NON SO Ó MALESTAR DO PSOE E DE FRANCISCO RODRÍGUEZ DEBEUSE ENTÓN A UNHA CUESTIÓN DE PROCEDEMENTO, QUE O É, SENÓN DE MESTURAR ASUNTOS COMO UNHA AUTOVÍA E UN USO CULTURAL E QUE REQUIREN COMO MÍNIMO O DEBATE.
3º.- Ó PP NON SE MOLESTÓU NESTES 12 ANOS CON ACADAR O BANCO DE ESPAÑA PARA UN USO CULTURAL MUNICIPAL, E CHAMATIVO QUE APROVEITE DISIMULAR ESTA DEIXADEZ NUN PLENO MUNICIPAL; É O ÚNICO CANDIDATO E O UNICO PARTIDO QUE ACTUÓU FOI O PSOE-FRANCISCO RODRÍGUEZ: ENTENDEMOS QUE ALGÚNHAS DECLARACIÓNS NESTE BLOG SON FROITO DESTE ESQUECEMENTO, QUE COIDAMOS MUDEN LOGO DE REPETIR UNHA VEZ MÁIS ESTA EXPLICACIÓN.
Pola miña parte, queda aclarado o asunto.
Se iso é tal como se conta, penso que Francisco Rodríguez debería facer unha declaración pública ao respecto. Non só denunciando a postura do PP, senón tamén aclarando, sen ambiguidades, cales son as súas intencións concretas verbo do Banco de España e cómo pensa materializalas no caso de acadar a alcaldía.
Supoño que o anónimo anterior, aínda que non se identifique, fala en nome do PSOE e de forma autorizada. En calquera caso, ten interese en que se coñeza a súa mensaxe que mandou a catro posts diferentes e dende aquí agradecémoslle ese xesto.
Pola miña banda e só a nivel persoal (falo só como MVL, non en nome da comisión) quero aclararlle que non houbo intención ningunha de transmitir ningunha mensaxe denigratoria: simplemente, porque o PSOE fixera declaracións públicas a favor do uso cultural do Banco de España, precisamente por iso sorprendeu a moita xente que non apoiase a moción na Casa do Concello, cando o tema xurdía dun consenso mutuo.
Do que di no segundo punto, eu descoñezo si existía ese acordo entre os grupos para non levar a moción: en todo caso, respecto a súa versión, que non é o que nós pensabamos naquel momento. A min tamén me pareceu chafalleiro xuntar tres temas dispersos e diversos, pero quizais iso se puido solucionar falando antes do pleno entre os tres portavoces, supoño.
E sobre o punto 3, eu non quero opinar da posición do PP, nin do PSOE nin do BNG. A nosa idea era reivindicar o tema dende o consenso e o acordo dos tres partidos. Porque pensamos que así era posible e implicaría a varias administracións de común acordo.
En calquera caso, o tema non está pechado e seguiremos adiante (de inmediato cunha recollida de asinaturas). Esperamos de novo que os partidos asuman este tema e o leven adiante, da forma que vexan máis pertinente.
En calquera caso, despois de falar con moita xente, cónstame que moitos cidadáns non entenderon a postura de Francisco Rodríguez: por iso, súmome a opinión de APC de que deberían facela explícita nun foro que chegue a todos os cidadáns (na propia campaña, roda de prensa ou como sexa) para evitar calquera tipo de equívoco ó respecto.
En contestación as aclaracións solicitadas:
O inmoble do Banco de España vendeuse no ano 2003 ó Ministerio de Economía e Facenda; lembremos: ano no que o partido popular gobernaba con maioría absoluta en Madrid, Santiago, Ourense e porsuposto a Deputación, e non mostraron nin fixeron absolutamente nada.
A día de hoxe evidentemente o seu propietario proxectóu no mesmo instalar a Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facienda, que inclúe ó catastro.
Durante o ano 2006, debido as inquedanzas xurdidas afortunadamente en distintos ámbitos culturáis da cidade, que o Partido socialista recibe con agrado e móstrase disposto a canalizar, Francisco Rodríguez diríxise ós máximos responsables do Ministerio (Juana Lázaro Subsecretaria de Economía y Hacienda), tal e como se reproduce nos medios no derradeiro mes de marzo. Transmítese polo tanto na xuntanza a vontade expresada de integrar esta peza no futuro cultural da cidade e plantéxase unha futura negociación.
O Ministerio é receptivo á petición do Psoe de Ourense, para o que haberá que lle ofrecer unha contraprestación, en forma dunha parcela ou inmoble, axeitado, onde ubicar os seus servicios.
O Psoe considera factible acadar como e onde canalizar esta posible contrapartida, e dende a responsabilidade polo tanto transmitíuse como vontade de goberno acadar para o Banco de España o destino demandado. Froito da reparación do non feito no momento adecuado.
Un saúdo.
Non das resposta as preguntas
Parece ser, que todo isto xa o sabía Sr Rodríguez cando se comprometeu a apoiar a declaración no Pleno de Concello, pero o final votouse a atrás... ¿Por que dixo un si entusiasmado (cando xa tiña toda a información á que fas referencia e xa se tiña reunido con responsables do Ministerio) e logo non se atreveu a apoiar a declaración que se tiña pactado tamén con el? Esa é a pregunta que non ten respondido o Sr. Rodríguez.... e tampouco o fai a túa explicación... Seguimos esperando...
Estimado Sr. Anónimo filo-Rodriguez.
Pola miña banda entendo as súas explicacións que me di. Asúmoas ao tempo que me alegro que estea na súa vontade tentar lograr que o edificio do BCE teña un uso cultural.
Obviamente, sabiamos polas noticias de prensa e porque vostedes nolo contaran que estaban movendo o tema, do que, claro, nos alegrabamos e víamos como facilitadora da solución. Ao mesmo tempo creo que vostede non debería desconfiar de nós... Se un colectivo emprende da forma máis suave, pacífica e colaboradora que é posible, unha sensibilización sobre o tema, creo que merecía outra consideración pola súa parte e non só insinuar intencións ocultas contra a liña do blog que nos acolle. Podían, por exemplo, levar unha proposta no sentido BEspaña Cultural, á orde do Día do Concello ou solicitar a separación das tres propostas institucionais e que se asumise só unha... Obviamente é un disparate meter unha cousa tan importante e discutible como o cambio de trazado dunha autovía co destino posible do edificio BCE, etc. Todos sabemos que vostede se preocupou e foi a Madrid, que Touriño declarou que quería liderar o proceso, etc. Pero despois oímos o silencio.
Insistimos nestes duros tempos electorais que non se trata senón de ver como redefinir con criterios de responsabilidade cultural, científica, económica, organizativa, etc. o uso do edificio e poñerse a elo. Unha declaración institucional, seguramente, non podería ser capitalizada por ninguén. Pero o que esta claro, é que a ningún dos grupos lle cobizaba falar do tema naquela altura, pois despois de lles termos entregado o borrador de ideas e falar cos tres, ningún se animou a tirar del. Obviamente non estaba “pactado” como se di no comentario anterior, porque quen seriamos nós para pactar nada? O que si fixemos foi adecuarnos a unha declaración etérea que non comprometese alternativas de uso, etc. Pero nin así foi posible. Os intereses partidarios que amosa no texto "O Ministerio é receptivo á petición do Psoe de Ourense, para o que haberá que lle ofrecer unha contraprestación, en forma dunha parcela ou inmoble, axeitado, onde ubicar os seus servicios" son lexítimos ou sería máis positivo que o "Ministerio fose receptivo á petición do pleno do Concello de Ourense..." dando imaxe de consenso no tema? En calquera caso, tempo haberá despois do 28 para continuar. Parece desde fóra que debe ser difícil substraerse á tentación de varrer para un (partido) en vez de para casa (cidade). Se cadra é consubstancial á vida política.
En calquera caso, debían comunicar mellor as súas intencións e posturas.
Graciñas e sorte
¿Fue enterrado en Orense el Doctor Iglesias Puga?
Publicar un comentario