7 may 2007

Candidatos e proxecto para Galicia (Antón Baamonde, El País, 7 maio)

Un artigo pertinente e con ideas útiles: eu cando menos estou bastante de acordo coas súas teses. Velaí o artigo completo e tres pequenas fírgoas ós seus contidos:

Recuerdo haber leído hace años, en este mismo diario, una entrevista con Giovanni Sartori en la que este afirmaba que ninguno de sus amigos de profesiones liberales con ciertos recursos propios y un elevado concepto de la honorabilidad aceptaría entrar en política. Lo que el politólogo italiano sugería con ello es que los cargos públicos tienden hoy a seleccionar a una clase media baja que ve en ellos una forma de mejorar sus salarios y de acceder a una presencia pública que jamás tendrían en tanto que ciudadanos privados.
(...) (...)
En lo que respecta al PsdeG y al BNG es evidente que parte de sus problemas derivan de que no sólo comparten gobierno. Además, comparten una bolsa considerable de electorado -que en este momento alto de la ola Zapatero se inclina por los socialistas, pero que ha de retornar al BNG en alguna medida cuando baje la marea- y un perfil muy similar de afiliados. Los dos son partidos de funcionarios, profesionales, comerciantes y campesinos acomodados.
(...)(...)
En realidad, los tres partidos tienen problemas muy similares. Ninguno de ellos tiene un proyecto consistente para Galicia, y todos necesitan renovar sus estructuras con gentes de mayor preparación técnica y entusiasmo. Sería bueno para el país, sin embargo, que el cambio de Gobierno fuese, además de la conclusión, la antesala de un cambio social que también se refleje en la composición y estructura de esos partidos.

10 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non son sociólogo, pero tendo a analizar o martes de despois das eleccións as votacións por barrios para ver efectivamente onde se ubican os partidos. E non podo estar de acordo co que di Antón Baamonde sobre a situación dos votantes do PP no centro das cidades. En Vigo, non ocorre así, probablemente pola propia disposición urbanística da cidade, pero a presencia do PP na cidade está moi repartida, salvo en lugares moi definidos coma Lavadores ou Teis, e este non sempre. Eu creo que a famosa dicotomía birrete-boina convén desfacela e facer unha nova. Non funciona. Porque, entre outras cousas, só os votantes do PP en Vigo representan a quinta parte da provincia, pero equivalen a mitade dos seus propios votantes da provincia de Ourense ou da de Lugo.
Podo estar de acordo nas súas conclusións, pero todas as súas premisas son moi discutibles:
Labregos acomodados e comerciantes do PSdG haiche ben poucos. Eso de que os seus dirixentes son de ideoloxía escasa e de grandes ambicións (que dirixente político non ten unha grande ambición? e por suposto, quen non chega a desprenderse ao longo da súa carreira da pouca ideoloxía coa que parte?) é unha simplificación ben notable, como o de dicir que no BNG haxa un exceso de ideoloxía ou sexa un partido de orde (conservador?, engado). Poñer como exemplo o alcalde de Pontevedra non parece tampouco moi significativo. Un paseo por As Pontes, feudo nacionalista que ademáis solicita a papeleira que deixa Pontevedra, pode amosar o contrario, sobre todo escasa ideoloxía (pragmatismo pode ser eufemismo).
A mín me gustaría máis sutileza (ou máis datos, por ser severos) na análise. Sinceramente.

Anónimo dijo...

Eu tamén considero bastante simplista e simplificador o artigo. O que non obsta para que, parcialmente, conteña algunhas evidencias.

Mais agora non poido estenderme sobre este particular. A ver logo se noutro momento.

Anónimo dijo...

Cumprirá concordar en certo extremo: sintetizar a socioloxía política do país nun artigo preelectoral é arduo. Posible se cadra suxerila en lóstrego para un lírico coma Manuel Rivas; un filósofo teno, supoño, máis difícil.

Digamos que, en xeral, os grupos do bipartito xogaron ata hai pouco sobre a referencia do PP, o seu indubidable predominio socioelectoral e a presunta vantaxe outorgada polo seica inconmovible, por radical, conservadorismo dos galegos rurais e unha boa parte dos urbanos.

Digamos que a estratexia tendente a socavar tal hexemonía utilizou tácticas de sedución e outras de camuflaxe; foi aí, xaora, máis hábil e efectivo o PSOE, por medios, antigüidade, captación dalgunha rede clientelar e mimetización máis ou menos conseguida segundo os lugares.

O Bloque foi aprendendo a navegar como se aprenden as cousas na boa pedagoxía tradicional: con sangue; certos caracteres, déficits e inercias limitaron un tanto velocidade e efectividade. Digamos que onde e cando hai temón nótase.

E arestora temos diversa incógnita por despexar: somos nación conservadora sen remedio?; perpetuamente loitarán BNG e PSOE pola metade máis un ou a metade menos un?; que volva o PP con todo o esplendor é inevitablemente cousa de tempo?; un paso adiante e outro atrás, Galiza?

Eu digo que non. Ao mellor podemos ir concretando.

bouzafria dijo...

Páreceme que os comentaristas anteriores foron demasiado severos co articulista, pois o tema tratado merecería non unha columna, senón dez ou doce. Por conseguinte, á forza ten que ser simple ( ou simplista ). Pero eu recoñézolle o seu esforzo por iniciar un tema apaixoante neste mes de eleicións.
Sobre o perfil dos candidatos, eu tamén teño outra opinión- tamén moi simplista: Os cadros do P.P e P.S.O.E. adoitan ser empresarios e xuristas, mentres que no B.N.G. hai unha cantidade significativa de mestres e profesores de ensinanza media e superior.
Toda xeneralización ( ¿tamén esta? ) é falsa; pero é a sensación non científica que teño.

Anónimo dijo...

Efectivamente Bouzafría:
Un artigo é un artigo é un artigo.
Como aproximación epidérmica á realidade é adecuada. Que cómpre anovación e que lles cómpre a todos, etc.

Anónimo dijo...

A min tamén me parece que o artigo de Antón Baamonde está ben. A súa descrición da realidade socio-política galega, aínda que admita moitas matizacións e discrepancias(entre as cales, as propostas polo señor Arume), está ben tracexada. E sinala unha cuestión importante, que é a relativa a interrelación entre partidos políticos, acción de goberno e sociedade, cousa esta que os medios de comunicación tenden a distorsionar, facendo de "mundo da política" e da "sociedade" dúas esferas distintas e practicamente incomunicadas, con intereses case contrapostos.
Non estou de acordo con el, porén, na súa afirmación sobre a falta de "proxecto consistente" para Galicia dos tres grandes partidos. Ou, mellor dito, non estou moi de acordo co planteamento desta cuestión neses termos. Eu creo que o PP, PSdeG e BNG teñen, evidentemente, un proxecto e un "país modelo". Pero ocorre que, agora máis que nunca, é un proxecto sometido a continuas modificacións e revisións. Non é un proxecto acabado nin pechado, senón unha especie de "work in progress" que se vai facendo e refacendo en relación coa evolución dunha realidade que tampouco é unha foto fixa, que é, como diría Bauman, unha realidade "líquida" e interdependente. É esa fluidez da realidade a que fai que haxa cada vez máis consenso entre os tres grandes partidos con respecto a asuntos antes moi disputados e, pola contra, aparezan novos motivos de enfrontamento noutros temas. Hoxe, por poñer un caso, dereita e esquerda están de acordo en que ten que haber unha sanidade, unha educación e uns servizos sociais universais e gratuítos, cuestións estas que hai cuarenta anos marcaban unha liña divisoria entre modelos de sociedade distintos. A medida que se establecen eses consensos van xurdindo -ou mellor dito, pasando a primeiro plano- novos disensos en asuntos como os dereitos cidadáns, o desenvolvemento urbanístico, o medio ambiente, a xestión do solo e da vivenda, a distribución do poder político e das competencias territoriais, etc. A xestión cotiá destes asuntos, que é laboriosa e ocupa moito tempo, pode desdebuxar aparentemente as diferencias "ideolóxicas" ou de "modelo" subxacentes, o cal non quere dicir que estas desaparecesen ou que non sigan vivas e actuantes.

Anónimo dijo...

Amigo Bouzafría: admito completamente o seu reproche. Efectivamente, é un pouco severo de máis. Pero é que Antón Baamonde escribe ben, ten ideas moi interesantes e, en xeral, aporta unha visión de Galicia moi útil. Daí a severidade. Só podemos ser severos cos que amosan talento e Antón Baamonde é o que máis ten na nómina de columnistas de EL PAÍS.

Anónimo dijo...

Estou de acordo con vostede, señor Arume.

bouzafria dijo...

Durante unn curto espazo de tempo da miña vida tiven contacto frecuente co Sr. Baamonde, cando intentou, sen éxito, levar adiante un proxecto interesante e necesario de comunicación en galego. Dalí aprendín un par de cousas sobre o articulista: os seus defectos son carnais - como os da maioría de todos nos -, e ten efectivamente moito talento na escrita. Se a cousa non acabou ben foi probablemente polas malas compañas de viaxe.
E certo que as súas ideas sadoitan ser interesantes e dende logo léoo e escóitoo con moito interese.

Anónimo dijo...

Sen dúbida que Antón Baamonde é unha persoa que ten ideas e que sabe expresalas. Por iso é un dos mellores articulistas de opinión que hai en Galicia.

Outra cousa ben diferente é que sempre estea "sembrao" en todos e cada un dos seus artigos.

Neste en concreto, na miña falible opinión, abusa dun reducionismo sociolóxico á hora de falar das bases dos partidos, e dunha sorte de arbitrismo á hora de falar displicentemente -cun típico aroma de "rexeneracionismo postmoderno": déixenme chamalo así- da carencia de proxectos consistentes. Neste sentido, estou plenamente de acordo cos matices, fundamentais ao meu ver, que establece Leituga 1 na súa intervención.

Naturalmente que un artigo é un artigo é un artigo, e que non pode esgotar o tema abordado. Pero nesta ocasión, Antón Baamonde, no canto de deixar preguntas no aire que fagan pensar ao lector -cousa que adoita facer moi ben-, tenta de pechar circularmente o tema. O que, na miña opinión, fai que perda a capacidade de suxestión, aspecto que donima con case (ollo: case!) absoluta perfección.