Convites
Hoxe, martes 29, ás 20 h., no Liceo, organizado pola Asociación de Amigos da República, charla do poeta ANTONIO GAMONEDA.
Mañán, mércores 30, ás 13 h., no Paseo, inauguración da Feira do Libro de Ourense, que este ano celebrará unha homenaxe á Libraría Stylo. Podo adiantarlles ademais (isto non o trae a prensa de hoxe) que o Pregón vaise titular O DIVINO ROTEIRO.
Antonio Gamoneda en Auria
Andoliña 2 xuño
Estivo en Auria hai uns días o poeta Antonio Gamoneda, nun acto organizado pola Asociación de Amigos da República e cumprindo un compromiso establecido xa hai un par de anos. Foi unha auténtica ledicia escoitar a magnífica charla do escritor leonés, cunha serie de variacións arredor da definición da poesía e un fermoso recitado de varios dos seus poemas, nun rexistro de voz entre albertiniano e nerudiano. Leu versos de “Descripción de la mentira”, “Libro del frío”, “Arden las pérdidas” e “Cecilia”, entre outros libros, con valiosas anotacións que achegaban, se cabe aínda máis, a súa palabra poética.
E foi unha ledicia tamén ver o Liceo ourensán cheo de xente nun acto literario coma este: de seguro axudou a concesión a Gamoneda dun recente Premio Cervantes, pero aínda así amósase que cando se programan actos culturais relevantes, o público responde, en Ourense e en calquera cidade ou vila galega. O poeta, cos seus moitos anos enriba, tivo aínda paciencia para atender os moitos admiradores que lle pedíamos a sinatura dalgún libros: non só asinaba senón que con cada un de nós botaba un pequeno parrafeo de complicidade. Deixou un ronsel de agradecidos lectores dende a súa sinxela bonhomía.

5 comentarios:
Fixeron os versos de Gamoneda soar as campas da Catedral de Ourense como fixeron soar a campas da Berenguela de Compostela nunha tarde do ano 2006?.
Só a poesía pode facer esto a pesar de que a Witold Gombrowicz esto parecerialle unha parvada. ( Recomendacion: " Contra los poetas" Witold Gombrowicz. Editorial Mate, 2004,Buenos Aires)
Fd: Gustavo Peaguda
Saúdos Gustavo. A conferencia-recital de Gamoneda foi magnífica. Non me sinto capaz de resumila pero creo que a gravaron no Liceo e agardo que a colguen na súa web. O pobre do Gamoneda ó remate estivo case unha hora asinando libros (había unha longa cola) e parábase con cada un dos que alí íamos, como se aquilo fose un confesionario. Eu leveille o "Libro del frío" e contoume unha anécdota dunha tenda de electrodomésticos que foron buscar o libro a unha libraría pensando que se trataba dun manual sobre neveiras ou algo así.
E foi moi alentador ver o Liceo rebosando de xente para escoitar un poeta, aínda que houbese na sala moi poucos políticos en activo (dos futuros concelleiros do Concello progresista, eu creo que non vin a ningún, pero ó mellor estou errado; tampouco me fixei demasiado).
Non todos os días un ten a posibilidade de escoitar a Gamoneda tan pretiño da casa. E iso é un logro certamente notábel. Parabéns, amigo Marcos, por terdes conseguido tan importante fito.
Unha aperta tristeiro-resacoso-eleitoral fisterrá.
Carafio co Liceu ourensao. Danlle vostés máis (a) vida cultural a Ourense ca dezasete concellerías.
Publicar un comentario