En poleiro alleo
Millonarios e asasinatos rusos (Afonso V. Monxardín)
Aclaracións a unha "Aveleiriña" de Neira (Avelino Pousa Antelo)
O cartucho de Vázquez (X.M. Sarille)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
12 comentarios:
Os amigos do poleiro alleo seica van a oposicións de secundaria. Un pésame para eles.
Pois non sabía nada. Eu era un dos moitos que estaba tremando como un vimbio... Acabo de consultalo na web da Xunta: Monxardín e Sarille están de suplentes, quizais libren, cun pouco de sorte. Téñeno máis difícil, como titulares, Bieito Iglesias, Agustín Fdez. Paz e Felipe Ferreiro. Vaia o meu pésame tamén para eles (sen coñan ningunha, para min sería unha auténtica desgraza caer no sorteo).
O espectacular asesinato de Litvinenko con polonio é ben curioso, semella un capricho zarista conspirado por Ras Putín.
Jimy de Rairo
Prezadas Uvas:
Respostando ao seu xentil envite, deixei no meu local o resultado da analítica proustiana. Obrigado e unha aperta.
Para o anónimo que me precede: "Non naceron as margaridas para ser saboreadas polos porcos"
Nin Valcárcel se libra. Todo ensinante, por moito que se esforce, non pode evitar ter algún "gili" por alumno. Cousas do oficio.
Que poñería, que non cheguei a lelo... A min téñenme feito cousas de efecto físico, pero non darei ideas.
Por certo, xa fun a tribunais dúas veces e é unha experiencia interesante; iso si, cómpre acoirazarse fronte ás chamadas telefónicas. Os tribunais debían ser coma os xurados norteamericanos nas películas: permanecer illados ou ilocalizables mentres dura o xuízo.
Pois eu fun nun tribunal hai anos e incriblemente, non tiven nin a primeira chamada... Ninguén me insinuou nada de nada...
Pois eu fun presidente dun Tribunal e dunha Comisión de Avaliación, que acollía tres tribunais diferentes, e na práctica non recibín ningún tipo de presión e ningunha chamada de tf. Só unha alusión, velada e indirecta, curiosamente, de quen menos o pensaba: unha persoa de esquerda, moi radical e moi demócrata, en teoría, pero informando á galega de que se presentaba a súa moza ás oposicións... (para que o tivese en conta, cousa que non fixen: nin sequera estaba no meu tribunal).
(Marcos de Auria)
É que ante o dito "amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale", semella que para algúns non hai ideoloxías nin tampouco pudor.
Anécdotas semellantes, máis ou menos contrastadas, sabemos algunhas máis. Non é, amigos?
Cousas de efecto físico, amigo González? Déixame preocupado, aínda que ao mellor só lle raiaron o carro: efecto físico é, á fin e á postre.
Publicar un comentario