27 jun 2007


Amores e infidelidades, das letras ó cine
Andoliña 28 xuño
Dicía Henrik Ibsen, o autor de Casa de monecas, que había dous códigos de moral, un do home e outro da muller: "A muller non pode ser autenticamente ela na sociedade actual, unha sociedade exclusivamente masculina, con leis exclusivamente masculinas, con xuíces e fiscais que a xulgan dende un punto de vista masculino". Por iso a súa Nora, personaxe inmortal do dramaturgo noruegués, se converteu en símbolo feminista da conciencia da propia da muller.
Iso sucedía aló por 1879. Eses códigos pasaron á literatura e ás artes: velaí o retrato das mulleres adúlteras en Madame Bovary de Flaubert ou en La Regenta de Clarín, entre outros moitos exemplos posibles.
E das letras saltarían logo estes esquemas e estereotipos ó mundo do cine: sinalouse esta perspectiva xa en películas como a deliciosa Breve encontro (1945), de David Lean, ou, en tempos máis recentes, O piano (1993): os adulterios femininos non podían, non debían, ter un final feliz. Unha actitude diferente amósase na película de Ulu Grosbard, Namorarse: en 1984 xa cambiaran as pautas morais, como testemuñan os personaxes encarnados por eses dous actorazos, Robert de Niro e Meryl Streep. Cando menos neste caso.

46 comentarios:

Moralla dijo...

As últimas películas que citas son preciosas e nelas hai un amor puro que non se pode remediar, que xurde e xa está: hai cousas que se sinten, evitalas é ir contracorente, contra natura, non ser leais a nós mesmos.
Eu agora lembro marabillas como "As pontes de Maddison". En ocasións (por favor, non se tomen isto a persoal, non quero malos entendidos), os homes non responden ás necesidades emocionais de moitas mulleres hipersensibles, elas síntense soas, e atopan a atención, o cariño, a conexión, con alguén que aparece de súpeto, que complementa ese lado depresivo que as (auto)destrué; razóns polas que se namoran deses "salvadores" (aínda que son elas as que teñen que saír adiante como batalladoras valientes!), e case sen pensalo, son infieis. POR FAVOR, eu non fago unha defensa pública da infidelidade, por suposto que non, hai casos inxustificables. Mais nunca se pode prexulgar, cada parella é un mundo.
En canto á personaxes literarias, nunca sentín atracción por Madame Bovary(non contribúe ao feminismo en absoluto, mais hai que entender que eran outros tempos), mais La Regenta si me atrae, non só como personaxe, creo que é unha
macro-obra completa que trata multitud de temas tocantes a aquela época.
"Kramer contra Kramer"(Meryl Streep, a mellor actriz de Hollywwod, na miña opinión) non trata da infidelidade, pero paréceme unha defensa no cambio de actitudes da muller na sociedade contemporánea, o feito de que sexa unha muller a que deixe ao home e ao seu fillo.
Non sei se me expliquei, agardo non ferir as emocións de ninguén.
Saúdos.

Lula Fortune dijo...

A historia da literatura (masculina, claro está)fixóse de espaldas (ou de caluga) a tantas voces femininas que atoparon a liberdade creativa e persoal tras os muros dos conventos. Recomendo a lectura de "La vida escrita por las mujeres" unha escolma dirixida por Anna Caballé que intenta facer visible o labor intelectual e artístico das mulleres dende a Idade Media.

Anónimo dijo...

Non se preocupe, Moralla, que facer unha defensa da infidelidade non é delicto. Cada quen é cada cal, e pode facer da súa capa un saio.

Disinto no de Meryl Streep. Agás contadas ocasións, adoita ser un tanto insufrible.

Anónimo dijo...

O adulterio e o principal alimento da literatura occidental.
O adulterio e o amor dun ou outro xeito ligado a morte.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Eu tampouco lle son moito de Meryl Streep (unha vergonza a súa denominación aos oscars polo papel no Devil wears Prada), pero teño que recoñecer que nin Memorias de África nin Namorarse serían iguais sen ela. Claro que ter como partenaires aos dous grandes robertos axuda moito. A librería Rizzoli, onde transcurre unha parte da película, é hoxe lugar aínda de peregrinación para encontros furtivos.

Anónimo dijo...

Si, en dúas ou tres películas está moi ben (as citadas máis "As pontes..."), pero polo xeral ou está sobreactuada ou moi sosa. No punto exacto, en poucas pero estupendas.

Anónimo dijo...

Decían os seus compañeiros de estudio dramático en Nova Iork (creo que no Actor's Studio) que Meryl Streep era impresionante, unha forza desatada da natureza.

Anónimo dijo...

Meryl Streep é unha actriz moi boa e moito máis versátil do que dan a entender os seus papeis máis famosos. Vina nalgunha comedia e quedei impresionado pola seu poderío. "As pontes de Madison" é para min a súa mellor interpretación. O que lle ocorre a esta muller é que ten esa cara así como un pouco de ursulina e anorgásmica. E danlle moitos papeis de muller comedida e de respeto, papeis que parecen xa escritos polos guionistas pensando nela, no seu físico e na imaxe que os espectaodres se foron fabricando dela. Pero Meryl é moita Meryl. Se queren, un día cóntolles...

Anónimo dijo...

Conte, conte. Non nos deixe así, por favor. Seguro que ten que ver co que dixen da forza da natureza.

Anónimo dijo...

Conte, conte, amigo Leituga 1, que disparar o tiro e non cobrar a peza está moi feo.

Anónimo dijo...

Convén non xeneralizar nas preferencias femininas polo amor "puro", pois as necesidades sentimentais das mulleres son do máis variado. Coñezo a dúas que deixaron ás súas parellas, "bellísimas personas por otra parte", "porque no me daba caña" O da caña non eran malos tratos nin nada relacionado co sexo. Que cada un o entenda como queira.
Meryl Stripp fai moi ben os papeis de repu(g)nante. Estaba moi ben naquela película de Woody Allen, "Manhattan", na que só saía 5 minutos como a ex de Allen.
"Falling in Love", con de Niro e Meryl Streep é unha película moi dos anos oitenta, neo-romántica, final chiclesco e catorce millones de pianos furándonos os tímpanos cunha música de anuncio de desodorante. Logo virían todas esas de nonseiquén atopou a Sally e así.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ó fío do que escribiu "Moralla", "Kramer contra Kramer" tamén sería cita oportuna neste debate pero non sei se a favor dunha visión positiva da muller. Lembro que nos 80? saira unha crítica durísima en "La Calle" (revista dos exPCE) que dicía que era un panfleto case reaccionario, contra o divorcio e cousas así. Cando a vin, concordei con esa interpretación, pero daquela as miñas ideas cinematográficas estaban demasiado ideoloxizadas: tería que vela de novo para facerme unha opinión máis neutra. Ah! E a min gústame Meryl, aínda que ás veces estea algo cargante (non en "Namorarse" dende logo).

Anónimo dijo...

agora simplemente alimina?

Marcos Valcárcel López dijo...

Aclaración: Dou por pechado o tema que xurdiu no fío do Concurso de Microrelatos do Liceo. Quedaron ben expostas as posicións dos que criticaron o fallo e este blog non é un monográfico sobre ese tema. Por outra parte, desapareceron os fíos onde xurdira o debate. A partir de agora, desaparecerán tamén calquera nova alusión ó mesmo, única forma de non converter isto nun monólogo de protestas airadas. Diríxanse ó Liceo, se lles prace, ou a onde crean conveniente. O tema neste blog rematou.

Anónimo dijo...

Querería contarlles, xa me gustaría, pero nin podo nin debo. Déixolles este agasallo para a súa imaxinación, se é que están dispostos -que non o creo- a investir medio minuto en fantasear coa aventura americana de Leituga 1 en Hollywood.

Anónimo dijo...

Apa, no es xucli la cigala, enciam 1! Volem saber-ho TOT!

Anónimo dijo...

Este Leituga 1 debeu ter unha vida pasada, digamos, como moi axitada.

Anónimo dijo...

Os homes divídense entre os que lle gusta Meryl Streep e os que non lles gusta. Non todos os primeiros son totalmente sinceiros. En realidade, prefiren a actrices sexualmente máis atractivas e caracterialmente máis inquietantes. Pero como Meryl representa determinados valores de corrección xenérica("sensibilidade", "o físico non é o importante", a "beleza interior"), eses correctísimos e progrísimos varóns (entre os que non se encontra ningún tertulián das "Uvas", por suposto) aseguran ser seus siareiros. A min paréceme unha cursi, e moitas das súas películas, unha pastelada.

Anónimo dijo...

Unha película da Streep que vdes. non mencionan, penso que inmerecidamente, é "A confesión de Sophie"; está tamén o Kevin Kline, que é detalle interesante.

A min paréceme unha moi boa actriz. Fáganlle mercé a esta simpleza dun que frecuenta o cinema moito menos cós señores.

Anónimo dijo...

Meryl Streep é unha actriz. Eu só coñezo as súas películas, nas que, segundo parece, interpreta papeis ben distintos. Eu xa dixen que me gustaba nunhas películas, tal vez porque me gustan esas películas nas que actúa. É grandísima actriz e foi eso o que loubamos. Outra cousa é Meryl na súa casa e iso é secreto que só uns poucos (Leituga1, non se faga de rogar) poden dicir. E, de cando en vez, unha cursilada ou unha pastelada arregla unha noite que se vía torta.

Anónimo dijo...

Corrección que toca hoxe: a película que menciono máis arriba é "A decisión de Sophie". Fai de polaca e emigrada.

Anónimo dijo...

Exacto: "A decisión de Sophie". Penso que é un dos primeiros traballos da Streep e ten, na miña opinión, unha actuación moi boa. Unha muller xudeo-polaca atormentada porque garda un terrible secreto: cando fora conducida a un campo de concentración tivera que tomar unha desgarradora decisión...

Anónimo dijo...

No escaparate da miña librería de referencia (Gami, en Rosalia de Castro: así fago publicidade) acabo de ver unha edición, seica nova, do libro de WIlliam Styron, A decisión de Sophie. Na publicidade sae un comentario de Carlos Fuentes que proclama que é a mellor novela (de 1979) que leu en moito tempo ou nos últimos anos. QUe máis ten.

Anónimo dijo...

Home, Arume, eu tamén vou algo por Gami, unha librería de esquina urbana, tan pequerrechiña como meritoria nos seus escaparates e na súa selección de novidades. Non é a miña primeira referencia -teño antes a Michelena, Follas Novas e Casa del Libro- pero aínda compro algo nela. E o matrimonio que a atende é xente moi agradable.

Anónimo dijo...

Logo somos medio veciños. Algún día quedamos. Apúntese á tertulia, con outros blogueiros, agora semimorta polo final das clases dos nenos, no Reca de GB a iso das nove da mañán. Amañamos este mundo e os outros.

Anónimo dijo...

Eu non vín "A decisón de Sophie pero pra mín foi moi boa porque unha rapaza deixóu ó noivo despóis de vela pra sair comigo,alá polo 83,creo". Qué caralho lhe vería á película...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Non vivo exactamente por esa zona, Arume. Pero paso moito por ela porque quedo frecuentemente coa noiva no "Follas Novas", alá ao fondo. Sempre lle chego dez minutos tarde, que paso vendo o escaparate da librería. Aínda que tamén me dedico a observar -con suma discreción- os corros de fegreses da igrexa que está alí ao lado.

Anónimo dijo...

A máis estimulante tertulia político-literaria de Vigo (mellorando a do Reca) é Café Voltaire, no Central Pork. Café Voltaire recolle a "promesa de felicidade" inscrita no elemento frutal das Uvas na solaina, pero as uvas tománse sempre na súa forma destilada. O resultado de pasar ao luminoso Apolo polo escuro alambique de Dyonisos, adoita ser algo que ben se podería subtitular "As uvas arroutadas" ou "As arroutadas na solaina". O último libro que comentamos foi "El misterioso caso alemán. Un intento de comprender Alemania a través de sus letras“, de Rosa Sala. Recoméndovolo.

Anónimo dijo...

Don Jim: Hai que subir moito ata Central Pork (glorioso nome, por certo, ao nivel das súas cochadas varias), pero poña día, hora, mesa, por ver se acercamos. Propoña santo (non sei por que) e seña.

Anónimo dijo...

Na Solaina vai Apolo e no Pork, Dionisios.
E entre Apolo e Dionisios discurre o pensamento vivo.

Anónimo dijo...

Oín falar moito e ben da xa mítica tertulia do Central Pork (Vigo City), onde, baixo a advocación de Dyonisos e Ramón Piñeiro (seica é unha "tertulia de unión de contrarios"), ofician algunhas das máis lúcidas cabezas e algunhas das menos lucidas, que até altas horas da noite se solazan coas máis variadas viandas e cos viños de máis calidade do mundo mundial. As súas actividades, diálogos, monólogos e cotilleos, son recollidos puntualmente nuns informes mensuais que a CIA atesoura como ouro en pano. Mágoa que estes papeis non estean aínda desclasificados.

Anónimo dijo...

Aos meus oídos chegou a noticia de que "O misterioso caso alemán" foi exposto brillantemente e que provocou apasionadas discusións. Esa tertulia ten fama de percurar a unidade na diversidade, algo nada extrano a Piñeiro. Pero de Piñeiro e dos "intelectuais de hoxe xa escribirei para que aquí se colgue logo dunha visita a cabana de Heidegger, onde me hei confesar.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

A verdade é que con esa mistura explosiva (Piñeiro, viños, porco, Xermania, non necesariamente por ese orde), cáseque vou ficar no Reca, de temas máis mundanos e irrelevantes. E, ademáis, as altas horas da noite están feitas para reducir e mesmo eliminar metafísicas. Para qué negalo.

Anónimo dijo...

En galego dise Xermania ou Alemaña ou ambas?

Anónimo dijo...

Mágoa que rematase, arestora, o curso tertulián, amigo Arume. Pero cando comece, en Setembro, avisareille por se quer acudir a debater o libro: "El pasado, instrucciones de uso
historia, memoria, política", dun tal, Enzo Traverso. Quedan invitados piñeiristas e antipiñeiristas, apolíneos e dionisíacos, porcófilos e porcófobos, os fans dos Beatles e os dos Rolling Stones.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois eu tamén oín falar moito da tertulia da que dá conta JIM MORRISON e mesmo fun convidado varias veces (por un amigo de Leituga). Sei que algún dos contertulios desta casa tamén a coñece ben. E non sería mala idea xuntarnos todos unha noite de setembro en Vigo arredor desa cita de tanta sona???

Anónimo dijo...

Eu creo que se se xuntan todos os invitados convocados por Jim Morrison, habería que alugar o campo de Balaídos e poñer unha potente megafonía. A tal efecto, quizais se lle poderían pedir unha subvención á Consellería de Cultura ou, no seu defecto, á Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Industria e Innovación.

Anónimo dijo...

Un amigo meu é siareiro desa tertulia ou faladoiro. Cóntame moito e ben dela. Falei hoxe con el e díxome que lle dá a impresión de que varios dos uveiro-solaineiros fanse tamén central-porqueiros volterianos os días de rigor. Dime que non me esqueza de dicirlle ao señor Arume que non tema, que os desbarres xermánicos, piñeirianos, historicistas e antropolóxicos só se producen ata pouco antes de dar as doce, hora á que habitualmente se disolve a reunión, se ben é certo que despois esta é proseguida noutros lugares de peor catadura polos tertulianos máis dipsómanos e dionisíacos, que nunca teñen fartura de viño e de palabras.

Anónimo dijo...

Moito nick e moita mandanga, pero aquí xa vexo que coñecen até o apuntador.
Eu tiña entendido que os galeguistas de Vigo tiñan todos un pefil moi serio, estatutario, estreñido, galaxián, como de curilla anterior á transición. Alédame comprobar, non embargantes o anterior, que se pode ser galeguista commne il faut e cometer pecados coa carne e o espírito.

Anónimo dijo...

Pero, comprenderá Leituga1 que despois de ver os temas de que tratan, os meus sobre a posición na banda esquerda de Ronaldinho, pegado á cal, no Barça ou se Capello é un bó entrenador ou se o novo look de Bustamante beneficia á súa discografía, desdín moito. Non me atrevo, sinceiramente.
E o retrato de Marcel Swann sobre o galeguista de Vigo (menos mal que eu non estou nesas) hai levantar "ampollas" (con perdón).

Anónimo dijo...

Coñéceselle ben ao señor Swann que a súa tendencia a construír Galicias imaxinarias non para na nación incesante, senón que se extende capilarmente ata as vértebras do gran columnario nacional. A vértebra viguesa, porén, dada a súa escasa tradición seminarial, eclesial, episcopal, curil (tradición que, polo visto, tan ben coñece o señor Swann) non encaixa ben nese soño asulagado. Aquí, onde o mundo se chama Vigo, toda a residual devoción católica que resta concéntrase e exprésase na única cita anual do Cristo da Victoria, data na que os galeguistas galaxiáns nos ausentamos a mantenta do centro da cidade, alugamos o vello chalet onde se ubicaba "Villa Marujita" e nos entregamos a unha desenfrenada e case satánica orxía na que, adoptando as aparencias de Heliogábalo, Mesalina e outros grandes viciosos da Historia Universal, desbocamos os nosos peores instintos baixo a mirada sempre indulxente do retrato de Ramón Piñeiro que preside a bacanal. Acabamos cantando todos e todas o Himno á Alegría, conscientes de estarmos construíndo unha Galicia máis europea.

Anónimo dijo...

Dou fe do dito por Leituga.

Anónimo dijo...

Nunha cousa coincidimos, enciam: o galeguismo que tiña que triunfar, e polo que sexa non cuallou, era o de Vigo. A mesa "camiña" había que chantala á beira (con perdón) da praia de Panxón. Que o centro do cotarro estivese en Santiago, con aquela tenda de velas fronte por fronte da vivenda do noso (seu) guieiro, non podía traer nada bo.
Por certo, van contratar un conxunto de criadas con cofia e todo, coma nas fotos dos galeguistas?

Anónimo dijo...

Criada con cofia seguro que a tiña Fermín Penzol -como Marx, que mesmo lle fixo un fillo (á criada, non a Penzol)- e como Beiras. Non como o pobre de Piñeiro, que non tiña nin para café.

Anónimo dijo...

Recoméndase certo sixilo, xa que no pais témese a sinerxia resultante do contacto de ideas e ideantes de Vigo e Ourense.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Tampouco será para tanto, amigo Jimmy.