Nas fotos, retrato de Xoana Torres (Adiós, María) e portadas dos libros de Alonso Montero e Celso Emilio Ferreiro.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
15 comentarios:
Coma vexo que remata a década e que isto enfía cara os pantalóns de pata ancha, eu manifesto a miña pequena desilusión ao non ver o meu ano entre eses cen de historia cultural. Esa lagoa doe. ;)
Qué susto! Lin Asociación Promiscua de Cámara de Galicia. Pero non, non era. O do swinging aínda non chegara. Claro.
Os dous primeiros versos da "Cantiga nova que se chama cadea" din:
Esta é a cantiga nova que se chama cadea,
pois xa non hai ribeiras pras cantigas de amor.
Daquela, xa Celso Emilio publicara o poema "El hermoso rostro del país (Titular de El Faro de Vigo)" e debera romper con Cunqueiro. Posicionaríase Lorenzo Varela explicitamente na polémica? Ou simplemente adoptaría un motivo do mindoniense?
A carga do Polycommander chegara, se non me engano, a Praia América. Subindo desde esta, polo camiño (rúa) que leva ao cámping, a menos de cen metros á dereita o lateral dunha casa loce taboleiro pequeno co nome do petroleiro e unha áncora debuxada. Lémbroo alí desde hai máis de vinte anos.
Lembro a Manuel Blanco Gil: un tipo algo groso, non? Por certo, que foi del?
Don Xesús Alonso Montero tiña boa man para os títulos "comerciais", con gancho.
A través dese libro de Alonso tivemos moitos un primeiro contacto coa poesía galega. Foi un libro importante. ¿Quen era aquela xente de Edicións Celta?
O meu primeiro contacto coa poesía galega, se mal non lembro, foi con outra antoloxía, a de Basilio Losada. Da alí aos orixinais, só mediou unha semana. Tal era o engado de descubrir un País!
Eu lin o de Basilio nunha edición que agasallaba a "Caja de Ahorros Municipal de Vigo (donde más personas ahorran en Galicia)". Tamén manexei moito unha antoloxía en Plaza y Janés, feita por González Garcés.
Si, eu logo tamén lin a de Alonso e a de González Garcés. Se as teño aínda, andarán traspapeladas. Pero o máis probable é que as prestase e que nunca mas desenvolvesen.
Deixei coma un parvo moitos libros que hoxe se cotizarían: menos mal que conservei a "Antoloxía Popular" de Heriberto Bens editada en Montevideo!
Confirmado: acabo de botar unha ollada e non atopei ningunha desas tres antoloxías.
A que si atopei foi "Os novísimos da poesía galega/Los novísimos de la poesía gallega", a antoloxía de Mª Victoria Moreno Márquez, en Akal, 1973. (Na primeira folla escribira: "Regalo de Carme no meu cumpreanos". Ai!)
Esa tamén a teño eu, pero adquirina máis tarde, nunha librería vilega. Rastrexando por eses sitios, atópanse ás veces cousas de certo valor. A antoloxía de Victoria Moreno estaba ateigada de poetas social-realistas. Dalgúns deles queda xa pouca noticia.
María Victoria Moreno, en paz estea, era profesora no Instituto Masculino desta cidade; daquela, parte relevante dos seus "novísimos" son de aquí, e daquela andábase no social-realismo con momentos intimistas
Teño unha mancha morada
no fondo do corazón.
Teño unha espiña cravada,
son vítima dun terror.
(Xesús RÁBADE PAREDES, extracto, no primeiro e moi esquecido libro "Xuntos cara ó mañán", publicado cando tiña dezanove anos e era compeñeiro meu en sexto de Bacharelato).
Deixan vdes. sen citar as primeiras antoloxías, de Galaxia, en catro tomos (se non me engano); excelentes, penso que dos anos cincuenta se o amo non me corrixe, e aínda asequibles daquela. Por outra banda: a Celta era unha libraría propiedade da familia Esteban. Igual teño ocasión de aludir, brevemente, ao establecemento un día destes.
De Blanco Gil, citado aquí e promotor de Histrión 70, sabería falar mellor algún outro contertulio que coñece ben a andaina teatral. Pero lembro que foi director do Centro Dramático Galego na etapa do PP de Fraga e nun período breve: logo foi expulsado do cargo cando se soubo que participaba, creo que cunha obra do CDG,na campaña electoral do Partido Socialista Portugués. Abondo surrealista, non?
Das primeiras Antoloxías de Galaxia, das que fala XMG, xa se foi falando ó longo da serie CEN ANOS. Empezaron nos 50 (podo confirmar o dato exacto, se queren) e nelas colaboraron don Paco del Riego, Xosé Mª Álvarez Blázquez e, de memoria, creo que Landeira Yrago. Andan por casa e foi dos primeiros libros ós que tiven acceso. E onde Carlos Casares, p.ex, descubriu os versos esquecidos de Manuel Luís Acuña, Fírgoas.
Non seí se este será o mellor sitio do blog para esta suxerencia de debate:
Na revista " qué leer" de este mes de san xoán hai un artigo na páxina 6:"La ficción de una cultura totalmente gratuita" con ideas moi interesantes pra debatir.
Non o atopéi en internet,pero sí algo parecido neste enlace:
http://www.fundaciongsr.es/documentos/boletin9/4.htm
Se se da o debate,é mellor que eu non entre nel,porque tenho ideas moi salvaxes ao respecto e de seguro me censurarían...
O Troll ágrafo
Publicar un comentario