13 jun 2007


Dúas caras.

Pan por Pan 13 xuño. Debuxo de Renoir.

Esoutro día o historiador Antonio Elorza publicou en “El País” un traballo moi crítico con algúns intelectuais islámicos moderados como Tariq Ramadán. Segundo el, este ensaísta usa unha dobre linguaxe: moderada e democrática cando se dirixe ó mundo occidental e coa súa faciana máis fundamentalista cando fala para o mundo islámico. O relevante do artigo de Elorza é que Ramadán é hoxe a cara máis aberta do Islam en Occidente. Pero toda realidade ten dúas caras. Mesmo en países islámicos como Irán, onde as mulleres poden ser multadas por maquillarse ou ensinar os cabelos, a sociedade vai por outro lado. Segundo Mehdi Kalaji, o islamismo está en declive en Irán e as clases medias, con estudos e mentes independentes, están a moita distancia das arroutadas do presidente Ahmadineyad. Só queda saber quen vencerá: os cidadáns ou os fanáticos empoleirados no poder?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo día. Realmente é moi triste que alguén da altura intelectual de Tariq Ramadan amose dúas caras dependendo do ouvinte.Será imposíbel acadar unha coherencia na postura liberadora das mulleres se quen pode aunar vontades co seu verbo florido non o fai onde toca. En occidente estamos xa todos dacordo con respecto ao que padecen por exemplo as mulleres musulmanas.Un saúdo (valdeorosa-rosa)

Unknown dijo...

Ilustración, ilustración, universalidade da ilustracion.
Gostariame seguir o debate, mais teño problemas coa conexión a internet, así que durante unhas duas semanas estarei supoño que fora da solaina.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Tariq Ramadán, creo, fala con dúas linguas porque fala para dous pobos, dúas ideoloxías. Así unha mensaxe semellante, traducida ao pé da letra, indica cousas distintas. Escoiteille a explicación de que cando pide moratoria no tema das lapidacións e non a simple e pura supresión, na que creería, era para gañar tempo, tratar de difundir mensaxe reformista e non qeudar fóra do mundo islam.
Se cadra non é sincero, pero a min, Elorza, ao seu lado, me pareceu un progre de manual. En calquera caso, un dos problemas é qeu non entendemos nada de nada do mundo árabe musulmán.
No conflicto de hoxe de Gaza... ¿Sabemos que dicir? ¿Quen son os nosos?... No conflito do campemento ese de Tiro, no Líbano, ¿entendemos como a OLP e a ANP dan permiso para exterminar a eses combatentes de Fathat al islam?
A progresía europea non sabe dicir nada deste mundo máis que as simplezas de que os xudeus son moi malos e os árabes moi bos.
E a cousa é mala de entender de carallo. Pero peor de arranxar-.
No caso de que Ramadán non fose sincero, aínda así habería uqe investigar esa vía. Outra non hai.
Saúde