JOHN RUTHERFORD EN TRASALBA.
Afonso V. Monxardín en La Región 23 xuño
O próximo domingo será John Rutherford a persoa homenaxeada na festa anual da Fundación Otero Pedrayo en Trasalba. A intención da escolla é tamén publicitar neste ano do cincuentenario do nacemento da idea de Unión Europea, a reflexión positiva que sempre animou ao galeguismo clásico con respecto da confluencia de xentes e vontades do noso continente.
Rutherford é profesor no Queens College da Universidade de Oxford. Desde alí potencia a Asociación Internacional de Estudos Galegos que reúne aos profesores interesados nas cousas de por aquí que dan clases en universidades de por aí fóra. E seguro que alguén se pregunta, que como lle poden interesar estas cousas. As explicacións son múltiples, desde termos unha das cinco ou seis grandes literaturas medievais europeas, ata o feito de que nos estudos de lingüística románica en todo o mundo, se estuden de forma especializada algunha das grandes linguas –español, italiano, francés...- e sempre, como complementarias, algunhas das outras máis pequenas. Aí está o inicio dese namoramento dalgunha irmá máis noviña, que, como nas películas de vaqueiros, foi o caso do profesor Rutherford, especialista e traductor, tamén, de La Regenta ao inglés, entre outras moitas cousas. Pero el leva vantaxe: está casado cunha natural de Ribadeo e pasa alá os veráns.
A decisión da Fundación Otero Pedrayo alegoume especialmente porque en 1994 tiven o pracer de coñecelo en Oxford no seo dun congreso sobre cultura galega, pero sobre todo, porque me fixo vivir en xuño de hai dous anos unha anécdota digna de contar e presumir, como paso a facer encantado. Iamos daquela visitar Londres e Oxford cos nosos alumnos do IES As Lagoas na excursión fin de Bacharelato e a noite anterior á saída lembreime del e púxenlle un e-mail para ver se nos podía ensinar o seu tradicional College onde estudaron Clinton e Mr. Bean, por citar dous famosos, pero marchamos, claro, sen recibir a resposta. De alí a tres ou catro días, xa nós no Vao do Boi –que é o que quere dicir Oxford- pregunteille ao guía se podiamos visitar o Queens e dixo que imposible... que nunca se abría a excursións de estudantes... Pedinlle, ante o seu escepticismo, que mo deixara intentar a min... que mal sería. Alí, un vello e eficaz bedel, sabedor da miña posible chegada, acompañoume a través de portas, corredores e escaleiras á sala de profesores. O profesor Rutherford recibiume coa máxima amabilidade convidoume a sentar e tomar un te e charlar un pouco de todo, mentres agardabamos polo resto da expedición, que dirixían os nosos profesores de inglés Carmen Babarro e Xosé Antonio Vázquez. Logo saímos ao seu encontro e fíxonos unha fermosísima visita guiada, en galego con acento de Oxford, polos patios, capela, comedor... ata acabarmos os cincuenta no seu despacho. Contounos da actividade do Centro de Estudos Galegos que alí dirixía e vimos os libros e unha bandeira de Nunca Máis que tiña por alí pendurada... Os meus alumnos quedaron encantados... e eu... pódeno imaxinar.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
14 comentarios:
Non puiden estar en Trasalba, pero non sobrarían unhas liñas, aínda que fosen breves, de algún dos presentes (se están entre os lectores hoxe do blog).
Tampouco eu estiven, e ben que o sentín, porque Rutherford é un tipo que me cae especialmente ben. Pero cando Trasalba coincide exactamente co San Xoán, é difícil ir. Nesa data, non sei por que, sempre hai compromisos "ineludibles".
O acto en si estivo ben. Pero faltou moita xente, moita. Como consecuencia, as posibilidades de cotilleo reducínronse moito.
O Troll ágrafo pasóu a noite de S.Xoán na playa de Rodeira en Canjas do Morraso,arrodeado de milhoes de lumes.O Troll ágrafo ten jrandes amijos en Canjas,aljún que foi ex-aluno do Ferrín e fala maravilhas de él. Pelos vistos,todolos ex-alunos de mestres nazonalistas parecense consigo nese aspeto...
O Troll ágrafo
Pois Etxe pasou a noite de S.Xoan en Panxón. Alucinante. Nunca tal dcousa eu vira. 1oo mil mozos de esmorga bastante descontroleited...
Ai o que é o funcionamente das redes paralelas. Que lonxe anda este mundo noso kulto, do mundo das quedadas xuvenís sen máis organización que o boca a boca e o desexo lúdico. Quen tivese arestora 18 anos... para facer un novo costume festeiro...
Por certo, que se en ourense non hai S. Xoan, deberase, supoño ás fogueiras do magosto... e claro, entre o magosto e os lumes do verán, non queda tempo para máis leña.
Eu creo que se está a convertir, baixo a fórmula do botellón, na grande festa rachada do ano, porque coincide, máis ou menos, co final de curso e coas ganas de troula, catarse, delirio (tremendo) e arroutada salvaxe tras os meses de inverno estudantil. Só así pode explicarse semellante desfase.
Boeno,en Canjas non é un botelhón para nada.É unha festa familiar.Van á plaia cear, facer o Lume cós trastos velhos, a familia cós nenos pequenos e hastra a abó na cadeira de rodas...
O Troll
Que susto me déu o seu nik,arume.
Como estaba lendo o de de S.Xoan lín "lume dos pinheiros",e dixen ¿Xa escomenzamos?
O Troll
Estimado Troll, non escriba mal a propósito, que non cola.
Vostede ben sabe.
E logo? Escribe mal a posta? Será pillo!
Quén me dera.Se eu souber escreber nao ficaba aquí a trabalhar,más nao tudo o mundo é engraÇado pra iso...
O Troll
Onte vín ó Rutherfod na Teleminho falando galego.¡Qué bó acento galego tén!.
Por certo,nunca máis soupen de unha americana de Illinois,non lembro o nome,que escrbía en galego fai anos...
Mr Troll ágrafo
Supoño que o noso Troll se refire a ANNE MARIE MORRIS, poeta alófona norteamericana convertida ó galego por amor á poesía de Rosalía. Nacera en Evanston, Illinois, 1916.Publicou en 1965 VOZ FUXITIVA e estivo no I Conrgeso de Poetas Alófonos en Compostela, 1993. (E non estou seguro pero teño unha noticia vaga de que falecera poucos anos despois: pero quizais estou errado nisto).
Vostede Marcos é unha computadora vivinte.En efeto ese era o nome.A minha memoria non ten nada que facer ó lado da súa...Obrigado polo dato
Mr Troll ágrafo
Publicar un comentario