30 jun 2007


Unha decisión acertada

Gran editor, poeta, erudito, divulgador da nosa poesía medieval trobadoresca, ó cabo Xosé María Álvarez Blázquez, citado tantas veces nas quinielas, será o centro do Día das Letras Galegas 2008.

A miña noraboa, que supoño compartirán os contertulios, ó seu fillo Xosé Mª Álvarez Cáccamo e a toda a súa familia.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Un estímulo, certamente, para medievalistas; cada un fala, por veces, do que lle convén. Espero que, entre as homenaxes, sexa lido moitas veces o relato "Anos de aprendizaxe", nos "Mitos e memorias" (Darío Xohán Cabana, que seguramente ha de traer diversas maneiras de honrar o amigo e mestre).

Anónimo dijo...

Merecidísimo, sen dúbida. As miñas felicitacións aos académicos por tan xusta decisión e os máis sinceros parabéns para toda esa grande familia, literario-humana, que son os Álvarez Cáccamo (Pepe, Alfonso, Berta, etc). Parabéns, de todo corazón.

Anónimo dijo...

Alégrome por Pepe Cáccamo e polo propio don Xosé María, que o merecía. Aínda que a el tanto lle ten...
Xosé María tiña un irmán, Darío, que era un médico moi coñecido e querido en Vigo. Foi unha figura moi presente na miña nenez.

Anónimo dijo...

Hai tempo comentei que o libro de Pepe Cáccamo de Memoria de poeta era extraordinario. Agora ven ben recordalo porque as páxinas que adica ao seu pai son preciosas. Alédome por el, sobre todo agora que anda tamén de oposicións.

Anónimo dijo...

QUe despiste! Estes comentarios son doutro post. Perdón, perdón. Vou para Barrantes e, como APC, teño presa: fagan o favor de lelos no post sobre os ollos. Pola tarde colócoos no seu sitio

Anónimo dijo...

¡Barrantes! grazas por acordarme ese vinho tinto de sabor caraterístico,e de que tenho que ir ver unhoa amigos a Tominho (Tomillo,prós casteláns...) Vou mirar na rede cando son as festas...

Mr Troll ágrafo


(Cada volta van quedando menos escritores pra darlhe o premio das letras galegas.ö final rematarán por darmo a mín.Boeno...aína falha a fase de darlha a colectivos,asociaciós,blogs...