En poleiro alleo
"Problemas de fondo", de Víctor Freixanes (LVG 30 xuño). Dende a imaxe das multitudes opositoras en Silleda, V. Freixanes reflexiona sobre o futuro da nosa mocidade e a emigración, sobre todo "intelectual", aínda non rematada.
"Unha máis", de X. L. Franco Grande (LVG 30 xuño). Franco Grande retruca duramente algunhas das opinións expostas por Ferrín nun seu artigo sobre Curros e sobre a valoración que o grupo Galaxia tiña do poeta ourensán.
E no suplemento cultural, non accesible dende a rede (creo), artigo de Alonso Montero sobre a recuperación dos poemas do mestre e pedagogo republicano ourensán Albino Núñez Domínguez, por parte de Harmonía Universal, nova editorial fundada polo seu neto o músico Carlos Núñez.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
21 comentarios:
Creo acertado o artigo de Franco Grande e a súa denominación de "pavero" para o noso eterno nobelizable.
E xa que tamén se trae a colación a Alonso Montero, non estaría mal que alguén rememorase o affaire Alonso Montero/Franco Grande ocurrido anos ha (alá polo Pleistoceno), e que este último, dun modo incompleto, conta en "Os anos escuros". Máis ca nada, por darlle un pouco de "vidilla" a este blog, que seica é serio de máis.
A min gustaríame poder ler o artigo orixinal de Ferrín para poder emitir un xuixo xusto.
A verdade, eu son da opinión de que Franco Grande e Ferrín son tal para cal. Demasiada crenza de posuíren oráculos ignotos aos demais. No caso de Ferrín falamos polo menos dun bo escritor. No caso de F.G., amais de pasado e pedigrí dos "anos escuros" etc. etc., un pregúntase por que se lle dá aínda cancha nos xornais. En fin. É o país que temos.
Abundando na maldade do señor Isildur, semella que FG fai honor ao dito castelán "a la vejez viruelas", ou dito doutro xeito: "á xubilación perdo o recato de antes e despotrico contra quen me praza". O que non obsta para que, neste caso concreto, teña toda a razón.
Señor Swann: pode ler o artigo clicando onde sinala Valcárcel.
Non atopo a ligazón
Pego aquí, por non saber onde facelo, este artigo de X.Manuel Beriras, moi crítico cos "escribas".
XOSÉ MANUEL BEIRAS
de catro a catro
S.O.S. Courel II. OS Escribas
Os escribas, agora. Que andan a facer? Hainos locais e nacionais -inclusive estatais, tamén, só que fican máis lonxanos. Todos iles interpretan, con partituras diferentes, o son da mesma farsa tráxica. Os locais, primeiro. Goberna alí dende hai anos a mesma opción política. Disque é psocialista. Non o creo. Cando menos non parece. A non ser que se trate dunha variedade rústica, por adaptación mimética ao prototipo pepé enxebre. Nas pasadas eleicións, o carrexo de votantes foi exemplar, non desmereceu nada dese modelo, democrático-filantrópico onde os haxa. Sempre ao servizo do povo, os membros da corporación gobernante non pararon de viaxar en todo o día, arriba e abaixo, atención a domicilio, como as mensaxerías, recollida de paquetes humáns pra depositalos a pé de urna, e todo sen cobrar. Iso sí, retorno non incluído -non se asumen devolucións. Con particular esmero e devoción consagráronse a ese humanitario labor os responsábeis municipais da asistencia social -que algún ou algunha haino ou haina. Cousa por demáis natural. Hoxendía, no Courel, apenas fican máis ca vellos, resultado lóxico de tantos anos de governos locais de progreso na comarca. Os mozos están na diáspora, que é o seu millor destino pra todos: nela teñen traballo e non estorban aos escribas. E os vellos precisan atención a domicilio -o día dos comicios. O resto do ano amáñanse ben iles sós. E sempre haberá unha ambulancia pra levalos a Quiroga chegado o caso, se chega a tempo. E os que non son vellos, ou sóno menos, precisan instrucións para saberen votar ben, con acerto na eleición, de xeito que millor que vaian acompañados, non sexa que confundan o papeliño e voten contra o seu proprio interés, os malpocados. Hainos, con todo, renuentes e díscolos que van ao colexio -eleitoral- por atallos e vieiros escusados, mira ti, os moi testaláns, só para eludiren a afábel custodia. Inda así, en chegados ao destino, teñen que transitar entre ringleiras de apoderados e vixías que os agardan, solícitos, en imperfeita formación, sobre en ristre como quen presenta armas. Compréndese ben que, no Courel, apenas houbo abstención: todo un trunfo na festa da democracia. Por suposto, volveron gañar os mesmos -alí o cambio xa tivo lugar hai tempo- por fortuna prá continuación do progreso que tan ostensíbelmente se bota de ver no estado de benestar da comarca. Benestar das louseiras, quero dicir. De todas elas, legais e ilegais, que as hai das duas castes.
Os textos de Beiras son un claro exemplo de, en escribindo moitas liñas, finalmente non dicir case nada.
Hai tempo caeu nas miñas mans un libro que tiña un título máis ou menos coma este: "As duascentas mellores novelas da literatura universal resumidas para vostede". Até non sei se o publicaría o Reader's Digest.
A idea era clara. Resumindo todo, ao final obtiñas a mesma substancia dos libros ca se pasases meses e meses lendo neles, coa vantaxe de que agora podías presumir diante de persoa culta diante do cuñado mamoncete.
Habería que dicirlle a Beiras que aplique o estilo Reader's Digest, non apc?
Pois aínda di, aínda di. Aspectos descritos para ese Couren sóanme a min doutros lugares. Montesíos ou non tanto.
Non entendo ben a súa mensaxe, mister Swann. Beiras é un home de moitas e vellas lecturas das que ten dado conta por escrito e oralmente até a saciedade (cinco mil veces ten citado a Albert Camus, dúas mil a Vasco Pratolini, etc., etc., etc.). Non creo que necesite ningún Reader´s Digest. Quizais si, en troques, algúns libros recentes (digamos dos últimos vintecinco anos) de política, de socioloxía, de historia e mesmo de economía. Que nisto ben que se lle nota o "atraso".
Non me entendeu.
Seguindo a súa teoría "en escribindo moitas liñas, finalmente non dicir case nada", Beiras debería resumir o seu artigo en dúas liñas, como facía o Reader's Digest.
Vostede esquece que nun bo artigo tamén conta, e moito, como se din as cousas. E niso Beiras é un dos mellores.
Estou en desacordo coa primeira dedución e coa última frase.
V.F. Freixanes apunta dun xeito realista e preciso que a emigración segue a ser unha das características identitarias galegas. O mal provocado, dende o desarraigo familiar, até a fuga do capital humano segue inserido nos galegos, no noso horizonte. Paréceme que a tarefa mais importante do goberno actual seria paliar e a medio prazo eliminar a emigración. Cando unha sociedade se ve compelida a emigrar é que hai problemas estructurais que seguen a reproducirse e a provocar mal social. Pero agora como sinala Freixanes hai unha nova modalidade, a do emigrante formado en Galicia, cos cartos públicos, nas nosas universidades, cos nosos programas de progreso para que esa inversión desenvolva a súa adequirida capacidade contribuindo ao progreso doutro pais. Un novo tipo de sangria. Un goberno, socialista, galeguista, nacionalista, de progreso, tería que evitar esta sangria endémica. Este é un dos nosos problemas económicos mais graves, a insostenibilidade da nosa poboación.
Franco Grande mestura demagóxicamente os rumores sobre gamberradas xuvenís e opinóns mais ou menos acertadas ou contradictorias de Ferrín respecto de Curros. A gamberrada semella a sua, a de Franco Grande, e se non gamberrada, impostura.
Jimy de Rairo
Home, non sei por que o de impostura ou de demagoxia (o de gamberrada pode valer). Eu creo que coñece de abondo a XLMF dende hai moitas décadas.
É unha relación curiosa a destes dous vellos amigos aos que nin sequera a figura de Piñeiro -admirada por Franco Grande e deostada por Ferrín- logrou separar. De vez en cando a Franco Grande dálle un siroco e arremete contra McFerrin, pero pásalle o mesmo coa lembranza de Piñeiro: en "Os anos escuros" escribe cousas sobre el que poden parecerlle a calquera escasamente compatibles. Franco é moi de arroutadas, paréceme a min.
a graza orixinal de XLFG de encargarlle ó propio Ferrín o limiar do seu primeiro tomo de Os anos escuros, para que o ourensán contradiga todo o dito despois ó longo do libro do prologado.
O que se conta sobre Piñeiro no primeiro tomo de "Os anos escuros" non ten nada que ver co que se di del no segundo. O que no primeiro había de admiración polo mentor galeguista, no segundo era un respecto non exento de chatas. Impagable o comentario que sobre os dotes dictatoriais Piñeiro fixo don Ramón Outeiro Pedrallo nunha conversa.
Tamén críticas cos últimos anos de Piñeiro son algunhas das observacións finais do libro de memorias de don Francisco Fernández del Riego, aínda que aquí hai que ler entre liñas.
Non desaproveita oportunidade, eh?
¿Por que non conta dunha vez que lle pasou con Piñeiro, Swann? Iso de andar dedicándose a ler "entre liñas" as memorias de don Paco a ver se se atopa algo é innegablemente significativo...
Veñe, home, libérese del pudor.
Si, algo tivo que haber. Unha afrenta nunca resolta, un desprezo insoportable, un xuízo aplastante, un amor non correspondido, ... Algo, algo tivo que haber.
Entre a realidade e o blogueo hai un mundo, e entre eu/min e o meu heterónimo varios.
Publicar un comentario