Barcelona e Woody Allen.
Pan por Pan xoves 12 xullo (un chisco máis frívolo do habitual) Xa saben que anda Woody Allen por Barcelona (nos últimos tempos vai a cotío tamén por Asturias) a rodar unha nova película protagonizada por Scarlett Johansson. Seica houbo moito balbordo no concello barcelonés por unha crítica do PP e ademais tamén protestan algúns cidadáns. Porque o concello puxo un millón de euros como inversión en axudas á película. Porque cortan as rúas ou desaloxan de turistas as Ramblas para conseguir os planos axeitados da beleza loira. Porque algúns están fartos de turistas e din que Barcelona xa é moi coñecida no mundo (hai xa pegatinas coa lenda “Tourist go home”). Porque lles dan máis facilidades ó xenio norteamericano que ós cineastas cataláns para rodar. En fin, quizais teñan razón nalgunhas destas criticas. Pero eu non protestaría, non, se a encantadora Scarlett Johansson caese por Auria coas cámaras detrás.
61 comentarios:
Canto sabe vostede, amigo Valcárcel, cánto sabe. Que nos dera aquí en Vigo a Escarlata, a filla de Xan. Pechabamos rúas, prazas e o que fixera falta. Menos o corazón, claro está.
Cando algúns din que están fartos de turistas, estanse a referir, creo, a ese "turismo" contracultural e alternativo (ese corpo social que chamamos, para entendermos, hippies) de toda Europa que escolle Barcelona nos días calurosos de verán para acampar polas rúas, prazas ou parques. Non creo que inclúan os que se aloxan nos distinguidos hoteis da Avinguda de Sarrià ou del Carrer Nou dels Rambles.
Esquecín loubar esa peazo foto, que dá gusto vela: que esplendor, mamma mía!
O noso tempo perde o ser polo espectáculo.
O espectáculo insirese no centro mesmo da economía
O espectáculo concentra a atención para diluila no consumo de espectación
Cando hai tanto turismo o expectaculo é o mesmo turismo, que oculta o ser do visitado.
Non hai peor cegueira nas viaxes que o rol turistico.
Perto da cabana de Heidegger hai un parque de atraccións. Intimidade do caminho,claro no bosque, sons confusamente insertados, mofonia plural,destrucción do sentido...unha voz...caminho da fala,dame sombra, silencio. Botado ao mundo, faise no tempo a ausencia do ser, pero xa é tempo, xa é tempo...
Jimi de Rairo
e sen cámaras, mellor...
homo videns
Non séi se vostedes viron en Sintra,fermosa cidade turística perto de Lisboa,unhas pintadas que decían:"turistas,a nova peste".Parece que eso do "turist go home" empeza a ser un movemento cidadán con futuro nesas cidades que perden a súa propia identidade a causa do turismo.En Lisboa tamén se lén na prensa local soflamas nese senso de vez en cando...
(I aiquí sempre falando da importáncia do turismo...
Mr trolh ágrafo
Amigo Jimmy, non estaría demasiado tempo exposto ao sol sen gorra?
O amigo Valcárcel deu coa palabra exacta para describir a Scarlett Johansson: Encantadora!
Que teredes os homes coas loiras... XD
Permítame dicirlle, querida Lourixe, que tamén coas morenas, coas castañas e, se me apura, tamén coas pelirroxas.
Amigo apc, é o ser que se adianta polos laberínticos caminhos destas terras alemanas. é o tempo de ser. E non se é de gorra, senón ao precio de ser aí. Tenha coidado coa sombra.
Jimi de Rairo
Se anda por Alemaña,Jimi,non terá problemas pra encontrar sombras en parques bén bós.Ahí téñenlhe outro amor ás árbores,ó "Grünen" (o verde,a campaña...).Non manda o cemento coma eiquí...Pro compre un sombreiro típico da zona na que esté,que son bén bunitos.E unha xarra prá cervexa...
Mr Trolh
Non se nos perda na Selva Negra, amigo Jimmy, que despois é difícil voltar dese labirinto.
Lourixe,xa sabe que hai toda unha categoría de chistes,que son "os de loiras".Máis bén no mundo anglosaxón,que eiquí preferimos os de sogras...
Mr Trolh
absterse feministas
Non hai envexa de Jimmy
fervenza na selva negra
Mr Trolh
Por que falan todos con palabras tan pouco usuais para referirse a unha rapaza que esta tan "ben"? ¿Por que utilizan sempre unhas expresións rebuscadas sen dicir realmente o que pensan? ¿Por que confundir o respecto ao xénero coa cursilería ou o asexualismo?
Sexan ceibes e déixense levar, viralles ben, señores académicos
Por unha razón ben sinxela, amigo Gurú.
O primeiro home que lle dixo a unha muller "os teus labios son como fresas", foi un xenio. O segundo home que o repetiu, foi un necio.
Eu procuro empregar expresións que non rocen a metáfora caníbal. Xa me entenden.
Se ven Scarlett a Ourense por min xa poden valla-la cidade durante meses.....
Eu vivo nunha zoa de Ourense onde fan o botelhón e dende a cama oio os "piropos" que inventan os xovenes de hoxe.Son unhos animalcinhos de caralho.ONte oín éste: "NEna,dame a direución to teu ginecólogo,pra lhe ir lamber o dedo..."
Mr Trolh ágrapho
Ordiá! Pois podian facer en cine a novela do Ameixeiras d'O cidadán do mes, que sae unha loura facendo toplés en Oira que está pra bañarse con ela n'a Burga, rediós. Escarlet vai pró papel que nin pintada!
SCARLETT JOHANSSON MISS CANÍCULA!
Amigo Valcárcel, volva a poñer a Scarlett con calquera excusa nos posts seguintes. Ou sen excusa. A pelo.
Debo estarme facendo vello.Eu nesa foto vexo unha nena,e anúlame a libido.O problema da pitopausia vése que é puramente mental...XDD
Mr Trolh
Ben se ve, amigo Arume, que está totalmente recuperado. Nótase que xa non lle tiran os puntos. Alegrámonos todos.
Veña, Valcárcel, marchando unha ración para o amigo Arume!
(Para que logo diga o Gurú que somos tan requintados)
Por certo que este agosto irei a Barcelona. Se aínda está por alí a Scarlett farei para traerlle unha foto dedicada por ela, amigo Arume.
Tirar tiran, pero, claro, para ben.
Ben se ve que Nicole Kidman (lembran a súa campaña do Galego en Positivo?)e máis Scarlett Johansson arrasan neste blog (agás excepcións). Será cousa de facelas socias honorarias...
As morenas tamén, señor Valcárcel. Ou xa non se lembra de Mónica Belluci de igual éxito nesta mesma casa?
Ten razón, ten razón..., sr. APC.
Hai que dicir que a foto de Eduardo Blanco Amor diante do autobús tampouco non está nada mal: moi atractivo debeu ser. Ou non?
Desa foto falou abondo Freixanes presentando a exposición de fotos de EBA no Liceo: a imaxe dun triunfador, do home que volveu de América con éxito, arrogante, orgulloso, a ser recoñecido polos seus... Pero dos aitorretratos de EBA, do libro que citei esoutro día e doutros, entre os que hai un espido de costas, poderíase facer todo un ensaio sobre a imaxe do poeta: narcisismo, sen dúbida, e autoestima de seu.
En cambio, descoñecemos totalmente, eu cando menos, os códigos de beleza estética masculinos. Por exemplo, no mundo homosexual: haberá moitas variantes supoño, pero qué tipo de homes son os máis atractivos? E tamén sucede, en certos contextos, heterosexuais claro, que se un home admira a simple beleza doutro é mal visto ou mal entendido. Pode opinar das mulleres sen pasar a raia, pero dos homes...
Quén vería ó seu abó,Marcos,chegando de Cuba,todo guapo cun reló novo...
Mr Trolh
Os códigos da beleza estética masculina deben ser moi variados, penso, e se nós, heterosexuais recalcitrantes e limitados, non os coñecemos mellor é porque non "entendemos". Pero pregúntelle a algún amigo que si entenda, xa verá como o pon ao día.
Teño lido nalgún lugar mesmo unha tipoloxía gay dos homes. Moitos -que non todos- reproducen os mesmos estereotipos masculinos habituais de beleza física feminina, só que ao revés. Vamos, que lle gustan os Mónicos, os Scarletos e os Nicolás. A outros, en cambio, gústanlles os "osos". De aí que que ese tipo do PP que fora ministro de agricultura sexa considerado, por estes últimos, como un sex symbol.
E é que neste mundo ten que haber de todo, como en botica, e para todos os gustos. Se non, apañados iamos.
Sábeo vostede todo de min, sr. Troll, teño que recoñecelo. O meu avó de Ervedelo, por parte da nai, Benxamín, labrego toda a súa vida, traballou en Cuba e a miña avoa, a súa dona, estivo tamén en Buenos Aires. Sempre lembro ó meu avó falar con ledicia e nostalxia dos días cubanos (morreu hai poucos anos, con 94 e unha excelente saúde ata o final). E describía con toda a gracia os bailes dos domingos e as festas cos negros e mulatos. Ah! sempre lle caiu moi mal Fidel Castro, aínda que quizais o admirase no fondo, por ser un home de carácter.
Eu fago comentarios sobre a beleza masculina sen dubidalo. E, se o penso ben, non fago distingos sobre tipos particulares. Como coas mulleres. Se algún ou algunha me parece atractivo, dígoo e punto. Comparto, por exemplo, con non poucas mulleres, a admiración pola beleza de Brad Pitt. E creo que APC tamén, a pesar de que non se parece nin no branco dos ollos (sic).
Sinceramente, amigo Arume, a min quen me gusta é Angelina Jolie, circunstancia que me fai preguntar constantemente qué raios debeu atopar en Brad Pitt.
Xa vexo que a vostede lle pasa coma a Woody Allen, que desexaba rencarnarse nas xemas dos dedos de Warren Beatty. Xa que non lle ve nada, transfórmese nos dedos hóspedes de Brad Pitt.
Querido apc...eu podería decirlle máis de dez cousas gloriosas que atopar en Brad Pitt. Moitas delas están á vista.
Mamma mia! Nada menos que dez cousas gloriosas. Creo que, definitivamente, debo renunciar ás miñas pretensións formais coa señorita Jolie.
Por certo, e se non é moito preguntar, dígoo máis que nada porque o saber non ocupa lugar, tería a bondade, señorita Fortune, de sinalarnos tan só cinco desas dez cousas gloriosas que vostede atopa en tan glorioso galán?
Por exemplo: os cinco dedos da mán esquerda.
Pois aí, nese aspecto non creo que me supere, francamente. Quedo coa dúbida das outras restantes cinco cousas.
Metáfora caníbal dicían mais arriba, non se moi ben a que se refire pero gústame. En calquera caso, e xa que seguen a ser tan contidos nas súas expresións publicas (¿Tamén o son cando están xuntos tomando unha cervexa?) , a miña dubida é ¿Cantos de vostede se tiveran a tiro as señoras das que teñen falado nesta entrada, serían quen de dicirlle algo (refírome a dicirlles algo que elas puideran entender, claro)? E, por outra banda, ¿Cantos de vostede porían en risco a súa vida familiar estábel por ter un lio con esta preciosa rapaza?
Gurú: os homes de este blog somos homes decentes.E xa sabe cómo son os homes decentes: UNHA sola MULHER e UNHA sola AMANTE.Eso.Nada máis.Eu tenho vacante o posto da amante...
Mr Trolh ágraph
Vaia,polo que se vé o fulano é un presti-digitador,u sexa,que move os dedos bén á presa...
Se sabe de psicomotricidade saberá que eso é señuelo de intelixencia,que xa sabemos que é o que verdadeiramente lhes interesa ás mulheres nun home.Non o corpo,senón o interior coma lhe decía o borracho á botelha...
(Desculpen pro a questas horas o borracho sóno éu.Unha botelha do meu amigo Emilio Rojo)
Amigo Gurú: reprocha vostede os nosos eufemismos, pero que significa eso de "poñer en risco" ou o de "ter un lio"? Explíquese, entre en detalle.
Por en risco= arriscar, e o de "ter un lío" e unha expresión aberta e realmente déixalles as portas abertas a que poidan expoñer a cambio de que arriscarían esa estabilidade emocional que se lles supón ós habituais deste blog. Sei que son temas persoais, pero pensen nos que veñan e que non darían por saber que pensaban, realmente, e que facía ó respecto algún dos Sres da Nós (e incluso pode que lles axudaran a coñecer como eran realmente, xa que pode ser que un sexa como é e como vive, e non tanto como quere que o vexan os demais).
Lío:
1. Un revolcón de hola e adeus.
2. Un par de revolcóns, con promesa dun outro cando voltamos vernos.
3. Tres revolcóns, con número de teléfono incluido.
4. Catro revolcóns e unha noite na eira do trigo.
5. Dúas noites na eira do trigo e o teléfono comeza a botar fume.
6. Unha semaniña enteira.
7. Abandono de fogar, telefonatas sen resposta, chamadas perdidas.
8. Perdido entre dúas augas. Sen casa, sen rubia, coma unha pedra rodante.
Pode, por suposto, infinidade de variantes e posturas. A cal se apuntan?
Quixera contestar ás indiscretas preguntas formuladas por Gurú.
Meu querido amigo:
Parte vostede dun suposto falso.
As nosas noivas, esposas, nais, fillas, avoas, sobriñas, tías, ..., son mulleres intelixentes, de mundo, guapas, con sentido de humor, liberais, tolerantes, comprensivas.
Daquela, non se arriscaría ningunha estabilidade emocional nin familiar, e aceptarían sen ningún problema que un de nós tivera un lío cunha desas fermosas mulleres que aquí se citaron, entendendo lío nas categorías 1, 2, 3 e 4, establecidas por Arume.
Espero que quedara satisfeita a súa curiosidade.
Un cordial saúdo.
Ap.c tén razón,na minha opinión,que é somentes a nascida da minha experiencia particular, e polo tanto non necesariamente xeneralizable:
Cando tés un lío con outra,a túa parexa quere saber a toda costa quén é pra establecer a comparazón.Se é unha que considera "ó seu nivel",ou por riba do "seu nivel",non tés problema.Rematará por perdoarche.Pero si é "unha pelandrusca calquera",entón xa pode s ir facendo as maletas...
Mr Trolh ágrapho
Porém os "uveiros" não acadam o nível erotizante dos grandes cavaleiros arroutados
Os cavaleiros arroutados son os mesmos que participan nas uvas. Trátase dun extraordinario caso de esquizofrenia colectiva, que todo bó estudante (de xornalismo, of course) de estratexias blogueiras debería saber desde o primeiro día que penetra no Siza's Building.
Como bos nacionalistas son xente conservadora. Sorprendeume que ningún de vostede tirase mais por cousas do tipo "¿QUE PASÓ ENTRE MI PADRE Y TU MADRE?"
"El PRÓXIMO AÑO A LA MISMA HORA", mais enriquecedoras que un, ou varios, "revolcones" do Sr Arume.
Non se fagan os sofisticados, que o tema tampouco dá pra tanto, se me permiten que de tal xeito os acrimonie. Eu íalle pedir ao señor Valcárcel que saque de aquí a foto desa chica, porque cada vez que chego a esta parte do blog pillo un desacougo, cousa que aos meus anos xa non é boa nin desexable. ¡Que boca, que dentes, que viveza, mimadriña!
E o desacougo do Sr leituga 1, pasa as semanas en Barcelona por un millón de €, ¿Como non se lle ocorreu a ninguén, nesas reunións tan sesudas nas que se analizou que facer cos cartos da Cidade da Cultura, inverter todo o seu custe en que pasara varios anos esta rapaza e outras similares, e tamén outros rapaces (non fagamos desta unha cuestión de xénero) en Galicia? (en liña co que se fai cando se levan figurantes ós mitins).
Apoio a idea do señor Gurú.
Eu tamén apoio esa proposta, coa única condición de que eu figure na lista de convidados para acompañar á citada dama nas súas visitas por Galicia.
Home, esa condicíón eu xa a daba por sentada... polo que a min respecta.
Eses dentes eran os que comía eu, e non os do porco do señor Monxardín...
Xa víu na Rexión que o noso colheiteiro Emilio Rojo sub-menistra o vinho pra certos planos do filme de Woody Allen,Marcos.Cicáis poderá tratar con él pra que influia nese director e traia esa loira dama que os trái malucos a todos por estas finis-terras.Maxino que tén o séu telemóbel (o de Emilio),senón dóulho éu.
Publicar un comentario