Repeinados fillos da nada. Iso somos todos. Cada quen no seu sitio, máis sinalado algún, menos sinalado outro, mesmo máis repeinados uns ca outros, todos somos iso. Fillos da nada, algúns algo repeinadiños. A expresión utilizóuna un bloger, se é que dun bloger se trata aquel que participa nun blog. De ser así, de estar eu no certo e atinar coa definición, cousa que dudo, o bloger deste caso que comento escribeu tal cousa no que coordena Marcos Valcárcel. Dise coordena pois que xa non é del, senón de todos, patrimonio común, ben patrimonial y-lo-que-te-rondaré-morena. As uvas na solaina. Os de sempre xa saben de qué falo. Non fai falla, pois, que reseñe de novo a páxina web na que recibe.
Marcel Swann, a qué me soa, é o nome do que bota man o oculto bloger pra se presentar. Di que eu caíalle pior cando mandaba algo. Pero que iso sempre pasa. Ten razón. A mín tamén caíame ben pior esta miña sucesora de hoxe ata que, aí atrás e dende atrás, reparei nun feito incuestionable. Ten unhas fermosas pernas. Con tan harmoniosas e sólidas columnas debería manterse ben o noso cultural constructo, o que ela está a edificar e sen embargo. Así que é millor que Marcel Swann non se confíe.
Sen embargo, reconozo que eu son dos repeinados; dos repeiteados, diríase más ben. Victor Freixanes diría dos estirados, referíndose a el e máis a mín, que algo si debemos selo, terei que mirar a ver. Son dos estirados. A veces mesmo polos catro cabalos da apocalipse a turrar de mín por cada unha das miñas catro extremidades, agás a quinta que, a estas alturas, xa empeza a molestar menos. Pero aínda. Sen embargo.
Ás veces é tanta a soedade, tan inxente a melancolía dun mesmo, que unha frase, a de Swann, tamén a de a.p.-c. nese mesmo blog, me aclara o día e saborexo unha caña con arume dos piñeiros e leituga. Non hai coma ser un fillo da nada e se saber na propia condición. Grazas por recordarmo. De aí pró norde todo é sol.
E sen embargo. Sen embargo-nembargantes-arestora que adoitaba dicir con moita sorna morna o finado do Conde Corbal, aquel entrañable mostacho, a das bonitas e columnarias pernas aínda non declarou BIC ó blog inusual de Don Valcárcel. Xa o fará, non se preocupen. De non facelo ela, farémolo nós, os despeinados fillos da nada. Pra empezar, ó par da caña eu agasallo cun BIC, non servirá pra nada, pero debuxaremos garabatos. Tan afeitos estamos algúns a nos meter sempre en dibuxos. En todo caso, grazas, meus repeinados fillos da nada.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
16 comentarios:
Boeno,boeno.Xa lín o artigo a mañá,no Correo,que por certo hoxe traía material de abondo co ese "Correo2".
Por certo,ninguén comentóu o seu artigo do outro día no que falaba dos "neofalantes" do galego (na miña opinión cun comportamento similar ó de tódolos conversos,xa me entenden).I éso que él contaba cunha tormenta de comentarios(pro debía ser na súa propia páxina...).
Quedéu un pouco desilusionado por que non nombróu o meu nick.Andiven todo o día coas orellas gachas.Nada do que digo é interesante pra él,¡snif! .Qué se lle vai facer...
A ver se pra outra...
Eu,a verdá e que non quería aparecer citado no artigo de Conde,por que non estaba maduro.
Tamén eu botei en falla o teu Nick. Pero aparecerá noutras ocasións, seguro: en calquera caso, Xan da Coba é xa parte sustancial desta casa, como testemuñan todos os lectores e participantes.
Para Alfredo Conde: vostede xa pasou polo "Purugatorio" (como dicía aquel alcalde, penso que de Negreira) e fixo propósito de enmenda. Agora tócalle pasar por ese trance a outros.
Boas a tutus quisquis. Que teñades un bo verán/verao/vrao, aínda que xa vexo que aquí tecoleuse todo este mes "de lo lindo". E benvinguts os foreiros que chegaron rachando a pana, como xan da coba, que entrou esixindo cota como repeinado fillo da nada.
Fillos repeinados da nada quere dicir, por exemplo, xente interesada por Galicia (cultura, historia, política mesmo) pero que non vive "de" isto en exclusiva. Habería que reeditar o Seminario de Estudos galegos e que xente que aquí escribe, e outra, tivesen unha oportunidade. Que xentes que proveñen de profesións ben diferentes puidesen aportar cousas. Estou en contra de todas as institucións culturais galegas de tipo "mininfundio-burrocratizante", todas pisando o traballo das demáis, e ao cabo facendo moi poucopo. Estou mesmo a favor do amateurismo total. Non me gustan os que viven "do" galego senón desde/por/para/cara o galego. Nese sentido somos independentes. Non me agradan os trepas que para fuxir de dar clases no instituto entraron non sarao cultural pola vía estética e lambecús. Tampouco me agradan os lendas merendas que casan co poder ou, nunha combinación moi típica en Galicia, os que din si a todo, calan e así viven máis tranquilos. Todos moi progres, pero contra Fraga moi poucos ían. Xa veremos a ver que fan con estes.
Os que mellor me caen son os que consomen cultura galega sen esperan nada a cambio. Mesmo cando hai que facelo por patriotismo. Terían que tratarnos mellor.
Ben, e agora que xa escribín un persoal manifesto "máis acó", falo da conselleira de cultura.
Un meu amigo refírese a ela como "a diva". O que pasa é que este meu amigo desencantouse dos que agora mandan porque, como dícía Reixa nunha copla:
os que mandan agora
parecen os de antes
manda carallo
en l'Habana
Eu son un pouco menos descrido ca el e aínda lle desulpo á consellelira o embolado que lle tocou tendo que apandar, entre outras cousas, coa "Cidade da Cultura" e con ese gasto que supoñen un millón de libros editados pola Xunta (non saben que facer co-iles).
O outro día fun ao FNAC da Coruña e puiden comprobar como nesta empresa de capital francés lle dedican unha estantería aos libros en galego, mentres que inglés e francés teñen tres estanterías. O resto, castellaniño, para que lean os modernillos.
Para min isto é paradigmático da situación do libro. E o mesmo poderiamos dicir do teatro e da música galega.
Se pra ser "repeinado fillo da nada" houbera que "vivir de "algo relacioado coa,cultura,historia ou língua galegas,eu xa me podía ir despeinando,perdón,despedindo do tema.Ningún dos pouquiños euros que gano ten NIN A MÄIS REMOTA relación con iso...
Digamos que non teño "intereses criados" con iso...(Por iso as veces podo ser "cañero" co tema)
E por iso as opiniós que sobre o tema den mestres de galego,historia galega,escritores en galego,articulistas,políticos nazonalistas etc...recíboas con bastante espíritu crítico,por que son "xuiz e parte"...
Por outra banda,senón tiran do carro os que teñen intereses (non necesaramente directamente económicos),a ver quén carallo vai tirar.Alguén ó que lle faga falla "retellar" coma mín...
Polo "Purugatorio" e máis tamén pola quilla da nave chea de arneiróns, mexilóns e outras especies supostamente non agresivas; con todo, non é bo que pasen outros. ¿pra qué? ¿qué se adianta? ¿ónde leva? ¿a que sobrevivan só os máis testáns, os máis cheos de fe, os que teñan máis cunchas ca un galápago? ¿son de despreciar os que non sobreviven ou é que o seu traballo non é aportante? Hai que sumar, sempre. O que sobra purgatorio e o que falla é "purugatorio", terceiro lugar ó que mandar ós "puros", ese andacio, ese caruncho, esa peste que tanto mal leva feito.
Esa élle a "María" de tódalas batallas,anónimo.Algo así explicóu pino Aprile no séu libro "Eloxio do imbécil".Ó final o "imbécil" (testán,dogmático,galápago,reptil)é o que sobrevive
O galeguismo comme il faut, e xa non lles digo nada o nacionalismo, é coma unha relixión. Para ben ou para mal, así é como llo conto. Velaí a grandeza e a miseria do asunto dos "irmáns". Amén.
[Non vexo aos dirixentes e afiliados do PP ou do PSOE como crentes da súa: eis a diferencia.]
Coma en toda relixión, no galeguismo/nacionalismo houbo fieis que renegaron da súa crenza cometendo actos impuros e abrazando a mancheas o camiño fácil e dereito da españolidade. Mesmo algúns, despois de cometer tales actos, teimaban en dicir que non perderan a fe. Pois ben, señores/as: pasen polo purgatorio, únzanse de galeguidade e retornen, contritos e engordiño, polos vieiros estreitos, retortos e cheos de sinsabores da galeguidade. Xa saben o das chatas que non hai que poñerlle ao asunto, etc.
Arrepíntanse, condanados, e entoen o himno con todas as súas estrofas (tamén as dos escuros e iñorantes, pois non nos entenden non)
...que este Pastor do Swann aledaráse máis por unha que volva ó redil,que por cen que estén xa dentro...XDDD
Ten bastante razón no que dí,swann.Os nazonalistas,habituadamente fan moito máis proselitismo que os dos outros partidos.Entran no gremio mediante unha "caída da burra que escapa a Damasco",isto é,un proceso instantáneo e irracional,coma o enamoramento.Os recén conversos son os máis combativos...Sím.Moito en común coas relixións,ou as sectas...
Pola intervista publicada hoxe,parece que o Alfredo Conde xa se está cansando de ser "galeguista militante".Como si xa lle fora hora de tirar do carro a outros...
Aclárolle a xan da coba que eu sono (galeguista-nacionalista), sentimental e racionalmente, e que me aledaría, afectivamente, que todos os descarriados volvesen ao redil e que os que o están non marchen.
Enfrontar os idiomas é unha práctica dudosa para conseguir un sano fin, que non dubido que algúns, só algúns, (outros moitos xogan con éste tama, (máis perigoso do que parece, según como se utilice) só por darse a notar, só para montar bulla, só para ir de modernos nacionalistas, saídos da nada, desraízados e valeiros) é o que pretenden.
E é dudosa, e perigosa, porque só estreita, só reduce, só marxina. Destes tres termos, perigosos, poden surxir, resurxir, unha forma de incultura, de silencio, de silencios e, sobre todo, de amargura e de fuxida de capital de ideas e pensamentos notables ós que non lle quedará cabida na nosa terra onde naceron, medraron e se forxaron, onde, a pesar de se expresar nese castelán con fondo galego sempre, por Historia, por Cultura, por Raíces, veránse sepultados no silencio máis represivo na súa propia terra.
Ou doblegarse a un idioma por imposición, ou emigrar hacia outras terras.
Procuremos a pluralidade, coma en todo é enriquecedora. Non fagamos o contrario co idioma, medio de expresión e comunicación, vehículo da cultura.
¿Por qué darlle outras connotacións de tipo político, nacionalista radical, hasta relixioso fanático, só con parte negativa?
Pluralidade e respeto. Entendemento. En todos os sentidos.
Nónima.
Enfrontar os idiomas é unha práctica dudosa para conseguir un sano fin, que non dubido que algúns, só algúns, (outros moitos xogan con éste tama, (máis perigoso do que parece, según como se utilice) só por darse a notar, só para montar bulla, só para ir de modernos nacionalistas, saídos da nada, desraízados e valeiros) é o que pretenden.
E é dudosa, e perigosa, porque só estreita, só reduce, só marxina. Destes tres termos, perigosos, poden surxir, resurxir, unha forma de incultura, de silencio, de silencios e, sobre todo, de amargura e de fuxida de capital de ideas e pensamentos notables ós que non lle quedará cabida na nosa terra onde naceron, medraron e se forxaron, onde, a pesar de se expresar nese castelán con fondo galego sempre, por Historia, por Cultura, por Raíces, veránse sepultados no silencio máis represivo na súa propia terra.
Ou doblegarse a un idioma por imposición, ou emigrar hacia outras terras.
Procuremos a pluralidade, coma en todo é enriquecedora. Non fagamos o contrario co idioma, medio de expresión e comunicación, vehículo da cultura.
¿Por qué darlle outras connotacións de tipo político, nacionalista radical, hasta relixioso fanático, só con parte negativa?
Pluralidade e respeto. Entendemento. En todos os sentidos.
Nónima.
mar ago 21, 10:19:00 AM
Publicar un comentario