15 jul 2007

Humor
Magnífica viñeta de Gallego y Rey no Interviu desta semana

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boa sim,senhor.O que se passa é que a caricatura podería ser de tanta xente diversa e o título do disco podía ser de tan amplo espetro...

Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

Un interesante novo blog nacionalista:

http://acontrafio.blogspot.com/

Anónimo dijo...

E por que aparece neste post tal anuncio? Lapsus ou coña?

Marcos Valcárcel López dijo...

Nin lapsus nin coña. Supoño que é só unha forma de anunciar un novo blog, publicando a ligazón noutros: faise moitas veces. Aproveito para dicir que co mesmo nome, A CONTRAFÍO, existiu un grupo de debate en Ourense, creo que a finais dos 90, no que coincidiu unha parte da "intelligentsia" socialista, outra máis radical de esquerda (liña EU e demáis) e unha certa compoñente nacionalista (o que asina e poucos máis). Lembro de memoria nomes como Xosé Carlos Caneiro, Abelardo Vázquez, Nemesio Pereira, Camilo Ocampo (actual subdelegado da provincia), José M. Rubín, Cristina Huete, José Luís Álvarez "Chelís", Xulio Álvarez, ocasionalmente asistiran tamén Millán Picouto e outras persoas.
A cousa acabou mal, por razóns que agora prefiro non relembrar. Pero deu abondo de si e foi criticado pola opinión conservadora da cidade. A proposta do nome fora miña, nunha minicomisión que tamén estaba Caneiro e alguén máis.

Anónimo dijo...

ACONTRAFIÖ mantúvose un tempo como páxina web.Foi o único "aire fresco" informativo durante un tempo en Ourense, e levantóu noticias que ningun dos xornáis se atrevía a sacar,entre eles o caso UCOSA e outros que ,logo de ser publicados en acontrafío.com xa salían á prensa convencional.Hastra que se cansaron os promotores.Un saludo no tempo a todos eles...

Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

Dedúcese das súas palabras, que aquel acontrafío serviu para que traballasen os de sempre,que para iso tamén teñen tempo, para que puideran manterse na profesión algúns xornalistas, para promover cargos intermedios do PSOE e para pouco mais; teñan coidado coa auto-complacencia

Anónimo dijo...

Aquel Contrafío ourensán non ten nada que ver con este outro Contrafío. Son cousas diferentes.

Anónimo dijo...

Na web d' "A Contrafío" publicara eu os primeiros artigos internéticos. E tivera un pequeno debate cun asinante (Serxio López) do PSOE. Dáme a impresión de que a sinatura non debía ser nome propio (de pía).

Anónimo dijo...

Amigo XM González, ben vexo que sigue cos debates (acalorados), baixo outros nada disimulados alcumes, sobre temas semellantes noutros fíos sobre nacionalismo.