27 jul 2007


O partido do riso e da felicidade
Andoliña 27 xullo, Galicia Hoxe

Tal como recollía onte este xornal, Manuel Rivas dixo en Santander, nun curso da Universidade Menéndez Pelayo, que había que fundar "o partido do riso", a propósito do de-sagradable secuestro da revista El Jueves. Coincidía Rivas coa miña columna destoutro día en defender os bufóns e reivindicar a ironía: "Paréceme asistir a un episodio doutra época", afirmou o novelista. Pois ben, ese partido do riso, que dende logo sería un pouco especial e diferente das forzas políticas máis convencionais, debería ter como obxectivo non a habitual loita polo poder, senón máis ben a conquista da felicidade.
A este partido do riso non poderían pertencer, segundo o canon que xa citamos de Bertrand Russell, nin os envexosos nin os competidores compulsivos. Nin os fatigados nin os molestos e excitados. Nin os vencidos polo concepto do pecado. Nin os que padezan manía persecutoria. Nin tampouco os obsesionados polo medo á opinión pública. Todos estes levan canda eles as causas da desgraza e mal poden, pois, defender a causa da liberdade e do riso.
Os que queden fóra dese catálogo, que ó cabo serían poucos, militarán (militaremos de bo grao) no partido do riso.

27 comentarios:

Anónimo dijo...

Ui! Demasiadas normas para pertencer a un partido que representa a liberdade e o sorriso!
Non chegaría con ser simplemente un mesmo desfrutando da nosa alegría e da dos demais?
Preciosa foto!Unha gargallada cautivadora!
A enerxía positiva sempre contaxia marabillas!
Bicos de beleza interior tamén con imperfeccións.
O 1 de agosto desfrutarei do meu amigo o mar durante 17 días ininterrumpidos, dialongando sen verbas, entre silencios, olladas e ondeando na escuma susurrante. Que ganiñas!

Yoli :-)

Anónimo dijo...

A mín,a risa da foto que encabeza o post non me parece sinceira...

Anónimo dijo...

A min sempre me encantou o sorriso de Julia Roberts e a súa mirada inocente.
Veña! Xan! Hai que ollar o vaso medio cheo e non baleiro!

Anónimo dijo...

Sorr� coa boca,pro non c�s ollos.T�s raz�n: � unha sorrisa a medias...T�palle os ollos e parece que sorr�.T�palle a boca e ves que non.� a metade baleira da garrafa

Anónimo dijo...

Eu sempre quixen ser como Hugh Grant en "Notting Hill" (1999). Adiviñan por que?

Anónimo dijo...

jajaja!anda! vai recoller mel "a.p.i-c.ultor"! non falabamos de felicidade interior e non material?
Y

Anónimo dijo...

aínda que interior tamén habela haila...
Y

Anónimo dijo...

Xan de Coba: fai un curso de "Relacións entre a anatomía do rostro e porcentaxes de felicidade".
Seguro que andas a babear pola Roberts, por iso estás tan meticuloso...(jiji)
Se xa lle das tanta volta a unha foto, lévalo crudo para ser feliz!!
Y

Anónimo dijo...

Pero Yoli, se o dicía unicamente porque a Julia agasallaba a Hugh cun Chagall auténtico. Lémbrao?

Anónimo dijo...

�Admitir�ase no partido a xente coa sorrisa tipo "gato de cheshire"?
sonrriso cheshire

�Comprar�alle un carro de segunda mau a algu�n con ese sorriso?

Anónimo dijo...

Eu a Julia Roberts compráballe todo o que me vendese, amigo Xan da Coba.

Anónimo dijo...

Pois a verdade é que non, ás veces teño problemas de amnesia, pilláchesme, "recollemeles", se é que non o estás a inventar. O meu consuelo é que contemplei e toquei (ás agochadas e rápido) varios Chagalles e Klimts e demais pintores aos que admiro no Metropolitan Museum de Nova York e tamén noutros museos de Washington, mais sen Hugh Grant (nunca me gustou este home, nada de nada). Toquei os cuadros eu soíña, todos para min, como unha posesa ególatra e feliz.
Y

Anónimo dijo...

Y: Lín varios libros de fisiognomia e outros similares ¿sabe pra qué? pra ver se así aprendía a facer caricaturas,que é unha das frustraciós que me fan infeliz...:(((
¡Canto me gostaría poder caricaturizar,aínda que me custase a cadea!

Anónimo dijo...

Non entendo nada. É que Julia Roberts (que, por certo, ten un irmán que mete medo) é a líder do partido ese do riso, que non é arroz como logo me decatei? É que Rivas lle vendeu o sorriso a Xan de Coba por un Chagall do apicultor ese que lle gusta á Yoli? Estou perdido ou é que estamos na fin de semana do fin de mes do comezo do verán?

Anónimo dijo...

Pois XAN, comece por JULIA, porque Marquiños xa está, despois siga co da etiqueta deste post, con Manolo Rivas sorrindo, penso que ten moitos rasgos caricaturizables!
Y

Anónimo dijo...

Non, non invento nada, Yoli. Alúgue a película nun vídeo-club e pase unha hora e media de entretida comedia romática. Se vostede tivera a intención de regalarme un Chagall ou, no seu defecto, un Klimt, estararía disposto a namorarme de vostede para sempre, aínda que non fose como a Roberts. É que eu son moi espiritual.

Anónimo dijo...

Y:
Xa que non lle gosta Hugh Grant,eiquí ten un sorriso ben másculo e ben viril.A éste metémolo no partido:

sorriso viril

Anónimo dijo...

Benquerido XAN:
non vos dixera antes que prefiro aos homes serios e melancólicos, lánguidos, románticos.....
mais debo recoñecer que a isto si lle chamo "sorriso masculino e viril", mais prefiro as dentaduras de burro cara adiante. Creo que aquí non hai moito material....
A-P-C:
si que vin a peli, pero hai séculos. E por certo, a miña espiritualidade compensa a miña fealdade (ningún de vós viu aínda O PEOR DE MIN). Mais engado, son unha muller misteriosa....
simplemente porque non hai encanto ningún que ensinar: mellor, así non hai competencia.
Bicos a todos, voume lonxe, lonxe, é hora de comer, e esta fin de semana exíliome no "País dos feos/as amorfos/as"
* é un pracer non ter que acudir a Corporación Dermo(histérica), entre outras cousas porque non teño un puto duro.

Saúde, felicidade e eróticos soños con Julia Roberts

Yoli :-):-)

Anónimo dijo...

No nos sexa tan modesta, amiga Yoli. Se os seus encantos físicos son tan só a centésima parte dos espirituais que aquí amosa, sen dúbida que é ben fermosa.

Que lle vaia ben nas vacacións a carón do mar.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Señor-caballerete a.p-c: xa llo dixen unha vez e non llo vou volver repetir: isto non é un chat, senón un blogue culturalista, galeguista e socildemócrata. Canles hai, na procelosa interrede, para botarlle unha chiscadela a quen queira.

Anónimo dijo...

Home, Mr. Swann, canto tempo: sexa vostede benvido!

Xa está de volta polas Barcelonas? Non lle afectou o apagón? E non me sexa tan ciumento, meu, non ve que estamos no verán e que agora tomamos lixeira sangría estival no canto de adusta absenta de inverno?

Anónimo dijo...

A RISA E O PRANTO,son prácticamente indistinguibles desde o punto de vista fisiolóxico.Faga a proba:chore,e ó mesmo tempo,trate de sorrir.O resultado é que rí.Somos o único animal que pode facelo ¿Por qué?.
Un neno nace chorando.Ahí non hai nada que aprender.Aprende a sorrir unhos meses despóis.Aprende a rir xogando coa nái (e o pái).A clave é a seguinte: a náe plantéalle un problema ó fillo (escóndese,tírao ó aire,etc..)pero,inmediatamente "resolve" o problema (reaparece,cólleo na caida,etc...)Ese conflicto entre o problema (que xenera o pranto) e a feliz resolución (sonrisa) mistúranse,e o resultado é a risa.
Tódas as situaciós cómicas e os chistes xogan,de forma máia ou menos velada ,con eses dous elementos.Por eso rimos de alguen que cáe ,se non se mancóu,etc...
Desde logo,fai falla un "cerebro superior" pra fecer iso.
Ese "partido dos que rín" sería xente intelixente,de seguro.(Tamén se me lembras unhas `polémicas declaraciós de Aranguren,citado no post,decindo que a xente intelixente é de esquerdas...)

Anónimo dijo...

O Partido do Riso é moi necesario hoxe en día. Estou totalmente de acordo contigo.

Anónimo dijo...

No meu pobo ós apicultores chamábanlle meleiros.
¿Non houbera un Meleiro famoso?

Anónimo dijo...

Ese Meleiro foi demasiado famoso en Ourense. Mellor deixalo no esquecemento que merece.

Marcos Valcárcel López dijo...

FERNANDO MELEIRO foi un dos primeiros dirixentes da Falange en Ourense e escribiu un libro, autoencomiástico e xustificatorio, titulado "Anecdotario de la Falange en Ourense". Ten cousas un pouco disparatadas, pero tamén dá bastantes datos: p.ex. dá a lista dos 33-34? (tería que miralo) militantes de FE en 1933 e informa de como os cachorros falanxistas ían facer prácticas de tiro ó Montealegre no 36 (teño fotos dese grupo, cedidas por unha militante jonsista xa falecida e que publicarei algún día).
Este libro circulou en fotocopias por moitos lugares e tamén o coñecen escritores como Manuel Guede, que quizais o usou como inspiración nas súas "Vésperas de Claudia".
Xan da Coba seguro que xa sabe todo isto, pero quizais outros lectores/as non.

Anónimo dijo...

Onte ceéi coa Julia que encabeza o post.Charlamos bastante e,xusto cando escomenzábamos a intimar,tiven que lle dicir:

-Desculpe,señorita.Vostede non pode oílo,pero nun mundo paralelo está a soar un despertador.En breves istantes desapareceréi do seu lado.¿Teño tempo de darlle un bico?