23 jul 2007


Palabras para os amigos (monseñor Araúxo)

A non asunción ou non aceptación activa do noso ser galegos e do noso ser pobo galego é algo que afecta negativamente a tdoo o pobo, porque cada un de nós somos unha célula concreta e peculiar, un órgano vivo no conxunto do corpò que sería o pobo. Necesariamente, funcionar ou non como galegos vai repercutir na vitalidade do noso pobo que non é unha esencia abstracta, desencarnada, senón un corpo vivo, e a carne e a alma dese corpo é a terra e somos nós.

Non hai unha maneira neutral de sermos galegos: ou o somos activa e positivamente ou o somos negativamente. Sendo como é un pobo ameazado, ou o axudamos a que perviva ou contribuímos á súa morte. Non hai neutralidade posible: ou amamos ó pobo galego ou o odiamos. Os semitas tiñan moi claro que, en fondura, só hai dúas actitudes: a do amor e a do odio; e tiñan tamén claro que o odio sempre mata a un ou outro nivel: "quen odia a seu irmán é un asasino". Non amar a Galicia -pobo galego- é matala. A indiferencia nunca é neutralidade".
(Do seu discurso cando recibiu o Premio Trasalba, publicado pola Fundación Otero Pedrayo, 1989, pp.18-19).

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Todas as testemuñas apuntan a que foi unha excelente persoa e un bo clérigo, ademais de expoñente do catolicismo galeguista.

Quédome, en todo caso, coas anécdotas humanas e entrañables que conta a miña tía de cando era un simple sacerdote.

Que a terra lle sexa leve. Dito sexa dende o meu inevitable ateísmo pero tamén con todo o meu respecto.

Anónimo dijo...

O país débelle un recoñecemento sen reserva; que a consagración como bispo fose en galego é feito inapelable, e o testemuño non tivo máis devalo cá retirada do primeiro plano. É unha das figuras que sacudiron a miña mocidade.

En paz estea.

Anónimo dijo...

Dios mío: este bispo, si es más cursi, revienta. Y pensar que de esta relamida ñoñez de sacristía salen luego los idiotas del horror, los de las pistolas y la goma dos, los que asesinan a los asesinos que no aman su Patria (porque no ser nacionalista es un crimen, un asesinato, como todo el mundo sabe).

Marcos Valcárcel López dijo...

ÍA BORRAR ESTE ÚLTIMO COMENTARIO (anónimo) tan indecente, de verdade, e tan falso, sobre todo cunha persoa que acaba de morrer, pero vouno deixar aquí. Por dúas razóns: porque creo que o bo de monseñor, na súa bonhomía, aceptaría de bo grao mantelo e mesmo sería capaz de perdoar ó seu autor. E porque iso demostra que hai voces, que chegan da carcundia máis fonda (é evidente), que nas súas campañas desaforadas ata se amosan a estes lares lonxe do seu espírito belicista. En fin, ó mellor ata se lles pega algo. (A maiores: o que escrebe non sabe nada da realidade da Igrexa en Galicia, máis que evidente).

Xaime dijo...

Amigo Valcárcel, fai ben en non borrar este último comentario xa que desvela que hai xente para todo e non entende de compromisos éticos.
Seguramente Monseñor Araujo non seña recordado como, por exemplo Rouco para os medios oficiais, pero no pórtico da groria dos bós e xenerosos sempre estará o seu sorriso e amabilidade para quén, incluso o anónimo inxurioso.

Anónimo dijo...

E,desde logo,o comentario trae a súa correspondente "carga xenética exogámica" que nunca ven mal...

Anónimo dijo...

Haille moito fanático, señor Valcárcel. E moito simplicio simplicísimus disposto a que todo encaixe no seu pequeno mundo de etiquetas.

Anónimo dijo...

Moito fanático descerebrado e infame, certamente. E esa si que é unha plaga ben difícil de erradicar.

Anónimo dijo...

As persoas que respetaron ao bispo teñen dereito a manifestar a súa dor e o seu agradecemento. Parece fóra de lugar vir á homenaxe que aquí o amigo Valcárcel propón, con participantes ademáis que falan ben do bispo, para aldraxar ao finado. Fóra de lugar, inoportuno. Pero eso non quere dicir que o seu labor (como o de toda a igrexa) non poda ser convenientemente sometido á crítica e á análise (ponderada ou non), pero noutro momento, noutro lugar.
E outra cousa son os siloxismos de reducción ao absurdo que tanto gustan entre os comentaristas totalitarios.

Anónimo dijo...

Sr.Arume: O seu último comentario paréceme o máis ponderado e mesurado.¿Non será vostede xuiz.por un acaso?