3 jul 2007


Tes os olliños negros.

Pan por Pan 3 xullo

Dos ollos e do seu poder no amor escribín o pasado domingo: os moi cultos seguidores/as do meu blog enriqueceron as referencias literarias, de Lope de Vega a Petrarca, e de Xoán García de Guillade a Louis Aragon. E as mesmas imaxes arredor dos ollos e os amantes aparecen ademais na poesía popular galega. Por exemplo, os ollos e o “morrer de amor” dos trobadores, nesta cantiga: Eu non sei que tes nos ollos/ que, se me miras, ti matas;/ mátasme, se para min ris;/ mátasme, cando me falas”. E a beleza exclusiva dos ollos da amada, os únicos capaces de crear o misterio amoroso: Moitos, moitos ollos vin, / e sólo ós teus, miña rula,/ e sólo ós teus me rendín”. E xa saben, se os ollos verdes son traidores, semella que a este poeta anónimo lle engaiolaban máis os negros: Tes os olliños negros/ como a seda de coser; / nacemos un para o outro:/ que lle habemos de facer”.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

votailhe unha olhada:

http://www.youtube.com/watch?v=nUDIoN-_Hxs

Anónimo dijo...

Women in art

Anónimo dijo...

camaco... que majo... que bunitu...

Lula Fortune dijo...

"Los ojos con que me miras no son ojos porque yo los vea, son ojos porque me ven".Creo que é Antonio Machado, cito de memoria.

Anónimo dijo...

Os ollos, mellor aínda os olliños, fascinan, encantan, engaiolan, prende, toman, allean...

Lémbrade, amigos o comezo da primeira elexía de Propercio:

Cintia, a primeira, tomoume, pobre de min, cos seus olliños,
antes de me rozar ningún desexo.
Logo o lampo abaixoume da constante fachenda
Amor, e premeume a cabeza co pé imposto,
até que me aprendeu a odiar as castas mozas,
infame, e a vivir sen ningún designio.

Unha aperta de Xiao Roel

Anónimo dijo...

O Olho do home invisíbel non ve.Ou sexa,O home invisíbel é necesaramente cego (pura física).(Famosa cuestión de óptica...)

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

¿Bunitos eses olhos?...
Razón tenhen os brasileiros:Nao ha mulher feia,voÇé bebéu pouco...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Non sei se a estatua da foto é exipcia,pero recordo que os exipcios pintaban on olhos asím pra asemelharse ós gatos...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

A Salaam Maale kum

Ana samay xarit yi marcel ak arume ak ap.c? Dungeen bind tey? damay xaar...Damay sopp nafar leen...

Anónimo dijo...

Das diferentes versións de "Ociy cernye", prefiro esta.

Anónimo dijo...

Por favor, amigo XMG, como pode disfrutar do kitsch soviético perpetrando esta belísima canción. Ollos negros, cantado por calquera ruso, sen acompañamento musical, cuns vasos de vodka máis transparente que as augas do Angará, é moito mellor ca esta megalómana arroutada do exército ruso.

Anónimo dijo...

Spassiba,XM glez,Drug moi...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

(Cómo caralho se farán os caracteres cirílicos no teclado...)
Mr Troll

Anónimo dijo...

Máis nostalxia de Moscova:

http://www.youtube.com/watch?v=iT0JPXv433s

Anónimo dijo...

Megalo si, nada de teima; grandiosidade que eu puiden presenciar en directo, no Pavillón dos deportes lugués, ha de haber vinte e pico de anos.

Tal como a poesía, moito me gusta cantando un ruso que cante ruso e ben. para o que suxire vde.: solista a capella, lírica saudade con ou sen vapores, poña hora e día; Youtube tamén vale.