Xornais de verán
No verán os xornais reformulan as súas seccións seica para "alixeirar" os contidos ó tempo vacacional. Polo xeral, para min, estes cambios son bastante negativos: agás excepcións, os xornais perden substancia e queda unha cousiña así como etérea e moi de revista rosa. Tamén aparecen, ás veces, novos colaboradores e novos debuxantes (algúns gratis, p.ex., nalgún xornal galego). En El País aparecen estes días unhas viñetas dun que asina Brieva, na sección "El otro mundo". Pego aquí o debuxo do pasado domingo 22 que me pareceu realmente simpático (se non se le ben, poden ampliar a imaxe clicando enriba dela).
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
7 comentarios:
Moi bo. Realmente ás veces para algúns pais destes "okupas" adultos, debe ser un coñazo a vida familiar. Chegará un momento no que dirá: "que mal me cae este tipo¡¡"
Un saúdo
As viñetas dese dibuxante sáen habitualmente na edición española da revista "Rolling Stone".Ë un humorista moi ácido.
Enlazo outra con piada,como día en Portugal.
Brieva
Tamén no País pode verse a banda deseñada de Zits, un adolescente de libro!!!! Eu merquei un libro no Fnac da Coruña e é realmente moi bo. Saudos.
Un señor,xa falecido,contábame nunha ocasión tódolos problemas familiares derivados da adición ás drogas dun dos seus fillos.Detallóume cómo,no trascurso dunha forte discusión,o rapaz tentóu de tirarse polo balcón,pero ó pai mantúvoo fortemente preso e no final conseguíu metelo pa dentro.
Chegado a ese punto do relato,miróume e dixo; "Pasóuseme pola cabeza.Non che digo máis.Non che digo o qué..."
Brieva debuxou na falecida revista "El Vibora" e tamén sacou traballos na censurada "El Jueves"
Vaia,parece que o tema de este post pode ser de actualidade editorial...
temos que falar de Kevin
Publicar un comentario