LA CASTA, DE RIZZO-STELLA (31-08-07)
(Atendendo as peticións recibidas reproducimos aquí este artigo de ARUME, collido en préstamo dende o seu blog)
Para meu amigo a. p.-c., agora Apicultor
Case vinte impresións en apenas dous meses. Número un de ventas en Italia en libros de ficción e non ficción. E iso con andeis cheos de novelas premiadísimas e de libros que resaltan, con énfase sensacionalista, a crise política do país italián (outro día falarei das librerías). O libro en cuestión, traducido como A casta: así chegaron a ser intocables os políticos italiáns, é un repertorio abraiante de cómo os políticos italiáns constitúen un grupo apartado dos cidadáns, empeñados en gastar, de modo absolutamente indecente, os cartos públicos. Os autores, Sergio Rizzo e Gian Antonio Stella son xornalistas do Corriere della sera, expertos en información económica e editorialista o segundo do propio xornal. Apoiados en datos sacados non moi doadamente das contas italiáns, repasan un por un os distintos niveis da administración italiana, desde a Presidencia da República ata os alcaldes pasando por Presidente de Goberno, Ministros, Parlamentarios, Senadores, financiamento de partidos, gobernadores das rexións, parlamentarios rexionais e toda a corte de funcionarios, asesores, amigos e demáis persoal adscrito á calquera desas instancias. Todos, pois, con soldos e con indennità (o que aquí chamamos consolidación ou paga a perpetuidade por ocupar tales postos).
O resultado da investigación, tal é o nome que lle adxudican ao libro, é demoledor. Resulta, sen embargo, imposible facer un resumo de todo o libro porque se presenta como un catálogo dos escándalos máis eminentes. Unha pequena introducción no primeiro capítulo de escasa entidade teórica pero sólida presentación coloca a todos os grupos políticos, sen excepción aínda que con matices, nunha especie de limbo social que eles chaman sen dubidar casta. Termo que agora mesmo en Italia aparece por todos os lados como resultado e consecuencia do éxito indudable do libro. Os autores teñen o cuidado ademáis de evitar calquera tentación demagóxica co emprego dunha ironía por momentos vitriólica, que resulta nalgúns casos insuficiente diante da magnitude da denuncia. O libro está cheo de anécdotas insólitas que permiten, de forma exemplar, adquirir unha idea cabal das dimensións das barbaridades políticas do país. Ao final un apéndice, que fotografiarei para ensinárvolo, resulta moi ilustrativo.
A conclusión do libro é inquedante: a pregunta que formula calquera lector é sempre a mesma: cómo pode sobrevivir un país a este roubo manifesto á cara, sen vergonza nin disimulos, de todo o mundo? Eu, desde logo, non teño respostas. O único que teño é unha escolma de textos que puiden traducir para dar conta do fenómeno. Vaia aquí os primeiros exemplos. Para tomar nota, Gaiás e sobresoldos:
1. Vós de Estado.
Tomade cinco Boeing 737 coma eses da Ryanair de 150 pasaxeiros e facedeos voar de Roma a Londres ida e volta. Todos os días, Nadal e Fin de ano incluidos. Ou alugade oito jet privados de envergadura coma os Gulfstream V de 18 pasaxeiros na ruta Roma-Madrid e volta. Todos os días, Nadal e Fin de ano incluidos. Ou collede en aluguer trece aerotaxis de nove pasaxeiros e mandádeos de Roma a París e volta. Todos os días, Nadal e Fin de ano incluidos. E facede en suma todas as hipoteses que queirades pero as contas non teñen volta: como carallo fixo Palazzo Chigi, no último ano da era berlusconiana, para gastar 179.452 euros ao día en vós de estado? Como fixo para acumular 37 horas de vó ao día? Por curiosidade, quen viaxaba naqueles avións de Estado? Secreto. Confirmado, mesmo despois da entrada de Prodi: secreto.
2. Viaxes varios.
O máximo foi o da Rexión Sicilia que, tendo que preparar un campeonato mundial de ciclismo, organizou un viaxe a Oslo para ver coma o montaban os noregueses. Foron 120, incluidos os músicos dunha orquestina folk, as mulleres (foi espectacular a explicación do asesor Sebastiano Spoto Puleo: “que íamos facer? Despois ían dicir que erabamos os únicos homes de Sicilia que deixabamos en casa as mulleres” (no orixinal en siciliano: “fimmini”), 30 xornalistas e 4 cociñeiros. Os cales viñan precedidos por un trailer de despensa con todos os ben de deus: pomodorini secchi alla bottarga (tomates secos con mojama), berenxenas ao fiuncho silvestre, e viño de Donnafugata.Outra vez, tendo que preparar unha universiada, decidiron ir ver como organizaban os xaponeses en Fukuoka. E montaron unha viaxe que, se non fora bloqueado pola apertura dunha investigación, prevía unha excursión ao país do sol nacente de 231 persoas: deputados, funcionarios, amigos. Máis o necesario para darlles aos hóspedes xaponeses un simpático espectaculiño durante a cerimonia de apertura: 30 abandeirados de Siena, 30 trapecistas da Emila Romagna, 30 gondolieros veneciáns, dez cantantes románs e 30 Pulcinella napolitáns. Todos con reserva en el Hyatt Residence: 500.000 liras (uns 300 euros) ao día. Caro? "Non, non", explicou o asesor de turismo Luciano Ordile: “Dinme que o café costa 10000 liras!”. E preguntáronlle: Non bastaba, por exemplo, levar só os traxes de Pulcinella e usar figurantes xaponeses? Resposta: “Non entendo todas estas polémicas. Non estamos organizado unha festa de aldea.”
Continuará.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
30 comentarios:
Acabo de decatarme dunha cousa: non sei se falando deste libro lle estamos a dar ideas para o futuro á nosa "caste autóctona e autónoma".
Que xa sabemos que forma parte da idiosicrasia galaica o de facer festas e banquetes tirando a casa pola ventá (ben, neste caso sería tirar o erario público, que sen dúbida lles doería menos).
Non hai nada peor que os "novos ricos". E os nosos primates políticos estanse a comportar como novos ricos (aclaro que "primates políticos" é, estritamente, sinónimo de prohomes políticos).
(Seguiremos falando dos escandalosos sobresoldos que se autoadxudicaron con total estulticia...)
O que está claro é que a oposición política como mecanismo de control non funciona...
Aquí hai tema político para outro(s) fío(s). Coinciden (?) no tempo tres falcatruadas:
- As últimas oposicións de educación en Galicia. Desde a Consellería de Educación (PSOE) favoreceuse descaradamente aos sindicatos... perdón, quixen dicir aos interinos.
- Desde o goberno de progreso (vía Méndez Romeu e co apoio do impresentable presidente) están a engordar unha casta ou caste funcionarial, máis que xenerosamente ben paga e adicta (?).
- Tamén nos encontramos con alcaldes que soben o seu soldo até límites incribles, amparados no feito de que teñen a maioría no salón de plenos, e do aumento de dedicacións exclusivas en moitos concellos, aínda naqueles que están arruinados.
O peor de todo isto é que o resto dos partidos cala. Ídem sobre o proxecto do Gaiás.
Amigo Marcel: non sei se darei feito co seu novo nickname.
En todo caso, vaia a proposta dunha decidida plataforma cidadá desde onde sexa contra eses puntos que vostede moi ben sintetiza. Non pode un goberno de esquerda permitir todas estas barbaridades. Pola (re)xeneración democrática xa.
Graciñas, arume (ex-arume).
O partido autonom... (quixen dicir nacionalista) cala. Ademáis de autonomista-nacionalista, tamén podería ser de cando en vez o partido da intelixencia, con ou sen pacto. Todo este engorde e ceba da caste funcionarial e cargos de libre designación nace nun momento en que o pacto de goberno fai que se dupliquen os asesores, coa conseguinte duplicidade de soldos e merendiñas.
E a oposición liberal? O PP-ga-ga carece de creto e o seu líder de personalidade. Non din nada novo.
Como di meu pai: "uns tápanse a outros". Prometeron unha cousa, e agora fan outra.
Nas oposiciós de Educación,e nos crierios de solicitude de vacantes e nunhas cantas cousas máis dese departamento hai unhos líos de carallo.Por certo,saberá qué cargo ocupa A DEDO a muller do Mendez Romeu,cargo que por certo lle vái ancho de carallo
A sociedade papanata confía nunhos ladrós (oposición) pra vixilar ós outros...
COmo o amigo Valcárcel tivo a ben trasladarme á súa solaina, emplazo eiquí outras escolmas. Perdoen se sustitúo a traducción pola paráfrase.
3. Os coches.
No ano 1993 os da Lega Nord propuxeron abolir os Croma, Mercedes e Bmw e sustituilos por Panda, Cinquecentos, Renault 4 e Fiat Uno. Esa proposta xa sabemos como acabou. A candidata da Lega para o véneto declarou: "É verdade que a Lega propuxo iso. Pero para unha muller e unha nai coma mín, hai que decir que o coche oficial é unha comodidade grande. Non sei como faría sen que viñeran buscarme todas as mañás".
Certo é que cando pasas toda a vida en coche oficial vólveste esixente. Como aconteceu en xaneiro de 2007 cos admnistradores rexionais do Véneto.
Un Lancia Thesis 2.4 JTD full optional cos asentos en pel? "Non me gusta". Un Volvo S80 2.4 D5 (185 cv) Summum? "Non me gusta". E así varias berlinas de luxo: ningunha satisfixo a Giancarlo Galan e os seus 12 asesores. O ideal sería un Rolls ROyce Silver Seraph Park Award de 309.000 euros. O un Lamborghini Murcielago de 259.000 euros. Eso sí estaría ao nivel de un Eccellentissimo Onorevole SIgnor Assessore della Regione Veneto. Pero son anos de vacas fracas. Entón, na incestante adicación ao ben colectivo, decidiron renovar o parque automovilístico buscando aforrar. E, renunciando aos asentos de pel o ás manillas de ouro, contentáronse cunha flota de coches de auto superluxo que acadan os 300 kilómetros por hora. O ideal para poñerse á cola nos embotellamentos.
Eliminados, pois, os 15 "vellos" Lancia Thesis 2400 Turbodiesel, versión executivo de 185 cabalos (costo do aluguer en 2004 por 75000 kilómetros cada uno: 424.800 euros) e, descartados como piollosos utilitarios todos os coches de 1800 a 2500 cc, utilizados non obstante por reis, raíñas e xefes de estado, os novos dogos veneciáns puxeron a mirada nunha precisa categoría de coches. Querían pois aluguer a 24 meses (436.000 euros máis ive) 13 coches con 3000 cc ou circa, alimentación diesel, tracción integral, lonxitude non inferior á 480 cem e anchura non inferior a 180 cm. Navegador por satélite, tapizado en pel, climatizador automático, cristais laterais e traseiros escuros.. COnclusión: non había ningún coche italián que respondera a estas características. Tiñan que ser Audi, Bmw, Mercedes ou Volkswagen. Pero non podían cambiar algunhas cousas. Non, imposible. A tracción integral, por exemplo, debía servir "para mellorar de forma significativa a seguridade activa" e "asegurar un mellor confort"...
E que van facer con estes coches que corren a 300 kms hora se o Véneto é desde hai anos unha inmensa área urbana cos límites de velocidade á 50 hora e de Padova a Bassano os navegadores preven unha media de 41 kilómetros por hora porque as estradas en suma son de continuo un xigantesco atasco?"
Continuará. (Se non aburren os datos)
Da importancia do libro de Rizzo-Stella fala a utilización do termo casta na terminoloxía habitual dos xornais a partir da primeira edición. E, sobre todo, na idea de ampliar a outros orbes a idea. Por exemplo, na revista L'espresso apareceu en agosto unha reportaxe titulada L'altra casta, a outra casta, adicada íntegramente aos sindicatos. Se queren vostedes datos ao respecto, non sei se serán aínda máis sangrantes. Xa me dirán.
Continúe, continúe, amigo Arume, faga o favor. E poña tamén datos dos sindicatos italianos, que deben ser a "releche", sospeito.
Sen que serva de precedente, estou de acordo con Marcell Swann (ex Marcell Swann).
Con todo, eu faría algunha matización.
Aos tres puntos sinalados, eu engadiría o da elección do Valedor do Pobo.
Asuntos todos estes nos que, por acción ou omisión, o BNG é igualmente corresponsable, e o PP tamén.
E, verbo da impresentabilidade, non creo que o Presidente o sexa máis que o Vicepresidente, ou viceversa.
Pola miña parte, e tampouco sen que serva de precedente, vou colaborar na recollida de sinaturas que disque vai emprender a CIG contra o dos sobresoldos.
Hai cousas que son insoportables, e esta é unha delas. Sinceramente.
As típicas soluciós altamente imaxinativas i eficaces dos sindicatos.Recollida de firmas.XDDD
Marcel cun só "l", sr apicultor.
Estase instaurando na consellería de ben-estar do sr ex-quin un aire neo-merendiñas máis propio do traballo daquela actualizadora da Sección Feminina, por vía democrática, que era a sra Besteiro. Isto e a duplicación de cargos por separar o goberno galego en dúas partes ben diferenciadas son as chatas ou tachas maiores que lle apoño ao nacionalismo vergonzante. Ademáis de calar diante das falcatruadas do sr Romeu("a faciana amable do vazquismo") e da sr Sánchez Piñón (Educación)
Creo que, neste caso, amigo Da Coba, non se trata simplemente de recoller sinaturas e xa está.
Trátase de recoller 15.000 sinaturas para poder presentar unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia para derogar a normativa dos sobresoldos.
Daquela, se ese debate se produce, pode resultar moi clarificador e instrutivo ver a uns e a outros posicionándose ao respecto.
Eu, xaora, penso recoller un par de dúcias de firmas.
O.K. Api-cultor.Touché.Nada que engadir.:)
Na lista de persoas que figuran no libro destaca a de Toni Negri. Negri saiu da cadea, onde estaba desde abril de 1979 baixo unha montaña de acusacións de relacións co chamado terrorismo roxo, para entrar no parlamento polas listas dos radicais o 12 xullo de 1983, entre asubíos do MSI e o desprezo de case todos os outros. Daquel momento quedou alí 64 días, convocado 9 veces.
Da súa estancia parlamentaria quedan nas actas dúas cousas. Unha proposta de lei "pro domo sua" titulada "Normas para a reducción da duración da prisión preventiva e pola concesión da libertade provisional", e unha carta ao presidente da cámara para que outro parlamentario restituise o seu honor, non porque lle falase do seu pasado de insurrección armada contra o Estado ou secuestro de persoas, senón porque lle preguntar como conseguira a súa cátedra universitaria.
Ben: por estas 9 sentadas no parlamento no que estaba e non estaba, Toni Negri cobra todos os meses, desde 1993, cando cumpliu os 60 anos, 3108 euros.
Hai algo familiar en todo esto, non sei por que.
4. Cartos para os partidos.
Durante as eleccións europeas de 2004, os partidos gastaron 88 millóns de euros. Cando pasaron por caixa para cobrar retiraron o triple: 250 millóns de euros. Froito dunha lei aprobada nun abrir e pechar de ollos en 1993 e criticada mesmo polo Consello de Contas??
Pero non é todo: sabedes quen paga se un xornal "órgano de partido" cae en picado? Os cidadáns. Nun lonxano agosto de moitos anos( sucede sempre en agosto: sempre) foi establecido coa Lei 416 que non só os intereses dos xornais foran cargados ao erario público senon que o Estado ofrecera a garantía para as súas débedas. Garantía extendida no 1998 polo goberno de centro esquerda pra dar unha man a L'Unità, sumida nun abismo financieiro con números roxos. Ulteriormente extendida no 2007 polo segundo goberno Prodi para as débedas de todos os partidos acumulados ata 1999. Resultado: en caso de crack (o máis simplesmente de falta de pago nun pleito) os acreedores veñen satisfeitos con cartos públicos. O mesmo usado para saldar, despois do naufraxio de Bettino Craxi e do PSI baixo a ofensiva xudicial, aos acreedores do "Avanti". Liquidados ao fin de 2003 con 9 millóns e medio de euros. Pagados por todos nós.
Grazas, amigo Arume por seguir ilustrándonos.
Abraiante. Non se pode dicir máis.
O caso de Toni Negri -unha "menudencia" comparado co resto- é tamén para reflexionar como as elites son as elites, sexan ou non anti-sistema.
Non ía introducir outra alfaia hoxe, pero, como noutro post se falaba de Teresa de Calcuta, este é realmente bó, sobre Letizia Moratti, alcaldesa de Milán por Forza Italia (cuñada, entre nós, do presidente do Inter).
Gianmarco Moratti, o marido de Letizia, ricacho italián, cos cartos gastados na campaña da súa mullere, aforrou máis cartos que se os entregara a un laboratorio científico dedicado á leucemia infantil. Pensaredes: imposible. Pois, si. Di a lei que "as donacións a organización, entes e asociacións sen ánimo de lucro poden desgravar impostos por un 19% ata un teito máximo de 2065 euros e 83 centésimas. Teito que para os financiamentos políticos son cincuenta veces máis alto: 103.000 euros. Poñamos un exemplo, Tomemos un empresario con muller, dous fillos, un rédito dun millón de euros ao ano e 423.170 euros de pago de impostos. Se dona 100000 euros a una ONG (por exemplo, una comunidade de inválidos ou de nenos leprosos de Madre Teresa de Calcuta) va a pagar 422.777, cun aforro, pois, de 393 euros. Se envía unha contribución de 100.000 euros a un partido va a pagar de IRPF 404.170 euros, cun aforro de 19.000 euros.
O capítulo titúlase: Meglio a noi che a Madre Teresa.
E, namentres, outros non poden desgravar nin un paquete de folios, nin...
Por certo, debería desgravar escribir neste blog de Valcárcel: hai que falar con Alfredo Conde (parabéns pola súa nova novela!) para este que fale con Ánxela Bugallo para que esta fale con Conselleiro de Economía e Facenda.
Sobre inxustificado
2/09/2007 Faro de Vigo
MANUEL BRAGADO
Oculta polas serpes de verán, como a ridícula polémica sobre a aprendizaxe do himno por parte dos escolares, pasou case ás caladiñas a publicación este luns no DOG da reforma da disposición transitoria 17 da Lei da Función Pública, aprobada na sesión extraordinaria do Parlamento Galego, celebrada o pasado dezasete de xullo, tras unha emenda presentada polo PPdeG e apoiada polo PSdeG-PSOE e o BNG.
Unha reforma pola que os funcionarios públicos que exerceran dende 1981 (ano de creación da Administración autonómica) e durante un tempo superior aos dous anos continuados ou tres alternos como altos cargos da Xunta de Galicia ou en postos electos como alcaldes, deputados ou senadores (grazas, tamén, á modificación do artigo 53) consolidarán até a súa xubilación un complemento de destino anual de 14.721 euros brutos. Un sobre case vitalicio que beneficiará tanto os directores xerais ou asimilados (subdirectores, delegados provinciais e unha longa nómina doutros postos de libre designación) do bipartito actual como, polo seu carácter retroactivo, aos que foron nomeados no seu día polo Partido Popular; en total, segundo estimacións de CIG-Administración, case dous mil funcionarios que exerceron este tipo de cargos dixitais ou de elección política ao longo de vinte e seis anos e sete lexislaturas.
Até hoxe, só Encarna Otero, Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, tivo a coraxe de expresar a súa rotunda discrepancia con este sobresoldo, por medio dun artigo publicado no xornal electrónico "Vieiros", no que realizaba, ademais, un chamado ao resto dos cargos públicos do actual Goberno Galego para desbotalo como expresión de "ética rexenerativa". Rexeitamento semellante e aberta crítica da medida que comparten todos os sindicatos da Administración e os membros do Movemento pola Igualdade do Emprego Público (MIEP) que a consideran estrambótica, escandalosa, propia de reximes feudais, discriminatoria co resto dos empregados públicos, ademais de incompatible co recentemente aprobado Estatuto dos Empregados Públicos que obrigará a acometer unha nova reforma da Lei da Función Pública galega.
Críticas que, porén, o presidente da Xunta considera inxustificadas e froito da desinformación, argumentando na súa defensa que este complemento xa estaba establecido dende 1991 na Administración do Estado e que dende 1998 os altos cargos galegos xa percibían un complemento de destino de nivel trinta (11.726 euros anuais), o que suporía que a medida aprobada polo Parlamento Galego apenas supoñería un incremento de tres mil euros anuais e se xustificaría polo seu carácter homologador e non discriminatorio co resto das Administracións, tanto do Estado como doutras autonomías.
Sexa como fose o cómputo deste incremento e o número de persoas beneficiadas (onde hai moita diferenza entre as estimacións realizadas polos sindicatos e as expresadas polos responsables de Presidencia), non semella oportuno, nin xustificado nin exemplificador social e politicamente que os nosos elixidos (a maioría dos parlamentarios galegos son funcionarios) aproben para si beneficios (a pesar das desigualdades na súa aplicación) para o seu futuro profesional, como os que establece esta reforma. Medida máis sorprendente aínda, por ser apoiada polos membros dun goberno que se comprometeu no seu contrato coa cidadanía en impoñerse como tarefa primeira a revitalización e rexeneración da vida democrática en Galicia e a maior transparencia e eficiencia no gasto público, criterios moi dificilmente compatibles coa aprobación de privilexios como os comentados.
En todo caso, os termos nos que se desenvolve esta polémica son manifestación da distancia cada vez maior existente entre as preocupacións cotiáns dos cidadáns e cidadás e as daqueles que nos representan. Instalados en axendas de traballo maratonianas, requiridas pola dinámica das convocatorias electorais e das esixencias da confrontación partidaria; acomodados na moleza do coche oficial e do boato do ritual institucional; obsesionados, nalgúns casos até o delirio, pola súa presenza nos medios da comunicación (onde tantas veces se confunde a acción política coa simple propaganda pagada con fondos públicos), non é extraño que a chamada "clase política" (a galega non é unha excepción) perda pé co día a día cidadán. Ábrese así unha perigosa fenda de lexitimidade democrática, expresada tanto no incremento das taxas de abstención (eis as recentes municipais), como no fastío dese tópico funesto de que "todos os políticos son iguais". Afortunadamente, como demostran posicións éticas coma as de Encarna Otero isto é falso. Non dubido de que aínda é posible unha rexeneración do noble e xeneroso exercicio da política.
Moito predicar e dar pouco trigo!
dependencia
Treinta gallegos dependientes tendrán un asistente personal
La Xunta implanta el programa para dar más autonomía a estas personas
Autor:
La Voz
Fecha
4/9/2007
Hora:
1:46 h
Treinta personas con un alto grado de dependencia contarán a finales de este año con un asistente personal para mejorar su autonomía. Se trata de un programa pionero que pondrá en marcha Vicepresidencia con la creación de la figura del asistente personal. Esta experiencia piloto consiste en que un profesional con formación en atención a las personas dependientes acompañará a una persona con un alto grado de dependencia en todas las actividades de la vida diaria.
Para la creación de esta figura, contemplada en la ley estatal de dependencia, el decreto de prestaciones establecía que la cuantía máxima sería de 780 euros por usuario, un límite que la Xunta incrementará hasta los 1.300 euros. En los próximos meses se procederá a formar tanto a la treintena de usuarios que participarán en este programa como a sus asistentes.
La secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, señalaba que se pedirán como requisitos que el asistente no sea un familiar hasta el tercer grado, y que tenga formación en la asistencia a personas dependientes, como los auxiliares de ayuda en el hogar o los gerocultores. Hasta el momento no hay ninguna formación propiamente específica para este trabajo, algo que habrá que llevar a cabo, según la responsable del departamento de Benestar de la Vicepresidencia.
Más gestión
El anuncio de este programa tuvo lugar en la presentación de las nuevas funciones de la Fundación Galega para o Impulso da Autonomía Persoal e a Atención ás Persoas en Situación de Dependencia (Funga), que llevó a cabo el vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, junto con la secretaria xeral do Benestar.
Vicepresidencia ha ampliado las funciones de la Funga para que no sólo tutele a adultos incapacitados legalmente, sino que también pueda gestionar programas y servicios para favorecer la autonomía personal. Para ello, se reunió el patronado de la fundación, que aprobó una nueva relación de puestos de trabajo, que pasará de 14 a 21 empleados, sin contar los que forman parte de la dirección técnica de la entidad.
Supoño que anónimo quere facer fincapé na última frase, aquela que fala de que a primeira determinación foi ampliar a relación de postos de traballo (de 14 a 21) para o patronato da fundación. En todo caso, conviría que un asesor de imaxe, non fai falta que sexa moi listo, lles diga que cambien as siglas. Funga non parece o máis idóneo.
Artigo no Correo:
A xustiza dos soldos vitalicios
FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS
Unha boa parte da cidadanía galega contempla abraiada como o Goberno galego nun acto decisorio plenamente legal, xa que foi aprobado polo Pleno do Parlamento, e por unanimidade, se dispón a transgredir o principio máis elemental da xustiza distributiva: a correcta distribución dos bens. Refírome á recentemente aprobada disposición adicional 17 da modificación da Lei da función pública galega (Diario Oficial de Galicia. 27 de agosto ) que fixa un complemento retributivo vitalicio anual, con caracter retroactivo desde o ano 1981, de cerca de 15.000 euros para todos os ex altos cargos da Xunta funcionarios, con tal de que teñan exercido o cargo durante dous anos ou tres, se é de forma interrumpida.
Non fai falla facer comparecer a John Rawls e a súa Teoría da Xustiza, nin sequera aos manuais de Bacharelato para comprender que a xustiza debe de ser igual para todos, simétrica, recíproca. E tamén rexida polo principio da proporcionalidade que fundamenta a posibilidade de considerar as diferenzas individuais, sen que por iso se establezan desigualdades. Correspóndelle aos poderes públicos a chamada xustiza asignativa que se aplica cando cómpre dividir un conxunto de bens entre distintos individuos sen que ese conxunto de bens fose producido por eses individuos. O principio da proporcionalidade ou da diferenza, admite que se produzan compensacións. Quizais na mente do Goberno e do Lexislador galego rebulía este principio da compensación á hora de aprobar a devandita disposición adicional.
Este principio mantén que as desigualdades inmerecidas requiren unha compensación. Pero esas desigualdades, e agora si que me fundamento en Rawls, refírense unicamente ás de nacemento e ás desigualdades de dotes naturais. O principio sostén pois que, coa finalidade de tratar igualmente a todas as persoas, a sociedade debe prestarlles maior atención a aqueles que posúen menos dotes naturais e aos que naceron en posicións sociais menos favorables. É un principio prima facie que ten de ser aplicado en conxunción con outros, tales como o da mellora do nivel medio de vida ou o da promoción do ben común.
E é agora cando resulta lexítimo e necesario preguntarse cales son as desigualdades inmerecidas dos ex altos cargos da Administración galega. ¿É que os secretarios xerais, directores xerais e os mesmos titulares das distintas consellerías, coa condición de funcionario, posúen menos dotes por nacemento ou se van atopar nunha situación social menos favorable, cando cesen na súa tarefa administrativa, con relación ao resto dos funcionarios do seu mesmo corpo e nivel, de xeito que a xustiza asignativa teña de compensalos economicamente ata a súa xubilación cunha elevada cantidade de diñeiro?
Todos os que traballan na función pública saben que os empregados públicos compiten co resto dos traballadores desde unha posición vantaxosa en certos aspectos. Asemade ninguén ten os ollos fechados de xeito que lle pase desapercibido que os funcionarios non acceden aos altos cargos da Administración á forza, senón por un nomeamento a dedo que os coloca nunha situación de servizos especiais que lles permite proseguir a súa carreira administrativa, conservar a súa praza e centro de destino durante un período que supera os dous anos e, en moitos casos, consolidar un nivel administrativo superior ao que lles corresponde como funcionarios. As retribucións económicas que perciben son polo xeral bastante superiores ás que recibirían exercendo o seu labor como funcionarios. En absoluto se pode dicir, pois, que se atopan en situación de desvantaxe a respecto dos demais empregados da Administración.
Resultaría mesmo chocante deternos a considerar se os outros principios que entran en conxunción co de proporcionalidade, tales como o a mellora do nivel medio de vida ou a promoción do ben común, fican favorecidos pola compensación económica aos ex altos cargos A que a resposta é claramente negativa. "As expectativas máis elevadas dos que están mellor situados -escribe Rawls- son xustas se e só se funcionan como parte dun esquema que mellore as expectativas dos membros menos favorecidos da sociedade". Endalí que a maioría da sociedade galega fique estupefacta ao comprobar como se converte en realidade unha escandalosa aldraxe no eido da xustiza asignativa.
Para contrapuntear, neste caso de forma negativa, esta legal violación da xustiza asignativa, abonda con constatar que o salario bruto anual dun funcionario do grupo E da Administración galega é de 14.127 euros. Ou acudir aos centros de saúde do Sergas de calquera das nosas vilas e cidades. Alí comprobaremos que a mellora do ben común non casa con esa aprobada compensación económica aos ex altos cargos funcionarios. No Centro Saúde de Atención Primaria de Cambados o pasado día 21 de agosto, unha médica suplía no seu horario laboral a tres compañeiros. Resultado: cada paciente tiña asignado na súa cita médica un duración de tres ou catro minutos.
Coido que o único criterio ético válido neste caso é o adoptado pola Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, funcionaria pública, que insta aos membros do Goberno galego afectados pola norma a que fagan público o seu desacordo coa mesma e asuman a "insubmisión económica". E se algunha Consellería debería arrogarse un certo liderado na asunción desde criterio, esta tería de ser a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, en cuxo organigrama hai sete altos cargos e a varios deles aplicaráselle a norma, por mor da propia natureza do devandito organismo, expresada na súa mesma denominación, de promoción da igualdade. En todos os ámbitos, é de supoñer.
Felicitacións polos artigos de M. Bragado e F. Mtez Bouzas: non hai moito máis que dicir, creo. Tamén hoxe Lalo Pavón, en La Región, incide na mesma liña, con acerto.
Pois parece que si, que hai algo máis que dicir, porque a portada de hoxe de EL correo gallego, Movilización masiva a favor de la Cidade da Cultura, vai contra estes artigos e unha liña de protesta xeral contra os abusos do goberno. E cales son os argumentos do xornal da capital? Santiago y cierra España.
El Correo Gallego vs. La Voz. Dúas liñas informativas contrapostas no tema da "Cidade da Cultura".
Por que o segundo calou durante tanto tempo?
Por que o primeiro desmente o adxectivo e practica o localismo cando lle convén a o xunteirismo-capitalino cando lle convén tamén?
Por certo, a ver se alguén lles di que retiren o de "cultura".
Felicito tamén a Bragado e a Martínez Bouzas (oportunísima a traida a colación a Rawls!) polos seus atinados, xustos e máis que necesarios artigos. Somos moitos os que estamos en contra deste atentado á xustiza.
Somos moitos os que nos sentimos estafados con esta medida.
"El detractor del Gaiás se solidarizó con De Juana Chaos".
Así as gastan no diario da capital guarecido nas páxinas interiores do diario da outra capital.
Xa hai película: Gaia's Detractor (léase Detreitor), con Brusgüilis no papel principal.
Eu tamén lin o artigo de "El Correo" de hoxe. Im-prezionante liña informativa. E tamén o artigo infumable dun tal Demetrio Peláez sobre o particular. Ao parecer desta lumbreira xornalística, todo isto do "Mausoleo non, cultura si" está mangoneado polos coruñeses e polo nacionalismo radical...
Como ao final van a facer o que lles saia do nabo, creo que deberiamos de pedir, cando menos, que retiren a palabra "Cultura" do enxendro. Se queren que lle chamen "Cidade do Turismo", "Porta-aventura", "Comercio aberto", "Macabeo's business", etc.
Publicar un comentario