15 sept 2007


Jekyll e Hyde.

Pan por Pan sábado 15 setembro.

“Eu son o doutor Jekyll. Eu son o doutor Jekyll. Eu non fixen nada, eu non fixen nada, son o doutor Jekyll”: así remata unha das moitas versións cinematográficas da maxistral obra de Stevenson. En concreto a que dirixiu Victor Fleming con Spencer Tracy no aterrador dobre papel: antes de morrer, a súa transformación monstruosa delátao diante dos policías e os seus amigos. Un auténtico monstro capaz de torturar e asasinar a beleza incandescente de Ingrid Bergman. Stevenson retratou mellor que ninguén a estreita fronteira entre o Ben e o Mal, o fío evanescente que separa os territorios da bondade e da maldade máis sinistra. Nada debe ser tan horroroso como a perda da identidade e Robert Louis Stevenson descubriuno en 1886, moito antes de que escribiran Freud e os psicoanalistas clásicos. Pero fíxoo con tanta verdade que aínda hoxe arrepía ler aquela vella novela.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A mín resultóume fascinante ver cómo cambeaban os motivos das sucesivas trasformaciós.Escomenzóu provocándoas por un interés científico respetable,e rematóu por facelo por dar renda solta as súas máis baixas pasiós inpunemente.O control escomenzóu téndoo Dr.Jekyll pero foino gañando progresivamente Mr Hyde.Estupendo modelo pra ilustrar,p.ex.,as adiciós.Comenzan sendo actos por algún motivo racional ou racionalizado,e rematan dun xeito moi diferente.

(Falo do libro,o filme non o vin,pero maxino que esto será certo igualmente).

Anónimo dijo...

Do mesmos xeito,quén nos asegura que tras do inicial interés científico nas investigaciós,nuclear ou xenética,p.ex.,non se agachan,xa desde o principio,motivaciós espúreas que acabárán pronto por manifestarse e tomar o control...

Pódense poñer moitos máis exemplos. Dr,Jekyll é dende o primeiro momento un instrumento ó servicio de Hyde.

Un cura falaría dun anxeliño bó e un demo,falando cada un por súa orella ,como nos dibuxos nos que Giovanni Guareschi escribe "Don Camilo".