MOVERSE NA SOMBRA, de Luis Paradelo
Todo escritor ou escritora que se adica á literatura con auténtica paixón aspira a que a súa obra revele un valor perdurábel, escribir sen esa ambición é un mero exercicio de distracción. Se lle retiramos a pretensión artística á escrita saímos da literatura e adentrámonos na cultura do simulacro. Ineludibelmente a honestidade do escritor vai anoada a esa pretensión de durabilidade que atopa hoxe serias dificultades nunha sociedade que consume todo tipo de produtos acelerada e indiscriminadamente. Precisamente esta indistinción é hoxe unha das maiores ameazas que se cernen sobre a literatura.
Edítanse gran cantidade de libros, auténticos simulacros de cultura, apuntes do que poderían ser novelas con máis adicación e algo de sorte. Promociónanse indistintamente a narrativa liviá xunto coas máis serias incursións intelectuais, resultando un “totum revolutum” que distancia e dana os dous cabos do sistema literario, o lector e o autor. A confusión provén dunha industria cultural que introduce o beneficio como único criterio discriminador e soberano, eclipsando toda avaliación propiamente literaria. Con estas prácticas non cesa de aumentar o desconcerto no mercado do libro, terxiversándose función e valor.
Non se pon en dúbida que a literatura de masas aproximou á lectura a millóns de persoas, pero deducir dese logro un alto mérito literario sería unha temeraria estulticia. Que un libro teña gran número de lectores non é indicio de baixa calidade, pero desde logo non garante o seu valor estético.
Nunha sociedade tan monetarizada como a nosa aquelas publicacións que obteñen mellores resultados de venta son obxecto da máxima atención, adicándoselles todos os recursos para optimizar beneficios, mais tanta luz focalizada nunha parte produce necesariamente sombra noutra, entramos na zona escura da literatura onde abondan autores inxustamente ignorados, silenciados e onde o esforzo non encontra aparente compensación. Zona de desasosego na que se vive á intemperie e a onde, ás veces, chega o alento para proseguir da man de escritores como Milán Kundera quen, no seu último ensaio “Le Rideau”, recupera a vella acepción do autor como explorador de novos territorios que agregar ao mapa.
A arte é pois ese relato do descubrimento de novas rexións da existencia humana que se engade aos anteriores, nun proceso no que a valía estética xerarquiza os achadegos evitando que a historia se convirta nunca caótica acumulación de obras sen relacion entre elas.
Milan Kundera defende a especificidade da novela como xénero, argumentando a súa autonomía respecto das ideoloxías, da ética, da filosofía … e observando que “na novela quédanos o último observatorio desde onde podemos abarcar a vida humana como un todo”, e acércanos a ese todo, “A vida humana como tal é unha derrota, o único que nos queda ante esa irremisíbel derrota que chamamos vida é intentar comprendela… Non é a insignificancia un dos nosos grandes problemas?”, e mostra a fotografía do novelista que se orienta por estas paraxes descubríndonos “un desertor que se volve pouco grato, condenábel, emparentado cos cobardes e traidores”.
De entre estas pouco esperanzadoras perspectivas descritas por Kundera xurden interrogantes. Que haberá de compensatorio para que pague a pena ese esforzo por aproximarse a unha realidade desilusionante, nada evasiva das decepcións, frustracións e sofrimentos cotiáns, que pode con facilidade acarrearlle ao novelista toda unha serie de inconvenientes, obliteracións, ninguneamentos e olladas soslaiadas desde o poder, sobre todo cando se observan as xenerosas gratificacións á cultura do entretemento?. Non sería mellor para os autores tentar esa outra sorte menos esixente, onde o manexo das claves do mercado pode algún día sorprendelo gratamente?. Cal é o segredo desta elección teimosa, na que algúns escritores persisten?, acaso un fracaso irreversíbel da súa vida, unha amargura crónica, unha monstruosa inxenuidade, ou acaso ocultan así a súa incapacidade para vivir?. Pode que si, que algo disto haxa pero estou persuadido de que os motivos máis poderosos son outros.
Ir a alma das cousas, como dicía Flaubert e subraia Kundera, adentrarse en campos descoñecidos da existencia humana, situarse no límite do real e asomarse, procúranos unha grande compensación porque obtemos experiencia. Vivir unha experiencia implica introducir unha excepcionalidade no noso transcorrer ordinario, pórse momentaneamente nunha situación, previa a todo o que poidamos dicir ou reflexionar sobre esa vivencia. O carácter común a “facer unha experiencia” é atoparse co inesperado, sexa un erro ou un acerto, no que o coñecido se presenta como acontecemento que anova o noso ser no mundo. Se o que buscamos son experiencias estéticas temos que esixirlle ao artista que a súa obra nos abra a esa excepcionalidade, que non nos ofreza un resultado repetitivo. A historia da arte, a diferencia da humana, non tolera repeticións.
Pero o que funciona no mercado é a copia e a imitación, que carece de novidade, de experiencia. O que ofrece a industria do ocio son compulsivas repeticións, revivals, versións, onde todo é practicamente previsíbel. Pola contra as auténticas obras de arte sorprenden e subvirten o sentido común de quen as percibe, que ve raptada a súa autonomía por un tempo que logo recupera a través da reflexión sobre o acontecido, recoñecendo os poderes da obra e a súa incapacidade para dispor dela ao seu antollo.
A verdadeira compensación para un escritor non é outra que ese poder que lle confire asomarse aos límites para abrir un mundo ficticio desde onde mirar a atrocidade do noso, creando expectativas de comprensión como remedio á renuncia ao mundo, á repetición e ao secuestro da experiencia. Porque esa vivencia desminte que só sexamos o que crimos ser até ese momento, nesa vivencia aceptamos que tamén somos o que nela descubrimos e o que en adiante agardamos, reconciliación ao fin, de nós mesmos entre os demais, na natureza… unha promesa.
Milan Kundera é un novelista de éxito recoñecido internacionalmente, mais que ocorre na Galiza cos escritores que orientan a súa produción literaria por estas paraxes existenciais?, que buscan a experiencia en territorios sociais omitidos pola oficialidade, de onde emerxen obras e discursos molestos ás rutinas sociais?, que procuran a universalidade nas raíces da súa obra e que observan como a lingua na que escriben non ten garantía de existir en corenta anos?. Zona de sombra.
Apartados da luz escritoras e escritores galegos fermentamos na imaxinación novas obras, aillados, ocultos á intensidade dos focos da industria cultural, inmersos na promesa que a arte nos manifesta e correndo un grande risco. Se a escuridade nos cobre por completo acontecerá o naufraxio onde xa non cabe a esperanza porque desaparece a experiencia e a posibilidade de manter o drama co mundo, afogando a promesa. Por iso hai que moverse na sombra, romper o aillamento, falar de nós mesmos, referirnos os uns aos outros e dialogar coa literatura mundial, puxar para que se distinga entre a literatura de entretemento e a de calidade, e para que se recoñeza que esta ten o seu público, que merece un trato diferenciado e que non hai por que entrar en salvaxe competencia. Na sombra os escritores tecemos redes para capturar lectores, únicos e redentores, mais non é posíbel na escuridade total, é preciso algo de luz. Por iso é tan importante que a emerxente industria cultural galega saiba distinguir diferentes gamas de consumo, evitando asfixiar cunha torpe mediación estes lectores e lectoras, alérxicos por intelixencia a miméticas estratexias de promoción.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
97 comentarios:
O novelista Luís Paradelo (autor de "Xelamonite", Galaxia) e tamén amigo mandounos este interesante artigo sobre Literatura que apareceu nun formato máis breve en "Tempos Novos". Como noutras ocasións, esta solaina está sempre aberta ás mellores reflexións que xorden no mundo cultural galego.
Parabéns. O seu blogue é muito interessante.
Graciñas, Isabela, pola túa visita e as túas opinións, tamén no debate sobre o Portuñol. Pode ter por seguro que os tertulianos desta casa admiran e queren a cultura irmá portuguesa, por iso as súas achegas sempre serán ben recibidas.
A George Steiner le gustaría ser recordado como “un buen maestro de lectura”, y algunos lectores ya lo leemos como tal sin olvidar que la complejidad de su obra es mayor, pues se ha ocupado sobre la posibilidad (o no) del estatuto metafísico de la obra, de aspectos ideológicos vinculados con la crítica, el papel del intelectual en nuestro difícil siglo XX, la teoría de la traducción, el sentido (teleología) de la cultura, etcétera. Aunque, sí, quizás en el recuerdo, es decir, desde otro tiempo, se vuelva a él como un gran maestro de lectura, porque ésa es su gran pasión: la literatura, la lectura, y de ella nos ha dado buena cuenta al escribir sobre Tolstoi, Dostoievski, los trágicos griegos, Jane Austen, Thomas Mann y tantos otros.
En los ensayos y entrevistas recogidos en Los logócratas, Steiner vuelve sobre sus viejos temas con la pasión que siempre le ha caracterizado. Hay matices que el estudioso de su obra recogerá, pero a mí me importa más referirme a la defensa de la literatura que hay a lo largo de estas páginas, al hecho literario y las peculiaridades de su realidad. De la literatura y de la lectura, del lector, esa figura en crisis, no tanto porque se lea menos como porque no se sabe lo que se lee. A diferencia de muchos otros teóricos modernos (piénsese en los deconstructivistas, por ejemplo), Steiner afirma que “los mejores actos de lectura son actos de inconclusión, actos de intuición fragmentaria”, porque la obra siempre estará más allá de toda paráfrasis. Imagino a muchos críticos y profesores, para los que las novelas y poemas se han convertido en un pretexto, alarmados al leer la siguiente confesión de Steiner: “un libro que merezca vivir es el acto de una voz, el acto de una pasión, de una persona”.
En George Steiner hay una crítica continuada del ruido cultural, si es que ambas palabras pueden unirse sin que se devoren mutuamente. Hay, digámoslo con otras palabras, un ruido enmascarado de cultura, que es usado por la voracidad de los medios y su no menos voraz economía y que, más allá de sus resortes, se mueve con legitimidad por los circuitos culturales. Como tantos defensores de la “gran cultura”, que es por necesidad antidemocrática (y se aleja de los conceptos masivos de la sociología) porque excluye más que incluye, Steiner tiene una visión pesimista de nuestro mundo editorial y de su universo de lectores. “No estoy seguro –afirma– de que un Proust, un Musil, un Broch, un Faulkner tengan aunque sólo sea la sombra de una oportunidad”. Sospecha incluso –quizás exagerando– que un escritor actual no se concederá el tiempo suficiente para escribir una obra de dichas características. Ni el lector aceptará un desafío como el que supone la lectura –nueva, no leída en cierta medida por el tiempo– de obras que nos ofrecen resistencia. Esto no quiere decir, como algunos distraídos creen, que sólo importa la literatura “seria”. No. El mismo Steiner es un apasionado lector de George Simenon, que también fue muy leído y admirado por un escritor de refinada cultura como André Gide. Y no creo que haya en Simenon ninguna resistencia, pero sí un arte de narrar aquilatado. En toda obra que importa hay, según Steiner, y según Borges, una paciencia implícita notable. En cambio las obras impacientes saben que tienen que ser leídas ahora, ahora, porque no tienen mañana. Esos libros efímeros y oportunistas, son, según Steiner, los que “pueden ser plenamente comprendidos”. “Son los únicos cuyo significado potencial se puede agotar”. En cambio, esos otros libros que no están escritos para el ahora (ni, en verdad, para el mañana), tienen algo que a veces llamamos dificultad, son difíciles porque son excelentes (como al parecer dijo Spinoza). Toda obra verdadera es difícil porque supone un riesgo para el lector. Y, por lo que entiendo en Steiner, la dificultad es irresoluble porque la aventura no terminará jamás; Antígona o el poema de Celan no son el pretexto de nada, sino, por el contrario, el lugar. Aunque –y de aquí entran las disquisiciones estético-teológicas de Steiner– hablamos de obras roídas por la semántica. No es música (para Levi-Strauss el “misterio supremo de todo conocimiento humano” es “la invención de la melodía”): los poemas, cuentos y novelas memorables están hechos con las mismas palabras que usamos para orientar a alguien en la calle o explicar una receta de cocina. La obra estética está llena de notas a pie de página: son nuestras lecturas, los diálogos y monólogos que nos traemos acerca de ella, es decir, de nosotros leyendo.
¿Quén é o Steiner ese? eu sóio coñezo ó do Teorema de Steiner,sobor o momento de inercia de un sólido respecto dun eixe calquera...Boeno,vale.Xa miro na Rede..
Marcos creo que ten demasiados matemáticos por metro cadrado de blog, non sei se iso será moi bó, soen ser xente revirada, pero por utra banda mola ver na rede a un Rouche tan rexuvenecido.
Estio mismo que conta, poder�a extenderse o cine a pintura a escultura a televisi�n a radio, e a calquera forma de comunicaci�n. Estou de acordo, pero como bo galego, resignome e sigo escribindo, e sobre todo, respirando.
Honestidade, pretensi�n art�stica, risco, subversi�n fronte a repetici�n, consumismo, entretemento. Esta pol�mica � tan antiga coma a propia literatura. Tr�tase dunha lamentatio que cobra maior sentido nos nosos tempos porque o peso da industria editorial � extraordinario e os experimentos te�en o seu espacio de penumbra e malditismo. �s veces, por pura matem�tica, o independiente (que ten a sorte que non todos te�en de verse publicado, moitas veces por amistade, por insistencia m�is ca por talento) que acada �xito traspasa esa fronteira imaxinaria e, ent�n, calidade e eficacia de ventas van xuntas. Aqu� f�lase da intermediaci�n, pero non � responsabilidade �nica da industria que, como o seu nome indica, pretende negocio. Son os escritores os que deben marcar o terreo, os cr�ticos, os propios lectores, os �mbitos educativos. A industria galega non sabe distinguir e non ten por que. Porque pretende sobrevivir nun marco onde calquera bestseller tipo Matilde Asensi vende m�is ca toda unha literatura.
E falamos de novela. Porque si falamos de teatro. Ai, ai, ai, canta e non chores.
En todo caso, gustariame saber cales son esas estratexias para conseguir o obxectivo. Para m�n, sinto decilo, non hai.
Parece que Paradelo está queixoso por algún motivo persoal que non explica.
Non creo que se deba interpretar o seu artigo como unha lamentatio persoal, en tal caso tan persoal como a de Steiner ou calquera outro autor que definise a situación actual da literatura mundial e da galega en particular.
Polo que a mín respecta, en ningún momento considerei o artigo como cuestión persoal, nin moito menos. Paréceme moi ben escrito e pode escribilo mesmo xente que non escribiu nin un só verso na súa vida e polo tanto non ten ningún resentimento.
Pois a min paréceme que tanto o texto de Paradelo como o de "Steiner", ao presupoñerlle ao que eles entenden por boa literatura uns valores de autenticidade e verdade, apuntan a unha conciencia literaria ou poética privilexiadas, que escaparía a ambiguedade,confusión e parcialidade que damos por suposto na linguaxe corrente e nas ciencias sociais.
O máis simple dos desexos non pode expresarse sen esconderse detrás dunha pantalla de linguaxe que constitúe un mundo de intrincadas interrelacións, todas elas potencialmente inauténticas. A literatura non é unha excepción, non ten ningún acceso directo ao obxecto de desexo. A presuposición de autenticidade non é máis que outro desexo que, como todos os anhelos, cae na trampa de duplicidade da expresión, na idolatría, na fascinación por unha imaxe falsa que remeda os presuntos atributos da autenticidade, resultando unha máscara oca coa que unha conciencia derrotada e desgraciada tenta cubrir a súa propia negatividade.O lector, o que experimenta é a presenza dunha forma da nada. A ficción lonxe de encher o baleiro afírmase como pura nada, e a esa forma persistente de nomear o baleiro chamámoslle literatura.
A literatura só é auténtica cando descubre que a posición de privilexio que pretendía non é senón un mito. Pero concebir a literatura como o resultado dunha desmitificación pode ser o máis perigoso de todos os mitos, sería a consagración do mito negativo. No inventar emocions ficticias, para crear a ilusión do recordo, xa non hai mito porque se sabe, e chámase ficción. Tampouco é desmitificación porque está desmitificada desde o principio. Así que cando pensamos estar desmitificando a literatura, o que de feito ocorre é que estamos sendo desmitificados por ela.
Jimy de Rairo
Desculparán que me entrometa e me meta en camisas de once varas, pero non me resisto a facer algúns comentarios simplistas –e mesmo pedestres- a este interesante texto de Luís Paradelo.
O seu razoamento está feito en base a un esquema binario que se substancia nos pares bo/malo, positivo/negativo. Por unha banda, unha xustificable loa ao “valor perdurábel”, á “pretensión artística”, á “avaliación propiamente literaria”, ás obras que son as “máis serias incursións intelectuais”, etc. Na outra banda atópanse os “libros [que son] auténticos simulacros de cultura”, a “narrativa liviá”, etc. Quen media entre unha e outra banda é o mercado, que só ofrece “compulsivas repeticións, revivals, versións, onde todo é practicamente previsíbel” e que nunca aposta polas “as auténticas obras de arte”.
Xurden, aquí, algúns problemas.
En primeiro lugar, onde se ubica o lugar, o críterio, a atalaia, a autoridade que estableza que é ou non é arte (literaria neste caso). En definitiva, que obra é merecente de ser considerada “literaria”, é dicir, descubridora de “novas rexións da existencia humana”. Quen é o ser onmisciente que ditamina e discrimina entre o válido e o non válido? Quen establece a tiranía do “gusto”? A crítica literaria? O lector? O propio autor? Mal asunto este. Porque –desde logo en Galicia- apenas hai crítica literaria digna dese nome e, menos aínda, que sexa atendida e seguida fielmente polos posibles lectores; e o lector medio, atarefado como está nos seus cotiás trafegos, semella máis ben inclinarse pola “narrativa liviá” agás contados e miragosos casos de libros que, en efecto, teñen un gran número de lectores e, ao tempo, unha alta calidade; finalmente, o autor non pode ser quen estableza a valía da súa obra pola evidente razón de que é arte e parte e de que, polo tanto, caería na máis banal das fatuidades (por outra banda, pecado venial común a todos os escritores).
Xa que logo, gústenos ou non, é o mercado quen queda. O mercado e a súa tiranía, para ben e para mal. E, como o mercado procura articular a oferta e a demanda, son as editoriais quen establecen que se debe ou non se debe publicar e promocionar. Daquela a pregunta que xurde é a da profesionalidade e a capacidade de risco e de aposta das nosas editorais.
Estamos, como di Arume, nunha situación que non ten solución. En todo caso, non creo que ofrecer unha visión tan pesimista (ía dicir apocaliptica), como a de Paradelo, sexa a que dea máis luz. O seu xustificable e comprensible laio (que penso que non é nada persoal) non ten resposta, agás no vento. En todo caso, coido que non hai que esaxerar esa “zona escura da literatura onde abondan autores inxustamente ignorados, silenciados e onde o esforzo non encontra aparente compensación”. Aquí en Galicia, con maior ou menor fortuna, rematan publicando a gran maioría dos autores. Outra cousa é ter éxito de vendas ou un claro recoñecemento público. Que lles queda, logo, aos autores “que orientan a súa produción literaria por paraxes existenciais”? Esperar, como dicían en Star Wars, que a forza os acompañe. E o talento, e o traballo arreo. A compensación, como a beleza, seica lles está no interior.
Boas noites a todos. Espero que o pasasen ben nas súas vacacións.
Dito isto, non me resisto a poñerlle un reparo que coido fundamental ao texto de Paradelo. Apicultor pregúntase pola instancia fundamentadora a través da cal se podería dirimir e distinguir o que é "arte" do que é puramente "consumo". O caso é que Paradelo nomea repetidas veces esa instancia, que el denomina "experiencia", substantivo que acompaña de cando en vez con adxectivos do tipo "estética", "artística" ou "lectora". Creo -e este é o meu reparo- que é unha instancia que se anula a si mesma, pois a experiencia lectora é sempre e inevitablemente individual (polo menos hoxe). Ao convertela en xuíz e proba do que distinguiría a verdadeira e auténtica arte literaria daquilo que é tan só produto comercial, Paradelo parece dar por feito que a súa experiencia -ou a dos que sinten ou len coma el- pode converterse en criterio de medida ou en marca de intensidade do conxunto das experiencias lectoras.
Nin as experiencias lecotras nin calquera outro tipo de experiencias estéticas son conmensurables, nin sequera comparables. Como moito poden chegar a comunicarse, sempre de forma vicaria e demediada. Por outra parte, Paradelo parece que cre que hai obxectos artísticos que conteñen de seu unha especie de depósito de experiencias estéticas a descubrir. Outros, pola contra, a maioría dos produtos da industria cultural, carecerían de semellante potencial fornecedor de vivencias estéticas. Ou, como diría Steiner, agotaríano inmediatamente no acto mesmo do seu consumo.
Porén, as propias experiencias de moitos de nós con produtos artísticos reputados como "pop" ou "de masas" (dende poemas e novelas ata cancións, pinturas e arquitecturas) indícannos vivencialmente, máis alá de discursos racionalizadores, que a experiencia estética é allea a divisións apriorísticas entre produtos con "vocación artística" e literatura con "vocación de mercado". Entrecomillo estas expresións porque non creo no que co seu uso habitual se quere significar.
A diferenza, señor de Rairo, entre Paradelo e Steiner é evidente. Steiner ten unha ampla obra de crítica literaria detrás que respalda a súa posición. Paradelo só unha novela breve. Cando escriba e publique máis obras estará máis lexitimado para falar de autenticidade desde unha poética privilexiada.
A min os escritores súdanma, porque son uns pelmas egocéntricos.
Chapeau polo texto de Paradelo.
En canto ó anónimo de arriba, cheira. Que se lave.
Nónima.
O que se di aquí é evidente e mui certo.
Cando unha obra é boa, non precisa de estratexias de marketing, o que a mesma obra contén xa brila con fulgor de por si.
O lector intelixente e sensible será quen o saiba aprezar.
Mais a promoción é precisa para que a lectura e o amor pola mesma se difundan nas nosas vidas: imaxinación, sensibilidade e aprender dos demais para fortalecernos nós mesmos. Así o mundo melloraría entre todos.
Apertas
Yoli
A lexitimidade para falar de autenticidade desde unha poética privilexiada non está na maior ou menor cantidade de obras publicadas ( lembro neste intre a Juan Rulfo, por exemplo, e tantos outros).
Graciñas,Edrada por levantarme o ánimo.Nunca publiquéi unha sóa liña,pero manteño entón a esperanza de escribir unha única e pequena obra maestra antes de morrer...
O seu nick cheo de edras góstame moito.Ó mellor conto por qué noutro intre...
E pelmas egocéntricos coñézoos incluso entre encarregados de supermercado...
Moi bo Xoan, non é preciso publicar para ser unha boa persoa libre por dentro e feliz na individualidade dun/ha mesmo/a.
O que importa é a felicidade interior e saber que a conciencia dun está ben.
Moito falamos da retranca galega, a min gústame, mais cando non hai malicia de por medio. Iso é moi común. Esa tipo de retranca agocha inseguridade e incapacidade de dicir as cousas á cara, é unha mágoa. Bueno, bos días, desfruten da mañá, no traballo, en soedade, en compañía, ou onde sexa. A vida merece a pena con todo o que implique nela. Paz e amor.
recoméndolles que vexan os debuxos de Heidi.
Bikos de Yoli, non teño tampouco link de ningún tipo
:-)
¿Alguén coñece algo sobre a historia de Iscarión do Norte. Ese persoaxe da lenda , guerreiro fornido e valente, que liderou as masas para facerlle fronte as naves extranxeiras dos vándalos ca pretensión de colonizar o territorio tras o foedus firmado xa cunha Roma a piques de se desmorromar?
Nóni.
Grazas Xoán da Coba, É a primeira vez que escribo nas Solaina de Marcos. Promto que volverei a facelo.
En fin ,xa empezamos, desfruten da súa sabiduría e retranca,
eu sigo o meu camiño con Heidi e Marco entre montañas e campos, cabras e violíns,
agora si que me vou, agárdanme
iololeliluuuuuuuuuuuuuuuuu
sempre asino co meu nome: Yoli
iololeliuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu
Vouvos contar un caso que se me ven de acordar.Ó mellor sacades algunha conclusión...
Desde fai anos visito sempre que pódio lugares con toponímicos derivados de Edra ("Hiedra"):Edreira,Edrada,Eidreida,etc...xa saben que neses lugares é probable que existira certo tipo de construciós,etc...
Lín nun libro de Rivas Quintas un sitio,un penedo chamado "penedo do Édramo",na Limia.Alá vou ó sitio.Pregunto por ese penedo que ó parecer tamén tiña algún tipo de interés histórico.A xente máis nova do lugar non tiña nin idea.Hasta que por fin,un vello díxome.O penedo do édramo,onde íl vai.Escachámolo fai moitos anos eu e Fulano,pra facer a casa de Mengano...
Moi bós eses "gorgoritos" tiroleses,Ioli.¿Cómo se dicía "gorgorito" en galego? Joer,era unha palabra que dicía a miña abóa...mmmmmm
O texto é unha enésima mostra dun xénero xa moi vello: o da queixa perpétua, que tanto éxito ten, sobre todo en Galicia. Queixanse os escritores, os pintores, os arquitectos, os cineastas, ..., ademais do cidadán común. Instalados nesta recurrente cultura da queixa, botamos balóns fóra e sinalamos sempre aos demais (institucións, persoas, ...) como culpables dos nosos problemas, sexan reais ou inventados, xa que nós somos sublimes ou inocentes. Por outra banda, o texto é abondo xeral, non se sabe a qué ámbito se está a referir (¿a Galicia, a España, ao mundo enteiro?), polo que é exclusivamente autosuficiente, opaco, imposible de concretar, polo tanto tramposo.
Amigo Xoan da Coba: vostede non precisa de mediación. Ten que recopilar todas esas "facecias", como acostumaban a chamar os humanistas (porque vostede pertence a esa categoría) do Renacemento aos contos, anécdotas, ou relatos breves e publicalas. Desde logo, eu, que non son editor e menos profeta, augúrolle éxito seguro. E dígollo completamente en serio.
Graziñas Arume dos Piñeiros pola verba "facecia",que non coñecía.¡Mammma míaaaa! con cada nova verba que aprendes o buscador google multiplica por mil a súa potencia de uso.Nunca saéu tan rentable aprender unha nova verba como na era dos buscadores informáticos.
Fai anos lín unha frase que non olvidéi: "lagóas de vocabulario son lagóas de memoria".Ahora podo engadir:lagóas de vocabulario son potencia non aproveitable do buscador ...
Sexa benvido, amigo Leituga 1.
En efecto, creo que vostede deu cun argumento chave que a min se me escapara.
Basicamente estou de acordo con vostede: a esvarante e plurisignificante noción de "experiencia" non é quen de fundamentar ningún criterio de "autenticidade" ou validez dunha obra.
E, por outra banda, hoxe en día é moi difícil -por non dicir imposible- tracexar unha radical distinción entre produtos de vocación artística perdurable e produtos efémeros de vocación comercial.
Tal vez sexa o paso do tempo, coa decantación e sedimentación das múltiples experiencias e sensibilidades lectoras, o único que poida establecer postumamente que é e que non é merecente de ser considerado. Mais, daquela, o "autor" xa non estaría aquí para saborear o seu triunfo ou para padecer a súa derrota.
Estaría ben que Luís Paradelo se personase aquí para que dialogase coas diferentes intervencións.
Un saúdo a todos os contertulios.
Tén razón,apicultor.Na cuneta do tempo van quedando as obras mediocres.Unhas antes,outras despóis.Sólo o verdadeiramente bó "taladra" unhos cantos centos de anos.De algunha maneira a verdadeira calidade está,por tanto,asociada ó intemporal (ou atemporal).Sería estupendo tér un "simulador" do paso de tempo pra poder evaluar a calidade de tódalas obras.O único parecido é ter xa unha boa cantidade de tempo na cabeza.Non tempo cronolóxico,claro.Máis ben algo que poderíamos chamar "experiencia"....
E,Arume dos Piñeiros,coas presas esquencín darlle as gracias por calificarme de Humanista.A miña crónica crise de identidade menguóu algo grazas as súas verbas.Nunca estíven cómodo con ningunha das miñas tarxetas de visita.Vou encarregar unhas novas."Humanista".Síntome feliz como aquel persoaxe de Molière cando soupo que levaba toda a vida falando en prosa sen sabelo.
E xa que falo das preas vóulles contar unha "facecia".
Fai anos aprendín dunhos amigos africanos un proverbio na súa língua,sobor da importáncia de facer as cousas despaciño.Decía:"Despaciño,despaciño,píllase o mono no árbol".Pero eu entendín mal,e,por parecido fonético,interpretéi:"Despaciño,despaciño,píllase o mono no avestruz".Votéime a rir.Xa hai que ir despacio pra non espantar ó avestruz,canto máis ó mono porriba dél.
O caso é que pasado un tempo,a conto de algo,soltéille o proverbio a uns compatriotas daqueles amigos,tal e como eu o interpretara.Mexábanse coa risa.Por dous motivos.Polo cómico da situación evocada nel e porque se daban conta do parecido fonético que me fixera trabucarme.Dixeron que o meu error melloraba o proverbio....
Extraordinario o seu proverbio mellorado, amigo Xan.
Suxírolle que na súa tarxeta de visita poña: "Humanista e inventor de proverbios".
Na literatura galega hai aínda moitas zonas en sombra, moitos autores, vivos e mortos, esquecidos inxustamente, e moito autor/a canonizado polos medios de comunicación, o márquetin editorial e as lecturas de instituto. Se se lese máis, funcionaría o boca a boca.
Máis que "inventor",mellorador".
Que non se enteren os xaponeses,que todo o copian pra melloralo.Van vír recoller tódolos refrás de Occidente e logo véndennolos mellorados...XDDD
Acostumo a pasear a mirada polo Blog de Marcos e hoxe encontrei este artigo de Luis Paradelo con quen teño coincidido nalgún dos seminarios que organiza a Asociación para o Diálogo Filosófico Giordano Bruno en Compostela. Aproveito entón para facer algunhas obxeccións desde a posición de quen ten escoitado ao autor do texto falar destas cuestións. Sei que haberá inexactitudes, pero paréceme que así aporto algo máis ao debate.
En relación co artigo Leituga fai afirmacións de dubidoso sentido, por exemplo: "a experiencia é unha instancia que se anula a si mesma".
A experiencia non pode ser ningunha instancia porque só pode producirse no límite, onde rematan os conceptos ou preconceptos como as instancias. De seguido afirma " pois a experiencia lectora é sempre inevitabelmente individual" Non só a experiencia lectora é inevitabelmente individual, senón que toda experiencia é inevitabelmente individual. Logo afirma: " Ao convertir a experiencia en proba do que distinguiría a verdadeira e auténtica arte literaria daquela que só é producto comercial, Paradelo parece dar por feito que a súa experiencia-ou a dos que sinten ou len ocmo el pode converterse en criterio de medida ou en marca de intensidade do conxunto das experiencias lectoras".
No artigo de Paradelo fanse varias aproximacións ao que se entende por experiencia que non teñen nada que ver co que aqui afirma Leituga. Unha experiencia é individual porque sitúa ao suxeito non só no límite do coñecemento do mundo, senón tamén de si mesmo. Intentar ir mais alá debe ser rexeitado como presuntuoso e quimérico. A experiencia é a base do noso coñecer.
No texto non se considera en ningún momento, nin llo escoitei nunca a Paradelo, darlle a máis mínima credibilidade a unha experiencia trascendental. Só podemos referirnos ás experiencias individuais xenuínas mediante a linguaxe, e postular argumentos para comparar unhas coas outras, para pretender máis xenuidade nunhas que noutras.
Non coñezo o grao de relativismo de Leituga, pero supoño que recoñecerá que non todos os argumentos son iguais, que hai uns mellores que outros, e que a forma mellor de dirimilos é concurrindo en igualdade de condicións ao espazo comunicativo onde se lle presupón aos intervintes a honestidade suficiente como para recoñecer o mellor argumento. Desde esta perspectiva as obras de arte non serían obxectos inefabeis, senón que estamos ante unha arte susceptíbel de argumentación racional. É desde esta perspectiva desde onde hai que entender, pareceme a min, a pretensión de Paradelo de discriminar diferentes calidades na arte, unha discriminación argumentada, e en ningun momento recurrindo a unha sorte de experiencia mística que pór sobre a mesa do debate, polo que dicir que " nin as experiencias lectoras nin calquera outro tipo de experiencias estéticas son conmensurabeis, nin siquera comparabeis como moito poden chegar a comunicarse, sempre de forma vicaria e demediada" non supón ningunha contrariedade co artigo, senón a enunciación dunha obviedade que tamén apuntou o Sr. Jimy de Rairo. En ningún momento Paradelo afirma que obras Pop, ou de masas non poidan ser obras de arte, senón que tenta clarificar as relacións entre función e valor, que creo ámoi claras no texto.
En canto poida colgarei a miña modesta obxección á observación do señor Apicultor
Para Heidegger son los poetas quienes están a la escucha del lenguaje. Es por eso que la medida del ser humano y con ello también la medida de la salud psíquica es el habitar poéticamente sobre esta tierra, como dice Heidegger retomando a Hölderlin. Esto, como Uds. pueden ver, no tiene nada que ver ni con un misticismo, la pregunta por Dios puede plantearse desde aquí de una forma muy diferente a la que se plantea desde el esquema subjetivista, ni mucho menos con un romanticismo: la experiencia originaria filosófica es vivida ciertamente en determinados momentos, por ejemplo de angustia o de alegría, de libertad o enfermedad, de entrega etc. en los cuales el estar más allá de las cosas - lo abierto en Heidegger, la trascendencia Kantiana, aunque aún pensada subjetivamente - es percibido como des-velamiento. Esto está por supuesto muy lejos de querer ir buscando misterios por donde no los hay. El vivir poéticamente no es vivir en un pseudo-parnaso, sino que es "en la tierra", ni tampoco es una mera actividad intelectual sino que es un "hablar". La existencia poética, es decir humana, es la existencia abierta por excelencia. Boss reinterpreta desde aquí las así llamadas enfermedades psíquicas así como los conceptos fundamentales de Freud, en especial al concepto de inconsciente.
“Algo así, quizás, como el relámpago en medio de la noche que, desde el fondo del tiempo, da un ser denso y negro a lo que ella niega; la ilumina desde el interior y de arriba abajo, debiéndole, sin embargo, su viva claridad, su singularidad desgarrada y dirigida, para perderse en ese espacio que ella firma con su soberanía, y callar, al fin, habiendo dado un nombre a lo oscuro.”
¿Que é esa Asociación para o Diálogo Filosófico Giordano Bruno en Compostela? Mirei en Google e non aparecía ningunha referencia.
Señor anónimo, se ten interese pola asociación, pásese pola Facultade de Filosfofía en Mazarelos, calquera xoves pola tarde, a partir de novembro.
Señor Apicultor, sempre que se fai esa pregunta de...desde que perspectiva ou posición privilexiada se pronuncia vostede?, acostumo a devolver a pregunta, é dicir, preguntarlle á posición relativista como fundamenta a súa perspectiva privilexiada.
Dito esto, quero aclararlle que os xuízos estéticos non teñen o grao de exactitude dos xuízos teóricos (cientificos), nin a forza vinculante da racionalidade práctica. Pero non por iso adoecen de racionalidade.
Fundamentar a estética no gusto foi unha gran conquista ilustrada; esa capacidade do individuo libre e culto de exercer dun modo autónomo o seu propio xuízo sobre os obxectos estéticos, naturais ou artísticos. O problema do gusto é que non pode haber regra obxectiva algunha que determine, por medio de conceptos, o valor estético porque o fundamento destes xuízos é o sentimento do suxeito, e non un concepto do obxecto. Pero aínda que non poda haber unha regra obxectiva do gusto que fixe en conceptos o que ten valor estético,subsumindo os casos particulares baixo unha regra xeral, si que é posíbel, en cambio, un tipo de xuízo no que o particular é dado, e debe buscarse o universal.
Nesta búsqueda do universal, xogan un importante papel as diferentes aportacións das teorías da comunicación.
Non hai posicion de observación privilexiada, senón aquela construída cos mellores argumentos nunha comunidade de comunicación. E dede esta posicicón parte, ao meu parecer, o artigo de Paradelo.
Amigo Levita:
Agradecendo no que vale a súa deferencia para comigo, quedo un pouco decepcionado pola súa contestación á miña modesta, incompleta e seguramente mal expresada obxección á posición de preeminencia ontoloxicamente auto-privilexiada que ditamina e discrimina o válido/auténtico do que non o é. Posición que pode ser formulada de moi distintas maneiras, pero que, á fin e ao cabo, non deixa de ser viño vello en pipotes novos. Coller o atallo do “y tu también” non semella o modo máis atinado, pois é caer nunha sorte de aporía. Unha fundamentación relativista (moderada, no meu caso, e quizais malgré moi) non se autoafirma en ningún privilexio no saber ou no “gusto”, senón que cuestiona os alicerces do saber que establece un único “centro” de avaliación das cousas, poñendo de manifesto a radical pluralidade constitutiva do mundo. En todo caso, celebro que vostede remate recoñecendo finalmente que “non hai posición de observación privilexiada”, o que, ao meu falible ver, entra en colisión cos criterios utilizados por Paradelo no seu escrito , e que vén dalgún modo a darlle a razón (e desculpas por expresión tan pedestre) a Leituga 1 e a min. Ou polo menos iso me parace.
En relación á noción de “experiencia” como base do coñecemento, establecida por Paradelo e explicada por vostede, coido que, para que fose minimamente operativa, debería ser formulada con máis precisión, pois, como di Dominick LaCapra nun libro que ando a ler estes días (“Historia en tránsito. Experiencia, identidad, teoría crítica”, 2006), “no seu uso común e académico, a idea de experiencia continúa sendo unha caixa negra ou un concepto extremadamente laxo e abarcativo”. En todo caso, disinto de vostede en que a “experiencia” só pode ser individual para que sexa xenuina. Coido que pode haber “experiencias compartidas”, sobre todo en “acontecementos-límite” (por exemplo, ter “vivido” Auschwitz), e que son quen de configurar o que se ten chamado “comunidades de experiencia”, expresión utilizada verbo dos sobrevivintes do Holocausto ou Shoah. Claro que, na súa dimensión máis profunda, ontolóxica se se quer, as vivencias son irredutiblemente individuais, mais pode haber suficientes trazos en común para que se poida falar de “experiencia compartida”.
Non habendo “posición de observación privilexiada”, postula vostede unha posición de impronta habermasiana “construída cos mellores argumentos nunha comunidade de comunicación”. De tal xeito –dicía na súa primeira intervención- “que non todos os argumentos son iguais, que hai uns mellores que outros”. Polo tanto, “a forma mellor de dirimilos é concurrindo en igualdade de condicións ao espazo comunicativo onde se lle presupón aos intervintes a honestidade suficiente como para recoñecer o mellor argumento”. Oxalá fose así, e eu digo onde hai que asinar para así sexa. Agora ben, fóra dunha ideal e inexistente “comunidade comunicativa de iguais”, en toda acción comunicativa dase empiricamente unha diferenciación entre interlocutores ou intervintes. Pode haber espazo comunicativo, pero as relacións entre uns e outros son sempre, ou case sempre, asimétricas e, polo tanto, non hai igualdade de condicións. E non só porque a presunción de honestidade para recoñecer o mellor argumento adoita ser un beatífico desideratum, senón porque median asuntos tan sombríos como o poder e o estatus, que tamizan, modulan e pervirten a acción comunicativa.
Saberá vostede, e todos os pacientes lectores, desculpar a miña impericia no modo de expresarme e de argumentar, nacida -a non dubidar- dun máis que evidente párvulo coñecemento de todas estas cousas.
Agradecendo a súa amable deferencia para comigo, non desisto en que tamén o propio Paradelo teña a ben personarse aquí, o mesmo que Jim Morrison, sen dúbida voces moito máis autorizadas ca miña para falar do asunto que aquí nos convoca.
Moi boa noite a todos.
Permitanme que colgue un poema, que entendo pode vir a conto, é de Paul Celán.
FALA TI TAMÉN
Fala ti tamén,
fala o derradeiro,
pronuncia o teu proverbio.
Fala
pero non separes o non do si.
dálle ao teu proverbio tamén sentido:
dálle sombra.
Dálle sombra bastante,
dálle toda a que
sabes repartida en redor túa entre
a medianoite, o mediodía e a medianoite.
Mira ao redor
mira como entorno todo devén vivo
¡Pola morte! ¡vivo!
Verdade di quen sombra di
Xa porén se reduce o lugar onde te tes:
¿A onde irás agora, espoliado de sombra, a onde?
Sobe. Tantea cara arriba.
¡Máis escaso devés, máis irrecoñecíbel, máis fino1!
mais fino: un filamento,
polo que baixar quere a estrela:
para nadar fondo, no fondo,
onde ela se ve brillar: no escarceo
de palabras peregrinas.
Moi bo e de calidade o debate. Máis, por favor.
Comparto o que comenta tan atinadamente e con expresión precisa e non exenta de ilustrada elegancia o señor Apicultor. Aínda que tamén é certo que, na vida cotiá, tendo a escoitar con atención os dictames estéticos dos "homes libres e cultos" aos que apela o señor levita. Pero debo engadir que non sempre os xuízos emitidos por esa distinguida caste coinciden cos meus nin deixo de velos mediados por afáns "impuros" e, en calquera caso, non estrictamente estéticos. Apicultor mencionaba o estatus e o poder, como non, e eu apunto, se non lles parece vulgar ou indecoroso, a lascivia e o desexo carnal.
Explique polo miudo esto último, amigo Leituga 1. Estou ansioso.
Señor apicultor, non sospeitaba ter acadado en tan breve tempo a súa admiración como para deseguido decepcionalo, laméntoo.
Non hai atallo, nen recurso ao “e ti”, senón apelación á reflexión sobre as posicións de partida. O artigo de Paradelo, penso, non trata a cuestión do relativismo-fundamentalismo, leo que se fai unha valoración argumentada sobre a produción estética na actualidade. Permítame que o apele outra vez para que reflexione sobre a súa posicición de partida. Ocorre ás veces, e creo que aquí en concreto, que ao comezar a crítica dun discurso que se cre oposto, recórrese á redución do opoñente a unha caricatura. Non observei, logo dunha atenta lectura do artigo, que Paradelo sosteña en ningún momento a existencia dunha posición de observación privilexiada, polo que eu non lle podo dar a razón a vostede na miña interpretación do texto, sinxelamente porque esa posición de preeminencia epistemóloxica non fundamentada a proxecta vostede sobre o autor de artigo, e sobre a miña interpretación del.
Eu tento facerlle participe dunha distinción que me parece importante, aquela que se refire aos distintos tipos de racionalidade. Non podemos esixirlle á racionalidade estética o mesmo grao de precisión que á racionalidade científica. Unha “verdade” estética nunca terá o grao de exactitude dunha verdade científica, ou mesmo unha verdada practi-moral. O artigo trata exclusivamente sobre estética, e sobre este ámbito de racionalidade é como hai que entender a súa pretensión de verdade, non confundido, as aseveracións que poidan facerse con afirmacións teorico-epistemolóxicas.
Pedir unha definición máis operativa sobre a “experiencia” no texto sobre o que tratamos, logo das aproximacións feitas polo autor, non revela senón o seu grao de impericia respecto a aquelo sobre o que se permite esixir precisión. O termo experiencia, señor Apicultor, ten unha longa e intensa historia na filosofía, atravesa toda a “experiencia” do pensar e, como ocorre coas cuestións filosóficas de fondo, dun interrogante de partida pásase, logo dun tempo de alumbramento e esforzo, a un interrogante maior. Non é a filosofía o ámbito para definicións de rápida e persistente operatividade, e menos no espazo dun artigo, que non trata exclusivamente sobre este asunto, e que requeriría un estudo, un ensaio, unha tese (paréceme que Paradelo está cunha neste sentido). Ollarei con curisosidade a recomendación do libro que fai, pero quero dicirlle que para min a última referencia da realidade é o individuo. O proceso polo que chego a esta afirmación é longo, e non pode ser exposto aquí. Pero apunto que non acredito en experiencias compartidas. Esto levaríanos á problemática das “outras mentes”, e ao solipsismo. Coido, con Witgenstein, que non podo sentir a dor do outro, pero podo facerme unha idea da súa dor, a partir da miña. Mais a miña dor nunca será a do outro nin a do outro poderá ser a miña dor. As comunidades de experiencia o que son en realidade é comunidades comunicativas de experiencia, e moi probabelmente con moitos efectos curativos.
O consenso ao que tende a “comunidade ideal de diálogo” é como afirma a súa propia enunciación un ideal. Este ideal pragmático inserido na propia acción comunicativa, ten un interese emancipador que se expresa na necesidade de superar unha situación social caracterizada por unha comunicación sistemáticamente deformada, e tamén unha constrición e desigualdade na concurrencia ao espazo comunicativo que só é lexitima en apariencia. A linguaxe é constitutiva do desenvolvemento da capacidade humana que caracterizamos como actividade racional. Grazas á linguaxe é posibel unha dinámica realizativa na que os aspectos perceptivos, cognoscitivos, enxuizadores e a toma de decisións interrelaciónanse dun xeito moito máis complexo do que pensabamos (antes do xiro lingüístico), imposibilitando que se poidan disociar os distintos tipos de regras que articulan a linguaxe e a acción humana, das prácticas cognoscitivas e avaliadoras. A acción comunicativa pon en xogo o potencial de convición da linguaxe, coas súas regras internas, os seus sentidos intersubxectivamente compartidos e permite acadar a xustificación das distintas pretensións de verdade.
A observación que vostede lle fai á proposta Habermasiana, de non ser posíbel no mundo realmente existente, e identificar a “comunidade ideal de diálogo” cunha “Comunidade dos Santos”, que nos seus aspectos resolutivos viría a dicir que o consenso real sería en definitiva a opinión da maioría, e por tanto estaría equiparando a verdade coa opinión da maioría cando é obvio que a realidade dos acontecementos desminte a cada paso esta identificación, a min lembrame a crítica que lle fai a Habermas Sheila Benhabib quen, dando por puro idealismo utópico e paternalista a opción do consenso, baixa o nivel de esixencia e propón substituílo polo de deliberación, unha concurrencia na que cada unha das partes non renuncia aos seus intereses instrumentais na acción comunicativa. Pero Habermas non está cego a esta observación, en ningún momento fai a afirmación que lle parecen imputar certos críticos como Benhabib, senón que distingue con claridade entre os consensos empíricos (históricos, continxentes, parciais) e o consenso da comunidade ideal de comunicación (contrafáctico e imparcial). A apelación a un consenso dunha comunidade de diálogo ideal é un procedemento para enxuizar os conflitos desde a perspectiva, non da maioría, senón da comunidade universal das persoas involucradas (reais ou posibeis), nunha participación contrafáctica a partires das condicións de posibibilidade de todo discurso posíbel. Esta racionalidade procedemental é a base dunha concepción normativa(moral). O problema estriba en que este tipo de idealizacións implica peticións de principio polas que se asumen os supostos. A relación entre estes supostos e os resultados do consenso non está exenta de circularidade. Comunícolle señor Apicultor, para que evite esa tendencia caricaturesca do que se cre como contrario que Habermas ten exposto reiteradamente a súa posición falibilista respecto a toda teoría científica e filosófica, é dicir, acepta a imposibilidade dunha fundamentación última. Non así K.O. Apel, colega seu e con quen ás veces se lle terxiversa. Tamén lle comunico que eu non son Habermasiano, aínda que participe activamente de parte dos seus postulados, e recoñeza nel a todo un maestro da filosofia, como Heidegger, Kant, Hume, Platón, Aristóteles ou algúns presocráticos.
Respecto ao relativismo quero ser diáfano, e son consciente de que o que expoño agora non ten nada que ver co artigo, simplemente porque non trata nada disto, pero dado que o tándem relativista Leituga-Apicultor tenta confundirme, un co fume espanta abellas e outro axitando relativamente as súas flores, fago este impreciso e insuficente exercicio de orientación para evitar perderme como os meus queridos insectos. Primeiro e para evitar facer esquemas proxectivos distorsionantes, como fan os meus opoñentes, quero por en claro que non sitúo o relativismo, como torticeiramente fan outros, nunha posición que sostén a invalidez do coñecimento ou dos códigoso morais. Isto sería primeiro falso e logo simplista. O relativismo e isto si que o afirmo, en xeral, consiste nun ataque sistemático á pretensión de universalidade das nosas prácticas, xa sexan cognitivas, éticas ou estéticas. Expoño aquí a cuestión que persergue ao relativismo como a súa sombra desde as súas orixes, a cuestión da incoherencia última da posición relativista:
Si o relativismo radical ten “razón”, entón o que sostén ten que ser en algún sentido falso. En efecto, si de acordo ao mandato relativista, admitimos que a verdade de calquera proposición é relativa aos cánones e criterios avaliativos utilizados ao xuzgar, a propria afirmación do relativista terá unha validez limitada e relativa aos estándares epistemolóxicos, morais ou estéticos desde os que é enunciada. Dicir que a afirmación relativista é ela mesma relativa, e tanto como recoñecer que non será verdadeira de xeito absoluto e que, por tanto, en ocasións será falsa. Pero que a tese do relativismo sexa falsa significa que non todas as verdades son relativas e que, por tanto, é posíbel rescatar certos enunciados, a cuxa validez podemos razonabelmente atribuír un carácter absoluto.
Encantado de debater con vostede Apicultor, con Leituga 1 e con todos os tertulianos deste extraordinario blog de Marcos, pasarei máis por aquí. Até o luns, vou de viaxe.
Un saúdo e disfruten da fin de semana.
Pois a miña opinión que adiantei nun post aínda queda por desenvolver, pero mentres algo de música non lle parece?
http://www.youtube.com/watch?v=-tSgyeE5YCM
A ver si sae, picade aquí .
Aclaración.
Cara o final do post, onde dí:
Si o relativismo radical ten "razón"
Utilizo o termo "radical" para evitar confusións como se producirían no campo oposto ao definirse un por exemplo como fundamentalista relativista, ou suave...
Abrangue intencionalmente o concepto baixo todo o que se subsumen ás diferentes posicións de relativismo, que se identifican co termo.
A ver se a terceira...
Picade aqu�
Juer que rokero está hoxe o noso amigo Jimy.Outros días dalle polo jazz...
MI LA SI LA .Ben.Clásica progresión I IV V IV,cargada da correspondente pentatónica...Gracias polo bó rato,Jimmy...
o colega de Steve Marriot é o formidabel Alexis Corner, estou agora mesmo a tocar o tema, como podo, vostede que instrumento toca amigo Da coba?
En realidade pra armonía completa,conte có acorde de sol#m (G#m) e tamén,nalgún momento,có de Do (C).Este último,non é da tonalidade (MI).É o que se chama una acorde prestado do tono paralelo menor (mim).Estóu seguro de que saberá colocalos perfectamente.Nalgún momento,será mellor que os "quinte",tocando sólo un intervalo de quinta sobre a raiz do acorde("power chord") pra conseguir o sonido do grupo.Perdone o rollo,estóu seguro que xa sabe todo eso.Toco (moi mal) os teclados e a guitarra...
Ei, ti, lisca da miña nube
non fiques aquí...
unha versión dos Rolling
Soñéi que estaba
no alto dun rañaceos
Tan alto que non vía o chan
E chega un tipo e dime
que me faría millonario
se xuntaba non sei cantos
envoltorios
do seu produto
E dixen:
Ei,tí,lisca da miña nube...
(Adicado marcel swann,sempre "no camiño...")
Nada máis lonxe da miña intención, señor Levita, que intentar confundilo. Sería pretensión inútil, entre outras cousas porque é vostede inconfundible. En realidade, podo estar de acordo con varias das cousas que vostede e Paradelo din (e, como son un relativista do carallo, tamén podo non estalo). Pero no que estou decididamente en desacordo é coa súa afirmación de que o artigo de Paradelo fala só de estética. Iso non é certo, pois o valor estético é en principio independente do recoñecemento social, dos apoios institucionais e do carácter máis ou menos minoritario das audiencias, asuntos todos eles aos que remite continuamente o texto paradeliano.
Relativista si, pero a vaquiña polo que vale.
O señor Arume pídeme que explique un pouco as miñas alusións á presencia, case sempre críptica, da lascivia e o apetito sexual nos discursos de moitos "homes libres e cultos". Estou seguro, porén, de que Arume, observador e perspicaz, bondadosamente malicioso, sabe ben do que falo. É desgracia coñecida por todos que non son moitos os "clercs" agasallados polos azarosos deuses da natureza cos dons da beleza corporal, o rostro agradable, a soltura xestual e o seductor e inefable escintileo da gracia. Abrumados pola responsabilidade que a súa conciencia non alienada do mundo deitou sobre os seus espíritos, viven alleos a modas e afeites, a barberías e perendengues, a deseños e locións, a escaparates e mundanidades varias. Pero, ¡ai!, non por este voluntario afastamento dos diversos modos nos que se metamorfosea a frivolidade neste mundo globalizado, neoliberal e perdido para os valores, deixamos os homes libres e cultos de experimentar a mancante ferida do desexo cando se nos pon diante e, como quen di, a tiro, a figura deslumbrante dunha muller fermosa. Daquela pode virnos a cabeza, como un recordatorio dooroso e urxente, aquilo que dicía o Poeta: ¡Ai, a carne está triste e eu xa lin todos os libros!". Disimulen se a cita non é textual nin absolutamente correcta. O importante é que, neses casos, cultos e libres adoitamos xogar a partida coas nosas cartas, engalanarnos coas nosas poucas prumas, desenvainar as nosas armas, tan afiadas e certeiras en seminarios e simposios como melladas e insuficientes en terrazas e guateques. As palabras, en efecto, as palabras. ¿Cantas veces non foron elas camiños sinuosos, e non sempre choídos, para achegármonos coma lobos famentos ata o corazón do bosque?
Comentario antolóxico do amigo Leituga1, digno de figurar en letras de ouro. Se o leran esas fermosas mulleres, de seguro que cairían rendidas, se non aos seus pés, aos seus miolos fixo.
Non hai problema en aceptar que toda experiencia é individual a condición de que aceptemos qué o "individuo" é algo tan abstracto como a "comunidade", entidade coa que ás veces se lle enfronta. Se non hai comunidade sen individuos, tampouco hai individuos sen comunidade. E non pola obviedade de que non poidan existir "Robinsons", senón porque o individuo ten un oco ou fenda polo que entra o mundo, máis alá de si mesmo que o constitúe esencialmente, e, en certos aspectos, con total independencia da súa vontade. É o nó de relacións “intersuxeitivas” (palabrexa moi do gosto dos habermasiáns que fala das súas limitacións para entender o fenómeno da comunicación), quen define a singularidade do individuo, non unha individualidade “irreductible” que conformaría a experiencia. ¿Sería eu quen son sen a miña familia e os meus amigos, sen aquilo que me aconteceu cando era meniño, sen aquela muller ou aquel conflicto, sen, en fin, a miña época e a miña”sociedade”? ¿Tería eu a mesma “recepción” de –poñamos por caso- Xelamonite, de non ter nacido en Galicia, en determinada época, e mesmo con determinadas amistades? A resposta é negativa, porque “eu” sería “outro”, pois por ese oco, fenda ou decentración constitutiva polo que entra o mundo entrarían “outras” cousas e “eu” non sería “o mesmo”. De maneira que nin a experiencia común é "vicaria", nin o individuo puro é a base derradeira da experiencia, porque ámbolos dous son, no fondo e co mesmo dereito, tan individuais como transindividuais. Se aquí se rematase a discusión, non habería propiamente “arte”, dado que neste vibra unha dimensión singular, que non pode ser obviada, sen negar o propio fenómeno artístico. Que a arte non é reductible a concepto, que a producción e repepción estética non poden ser seriadas nin convertibles en fórmula, non se contradí, porén, co fundamento transindividual da experiencia estética. Só fala da súa singularidade, algo distinto da súa individualidade. A arte (e as “razóns” para preferir unha obra a outra) é comunicable porque a experiencia estética ten un aquel de “común”. Se fose puramente “individual”, no sentido de “robinsonián”, non sería, por pura gramática, comunicable, ou seríao nun sentido irremediablemente “vicario” e “demediado”. Pero non. A arte é individual, pero comunitaria; singular pero comprensible por unha xeneralidade; histórica pero resistente ao paso do tempo; depende do gusto pero non se identifica con el; pódese razoar, pero ata certo punto; e comunicable, pero sempre quedará a dúbida de se a miña experiencia coincide coa tua. Particular e universalizable, histórica e permanente, ideal e libidinal, autónoma e social, a arte –permítaseme poñer un pouco estupendo- ten un algo de misterio. Como o home, diría, poñéndome definitivamente cachondo.
Este Leituga1 é un "picus aurorum..." (Vaia,creo que non está ben declinado,¿Será "picus auri"?
(Vai vir o X.M.González,e váimo facer copiar mil veces,como na "Vida de Bryan")
Benvolgut Leituga:
Eu tamén cría que, cos aniños, se me ía poñer a cara ou mesmo a faciana interesante, e que ía ligar en seminarios e canapés coma vostede, a pesar de que nin freuente os uns nin os outros.
Pero estaba trabucado. Pasan os anos e constato que xa non se leva o do rollo intelectual e ter un pico d'ouro (refírome á facultade de falar moito e ben). Agora os cabaleiros ben considerados son os homes ouxeto (adiviñen quen é o suxeito e por onde anda o predicado), polo que os milímetro sexuais xa non ligamos. A conclusión, un tanto desesperanzada, é: De que nos valeu ler tantos libros? O do sexo na cabeza está moi ben, pero ninguén se alimenta polos pés ou respira polo cocote.
Xa non hai seminarios nin canapés que valgan, señor Swann. Tempus fugit e Sic transit gloria mundi. E cada día intúese máis perto o Requiescat in pace. Dicía Cunqueiro que o fin último de toda cultura é o descubrimento do outono e a invención da nostalxia, segundo leo no excelente "Galicia borrosa" de Santiago Lamas. Máis ou menos niso andamos, e os libros e os blogs actúan como bálsamos ou lenitivos que nos axudan a darlle un aire dourado e talvez fermoso ao que xa foi. Así que cando aquela "brunette" de encanto incontestable e pernas como misterios pase por riba de nós unha ollada efémera, distraída e humillante, o mellor que poderemos facer ao saír do canapé non será poñer o tranquimazín debaixo da lingua nin lanzármonos ao bote de píldoras inhibidoras da recapatación da serotonina, senón abrir un libro ou pinchar no blog. Triste consolo quizais, pero consolo á fin.
Eu son deses que ligaron,moito ou pouco,coas únicas armas do "pico".No meu caso,vamos poñer...de bronce.Sempre envidiéi ós que ligaban merced ó seu atrativo físico.Non só ligaban máis rápidamente,senon que tamén se desembarazaban das rapazas antes.As "partenaires",despois de satisfeitas sexualmente,"pasaban" pronto deles.Qué desgraciadiño fun eu, sempreter que chegar ó extremo de namorar a unha muller pra conseguir o que eu pretendía UN favor sexual.Qué dolorosas as separaciós cando eran irremediábels.Canto daría por ser un Adonis...
(Non séi se estará ben dito "desembarazaban",pero esta setimana gastéi 42 euros nun dicionario de dudas do galego de Galaxia.Vanme pillar vostedes cada vez en menos pifias).
Amigos, non se me poñan nostálxicos ou "quejumbrosos", que non se consola quen non quere... Pensen que sempre houbo, hai e haberá, xente moito máis desgraciada que vostedes sentimental e sexualmente, que ligaron moito menos que vostedes (algúns incluso nunca), que tiveron moitos máis fracasos amorosos que vostedes (ou ningún: outra desgraza se ben se mira), que lle deron ao vicio do fornicio moito menos que vostedes (algúns incluso nada.. ou nada pracenteiramente), que coñeceron carnalmente a moitas menos femias que vostedes (algúns mesmo só a unha), que tiveron moitas máis disfuncións eréctiles que vostedes, ... e que agora, no momento no que, meus caros amigos, están a piques de entrar nunha idade provecta, esas xentes desgrazadiñas de verdade levan xa moitos anos (algúns mesmo desde a a máis tenra pubertade) instalados na senectude vital ou biolóxica.
Ten contado varias veces Manuel Vicent que cando lle expuxo a Adolfo Bioy Casares a súa teoría de que, a partir dun determinado momento, os homes que se convirten en "invisibles" para as mulleres, e inquirido por se lle tiña acontecido tal circunstancia, Bioy Casares contestou que si, que o viña observando desde había tres anos. O detalle é que, cando isto dixo, Bioy tiña oitenta e dous anos.
Así pois, e para dar unha cal e outra de area, lamento informalos dunha mala noticia, amigos, aínda que xa sospeitaran algo: malgré vous, nunca serán como Adolfo Bioy Casares.
O texto de apicultor venme de recordar aquel señor tan puntual que se paseaba por Königsberg.Nunca se casóu.Nas súas propias verbas:"Cando podía disfrutar do matrimonio,non tiña medios económicos.E cando tiña medios económicos,xa non podía disfrutar do matrimonio"
Comezamos elaborando unha profunda (tan profunda que eu recoñezo que non chego a ver o fondo) discusión sobre a recepción artística (con chiscadelas á intermediación crítica, á constitución do canon, á construcción do gusto) e rematamos nunha serie ciceroniana de senectute. Sursum corda, ostias, que chega o outono.
Si pero, e dígoo por propia experiencia, maís vale estar só cen anos ca tres ou catro mal acompañado.
Disimule, señor Levita, non é por descortesía, é que non vira a súa constestación.
Francamente, véxoo un chisco amolado e un puntiño irritado nas súas palabras. Amolamento e irritación que se compadece moi pouco coa súa chamada á acción comunicativa que poña en xogo o potencial de convición da linguaxe e a intersubxectividade compartida.
Se comezamos coa descualificación sumaria dos críticos –que non dos “opoñentes”, como reitera varias veces- con perlas do teor de que estes o “reducen á caricatura”, de que o tentan “confundir” (Leituga 1 e máis eu formando un “tándem”!), de que usamos “esquemas proxectivos distorsionantes” ou recomendando evitar unha suposta “tendencia caricaturesca”, pois, por ese camiño, mal imos para desenvolver unha acción dialóxica como a que vostede tan encarecidamente recomenda, porque, a todas luces, ese proceder non reune nin de lonxe as características que tan claramente enunciou nas súas precedentes mensaxes, clausurando toda posibilidade de deliberación conxunta.
Menos mal que xa puxen a venda antes da ferida (pedindo excusas pola miña “impericia”), pero aínda así vostede non se priva (deshonestamente?) de botarme en cara o meu “grao de impericia respecto a aquelo sobre o que se [me] permite[o] esixir precisión”. Dito en prata: vén dicir subliminalmente algo así como “vostede[s] non sabe[n] do que está[n] a falar nin ten[teñen] competencia para discutir comigo”.
Por outra banda, ten a ben indicarme que “o termo experiencia… ten unha longa e intensa historia na filosofía”. Grazas pola información, pero até aí aínda dou chegado. Haberá, pois, que agardar á futura tese de Paradelo que vostede nos anuncia en primicia, aínda que eu tiña entendido que a formación deste era autodidacta e non académica, polo que dificilmente podería preparar unha tese de doutoramento (e apresúrome a engadir que, ademais de ser moi meritorio o autodidactismo, hai autodidactas que lle dan cen voltas a moitos universitarios).
E, no que respecta á súa afirmación de que “non acredito[a] en experiencias compartidas”, á que vostede di ter chegado despois dun proceso longo de reflexión filosófica, teño que dicirlle que en ningún momento dixen que fose unha opinión caprichosa ou sen fundamento, e tampouco puxen en dúbida de que chegara a esa conclusión despois de sesudos estudos, senón, simplemente, que non a compartía (desde a miña crasa ignorancia, apresúrome a confesar).
Igualmente, e sen dúbida consecuencia da miña “impericia” na expresión, teño que indicarlle que entendeu mal as miñas palabras, pois en ningún momento equiparei a “verdade coa opinión da maioría”, sobre todo cando se trata de cuestión estéticas ou literarias. Respecto doutros asuntos máis mundanos coido que sería pertinente problematizar unha afirmación tan contundente, pero eu non vou deducir das súas palabras algo que non dixo. Ah, e por certo, tamén se trabucou noutra cousa: na miña intervención non amosei (mea culpa!) ningunha “admiración” por vostede, tan só respecto polas súas palabras e agradecemento pola deferencia que tivo ao contestar as miñas. Permítame que esta si sexa, para min, algo exclusivamente individual e que a prodigue cando o estime conveniente.
Así as cousas, teño que recoñecer que me comprace que, cando menos, me poña a carón da distinguida académica Sheila Benhabib. Algo é algo, despois dunha impugación á totalidade como a que vostede fixo.
Para rematar esta longa e seguramente innecesaria intervención, penso que o enxergamento de “debate” desenvolvido nestas mensaxes ten o seu interese, pero non menos certo é que tamén amosa empiricamente os límites da proposta hebermasiana. Non sei se neste caso concreto media poder ou estatus, como apuntaba eu, mais o que si está claro é que non media ningunha lascivia ou desexo carnal, como dun xeito tan simpático –e non sen parte de razón- dicía o meu querido e admirado contertulio Leituga 1.
Moi boa noite.
Vaia,apicultor.A primeira frase do seu último escrito parece copiada de Benedetti...XDDDD
Non Sequitur. Señor Apicultor, pasa vostede ao lado dos meus argumentos sen tocalos. Seguir co debate, obrigaríame a manifestarlle o que xa está explicitado. Se non entendeu, só ten que lelo con máis atención de novo, e se o entendeu é que o move certa intención que para min non ten ningún interese.
Bo comezo de samana para todos.
Pois moito non lle lin a Benedetti, as cousas como son. Algún conto dun vello libro en Alianza hai ben anos. Nada conscientemente copiado, asegúrollelo.
O que si tiña pensado comezar o texto era do seguinte xeito: "Moitos anos despois, fronte o pelotón de fusilamento...", pero pereceume que non pegaba moito co tema e por iso non fixen.
Agora achácalle a un: 1) que non se entera ou 2) que o move non sei que "certa intención" (oculta e inconfesable, supoño). En fin, é mellor deixalo, señor Levita. Foi un pracer debatir con vostede até onde foi posible.
Bo comezo de semana tamén para vostede.
Amén
Vaia, ho, non sabía. Pero non hai que tomarse as cousas a peito, digo eu.
Mira arredor
mira cómo en torno todo devén vivo
pola morte! vivo!
Verdade dí quen sombra di.
A onde iras agora expoliado de sombra....a onde?
Como?
Qué é un intelectual?
O Consello Inseminario de Estudos Avanzados e Prospectivos (ATBCAISP) sempre á vangarda, e logo de saber o que é un intelectual fixémonos unha pregunta máis: qué é o que leva a un ser humano a se converter en intelectual?
Tras arduos experimentos poñemos tres cuestións de manifesto:
Un intelectual di que le moito ou efectivamente le.
Unha persoa cunha vida en parella saudable non ten tempo a ler moito.
Unha persoa cunha vida sexual activa (compartida) non ten tempo a ler moito.
Polo tanto un intelectual:
Non ten vida en parella (moito menos trío ou relación aberta).
Se a ten, esta é un desastre.
Non ten vida sexual activa (compartida).
Deste xeito xéranse os intelectuais.
Pero leituta se nen hai blog ao apaño e tampouco trankimazin poderíamos ao longo dun tempo situarnos así....
Coas primeiras palabras que lle dirixiu, quixo, desde o principio, prevela que non pretendía comprometerse nunha relación demasiado seria. É dicir, falou pouco mais ou menos así
- Amote moito, e polo teu ben desexo que non poñamos de acordo en ser moi cautos.
A palabra era tan prudente que resultaba dificil crer que era dita por amor a outro, e de ter sido un pouco mais sicera, debería ter soado así:
-Gustasme moito, pero na miña vida nunca poderás ser algo mais que un xoguete. Teño outros deberes, a miña carreira, a miña familia...
A novela ten un título ben suxerente: Senilidade.
Pra o Anónimo anterior:
Fai tempo,lín un artigo sobor das características dos "xenios".Daba un monton delas,cáseque todas moi coñecidas.Pero ó final do todo,decía: "Por algunha razón extraña,cáseque sempre morren sen descendencia...".Compróbeno vostedes mesmos...
O que está claro é que,aínda que non biolóxica,deixan descendencia "lóxica".¿Existirá unha incompatibilidade oculta entre trasmisión xenética e memética?
E,dende logo,a canción que habería que enlazar tralo escrito de Jimy é "Por que la quería" de Serrat,pero non a atopéi en Youtube...
Sobe o dito por XDC arredor dos xenios e a transmisión xenética: en Galicia morreron sen descendencia figuras da talla de CASTELAO, OTERO PEDRAYO, LUÍS SEOANE, RAMÓN PIÑEIRO, RAFAEL DIESTE... a lista creo que sería longa.
Castelao si tivo un fillo pero morreu en chengando a súa adolescencia, quizais a maior desgraza da súa vida (peor aínda que o exilio e morrer fóra da patria, diría eu).
Antes, sobre todo antes da invención e socialización da penicilina, había moita xente que ficaba sen descendencia por causa de contraer enfermidades venéreas. Hai máis dun caso no noso Panteón Nacional de Literatos, segundo teño entendido, que non tivo fillos por esta razón.
Hai que ter en conta que, vivencialmente, os membros do noso Panteón Nacional de Literatos eran, polo xeral, homes de costumes tradicionais e convencionais, polo que botaban noivas serias e de acendrada e ríxida moralidade, coas que estaba tallantemente "prohibido" manter relacións sexuais antes do matrimonio.
Daquela, como aliviaban os nosos literatos os seus ardores máis inconfesables, tanto antes como, en casos, despois do matrimonio? Pois acodindo a un modo tamén tradicional: a frecuentación dos prostíbulos e o contacto coas meretrices. Esta circunstancia facía que fose doado contraer enfermidades venéreas, o que tiña nefastas consecuencias á hora da descendencia.
Cóntase o caso de dous grandes amigos, ademais de galeguistas, que adoitaban ir xuntos de novos a unha casa de lenocinio e manter cadansúa relación afastados por un biombo. No momento da culminación, un deles berraba o nome do outro, ao que este contestaba: Que?, e o outro retrucaba xa ciscándose: Viva Galicia ceibe!
Así tamén se fai a historia.
O cal non invalida o dito: Viva Galicia ceibe! E así se fixo, fai e fará a historia.
Home, só a unha mente estreita se lle pode pasar pola cabeza que unha anécdota como a citada invalide un lema coma ese. Non cre?
¡Cómo se anima todo cando se trata o tema do SEXTO (en ingles,"SEX")!
Volvendo ó escrito de Paradelo,poden comentarse moitas cousas relacioadas,algunhas moi manidas.
Vou facer un comentario aparentemente alonxado do tema.
Nos últimos anos hai un cambio total de actitude na xente hacia a "diversión".
Antes,a xente "divertíase" en canto tiña ocasión.Hoxe "hai que divertila".A xente que traballa no aespectáculo percibe moi ben a diferenza.Desde o esceario non é o mesmo ver a xente que se divirte ou divertida que xente á que hai que divertir.Neses casos o artista vése a sí mesmo coma un bufón tentando entreteñer a un rei crónicamente aburrido e saciado de todo.En realidade o artista debe levar a cabo unha "mayéutica" da "diversión" que debe existir xa potencialmente no espectador.O espectador divírtese como o alumno cando o profesor lle responde algo que previamente lle interesa.Noutro caso o artista é un "mono de feira",e o profesor un aburrido...
Os libros que se venden moito son os "monos de feira" dos libros...
SOBRE XELAMONITE: Aproveito para comunicarlles que, segundo fontes ben informadas, as propostas para o Premio Nacional da Critica deste ano, son "Os libros arden mal", de Manolo Rivas; "Se algún día
esta muller morta", de Miguel Sande, e "Xelamonite", de LOIS PARADELO, o autor do artigo que abriu este denso e comentado fío.
Pois estaría moi ben que o gañase algún autor aínda non consagrado. Eu celebraría o de Paradelo, xaora.
Jim Morrison, non me pasou inadvertido o seu post. Quero só deixar uns apuntes sobre o que expón, que pode orixinar un debate de calado teórico e practico moi completo.
Estou contigo en que non se lle ode presupoñer maior grao de concreción ao individuo que a comunidade, nin ao revés. O individuo é no meu entender un resultado social, pero un resultado inacabado. Robinson Crusoe sobrevive na illa porque levaba toda a sociedade na súa memoria, na illa o que fai é reproducir a sociedade, apenas inventa, case todo o que fai é aprendido, adapta o legado cultural a súa situación de náugrago.
É certo que as teorías do liberalismo clásico derivado do utilitarismo consecuencialista son hoxe insostibeis. Basta recurrir as evidencias suministradas pola antropoloxía e a socioloxía para mostrar que a premisa dun individuo completamente aillado, descarnado de todo o social , é totalmente improcedente. Incluso me atrevo en parte a ostender a critica a Teoría da Xistiza de Rawls, que pretendía superar este tipo de individualismo pero que exclue case case todo contexto e particularismo mediante o recurso ao "veo da ignorancia".
Un eu que se poña fora do alcance da experiencia, faise invulnerabel a experiencia e ao mundo, e fixa a súa idnetidade dunha vez e para sempre. Un suxeito deste tipo, como unha reminiscencia do suxeito trascendental kantiano é hoxe insostibel.
Pero dende os presupostos dun liberalismo aberto a experiencia, continxente, histórico pero sen abandoar a pretensión de normas universais, faise a seguinte observación:
O feito de que nos socialicemos nun mundo da vida dado, o feito de que existan normas que seguimos e valores que subscribimos, non garantiza que ese mundo, esas nomras e eses valores sexan válidos polo mero feito da súa facticidade, da súa existencia. Toda norma que seguimos debe ser sermpre pensada dende a súa posibel validez, e ese xuizo é o que exercitamos dende a "autonomía" cando reflexivamente adoptamos una posición ante o noso entramado contextual.
Son da opinión de que as discusión en torno as noción de identidade e tradición, deberían ter en conta unha das princpais aportacións da "etica discursiva", onde a subxectividade xa non é pensada como un espacio interior e privilexiado no que que ocorre o preceso da representación e do coñecimento, senón que o eu aparece como un falante que dialoga con outros falantes e que se constitúe no proceso de comunicación. Coincido tamén con vostede na súa concepción da arte, a arte ten misterio, ou como teorizaba T. W. Adorno: Enigma.
Un saudo a todos, alédome pola nominación de Paradelo, e no debate, xa se sabe, non está exenta a paixon, a conrariedade, e as maravillosas coincidencias, por esto mesmo o disfrutamos.
Eu alégrome tamén pola nominación de "Xelamonite", a interesantísima "opera prima" de Luís Paradelo. Alégrome tamén pola nominación de Manuel Rivas, sempre á altura de si mesmo. E non entendo a de Sande, que lle vou facer.
Suxerentes as cousas que di, amigo Levita, pero inabordables nun espacio coma este, a non ser que o convirtamos nunha asamblea de sabios que falan en xiria sobre a necesidade de falar para entenderse. De acordo en case todo.
¿dille que si como os tolos?
Señor A nonimo viríalle ben a vostede un tranki mazin.
Publicar un comentario