cen anos de historia cultural
1980: Ferrín, Casares, Xavier Alcalá...
Outro ano excepcional nas nosas letras. Xa o fora cen anos antes, o 1880, ano marabilloso que consagrou con ese nome Carballo Calero. Cen anos despois aparecían libros moi relevantes da nosa historia cultural. Por exemplo, a memoria urbana ourensá e a loita en prol da tolerancia da Ilustrísima, de Carlos Casares, un dos seus libros máis lidos e admirados. E a crónica biográfica, auténtica novela de iniciación de Xoanciño, un neno co que se identificaron centos de rapaces nunha das novelas máis lidas (e ata pirateadas) das nosas letras, A nosa cinza (Ed. Follas Novas), de Xavier Alcalá. E a fonda riqueza expresiva dos relatos de Méndez Ferrín en Crónica de nós, libro de forte marca xeracional para os mozos da época e que contén, na miña opinión, algunhas das mellores páxinas do Ferrín prosista (velaí contos como ‘Sibila’, ‘Episodio de caza’ e ‘Xeque-Mate’, entre outros).
Tamén no terreo narrativo, aquel ano 1980 nos deixou dúas novelas de Xosé M. Martínez Oca, A fuxida e Un ano e un día, novela sentimental; unha das obras máis relevantes de Camilo Gonsar, Cara a Times Square, longo e complexo relato, aberto a diversas lecturas e que M. Forcadela considera como despedida das conviccións literarias da mocidade do autor, nos tempos da Nova Narrativa Galega. Xosé Neira Vilas achegaba naquelas datas dous valiosos títulos de narrativa, Querido Tomás e Nai e aparecía ademais Era tempo de apandar, a crónica da guerra civil dende a perspectiva dun dos narradores do exilio, Ramón de Valenzuela. Pola súa banda Xosé Fernández Ferreiro achegábase ó relato antropolóxico dos afiadores ourensáns en A saga dun afiador, e o matrimonio Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro publicaban a súa novela conxunta Morrer en Vilaquinte, arredor das memorias dun vello acordeonista. Xoán Guisán Seixas publicaba unha xeira de contos co título A origen certa do faro de Alexandría, e saía o quinto tomo dos relatos do Pedrón con contos de Xoán I. Taibo (‘Pacífico Sul’) e Román Raña, entre outros.
Tamén no terreo narrativo, aquel ano 1980 nos deixou dúas novelas de Xosé M. Martínez Oca, A fuxida e Un ano e un día, novela sentimental; unha das obras máis relevantes de Camilo Gonsar, Cara a Times Square, longo e complexo relato, aberto a diversas lecturas e que M. Forcadela considera como despedida das conviccións literarias da mocidade do autor, nos tempos da Nova Narrativa Galega. Xosé Neira Vilas achegaba naquelas datas dous valiosos títulos de narrativa, Querido Tomás e Nai e aparecía ademais Era tempo de apandar, a crónica da guerra civil dende a perspectiva dun dos narradores do exilio, Ramón de Valenzuela. Pola súa banda Xosé Fernández Ferreiro achegábase ó relato antropolóxico dos afiadores ourensáns en A saga dun afiador, e o matrimonio Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro publicaban a súa novela conxunta Morrer en Vilaquinte, arredor das memorias dun vello acordeonista. Xoán Guisán Seixas publicaba unha xeira de contos co título A origen certa do faro de Alexandría, e saía o quinto tomo dos relatos do Pedrón con contos de Xoán I. Taibo (‘Pacífico Sul’) e Román Raña, entre outros.
Na crónica da lírica dese ano hai que subliñar a publicación de libros como Herba aquí e acolá, de Álvaro Cunqueiro, dentro da Obra Completa en Galego deste autor (en Galaxia, nun primeiro tomo dedicado á súa poesía e teatro); Estacións ao mar, de Xoana Torres, premio da crítica española nese ano por este volume ou a Poesía enteira de Heriberto Bens, de Xosé Luís Méndez Ferrín, na nova editorial Xerais. Francisco Xosé Fernández Naval, ‘Chisco’ en terras ourensás, gañaba o Premio poesía Cidade de Ourense con A fonte abagañada e saían á luz ademais Antonte das salamántigas, de Cesáreo Sánchez Iglesias; o segundo poemario de Vicente Araguas, Ás veces en domingo abonda coa tenrura; Sonetos da lúa chea, de Millán Picouto; E direivos eu do míster das cobras, primeiro poemario en galego, épico e lírico, lúdico e bíblico, de Manuel Vilanova, e Informe da gavilla, de Vítor Vaqueiro. De 1980 é o renacemento poético de Antón Tovar, con Calados esconxuros, libro moi ben considerado pola crítica dende os seus inicios; Do recuncho amado, de Sebastián Risco; Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen, de Bernardino Graña, e o poemario conxunto de H. Villar e X. Rábade, Sangue na paisaxe, premio Manuel Antonio. Na poesía en castelán anotemos o volume Cabalum, de Carlos Oroza. (...)
O Congreso dos Deputados aprobaba a redacción definitiva do Estatuto de Autonomía de Galicia, que sería logo votado no país, o 21 de decembro, con taxas históricas de abstención (o que provocou o abraio de Álvaro Cunqueiro: Galicia, un pobo que abdica do seu destino). Nacían daquela a Mesa de Forzas Políticas Galegas (formada polo UPG, PSG e ANPG) e, doutra banda, sen conexión co anterior, o partido nacionalista Esquerda Galega (EG), dende as faíscas do anterior POG de Camilo Nogueira.
8 comentarios:
Vaia cachón. Deixando de parte o político, tres referencias literarias: de Heriberto Bens algún retallo poético-musical rotundo (vg. "Hespaña"); "Herba aquí e acolá": non coñezo mellor instrumento poético para introducir na dimensión europea, na cultura occidental, desde o propio país e lingua; malia algunha dificultade estilística e contextual, aínda lles leo "Morrer en Laura" aos alumnos de 4º da ESO.
Ese "Ilustrísima" que encabeza o post é o libro que xa mencionéi algunha vez e que me gustóu moito,dun obispo que escribía con pseudónimo nun xornal de esquerdas o contrario do que decía no púlpito.Marcos suxeríu que algo así podería pasar nalgún blog...
Coido que hai un erro, o Consello de Forzas Políticas Galegas non naceu no 1980, vaiche boa!
Si que é un erro. Deberon ser os trasnos da informática, que fan cousas raras.
As presas e as inercias de repetir sempre os mesmos nomes. O Consello xa non existía: ó que me refería e o que se funda en 1980 é a Mesa de Forzas Políticas Galegas, un pacto entre ANPG, UPG e PSG. (Ver A Nosa Terra desas datas).
Excusas. Marcos Valcárcel.
Completando datos e acudindo á memoria, que moitas veces é o mellor arquivo (esta frase era un lema de propaganda duns cadernos dos cines Alphaville).
O Consello rematara a súa andaina xa a finais do 76, polo desencontro entre a UPG e os partidos "non nacionalistas": esixíase que sobre todo o MCG pasase a apoiar os sindicatos nacionalistas, cousa que non facía (tiña os seus cadros en CCOO). O Partido Carlista de M.Rego era anécdota. O PSG tiña a súa militancia sindical dividida.
E o resto, ANPG, estaba totalmente na liña da UPG.Ademais, diso había acusacións do outro sector contra o que se consideraba manipulación do Consello pola UPG: de aí viñera a creación da APG, escindida dende a AN-PG.
Outra cousa era a MESA de Forzas Políticas Galegas, posta en marcha na primavera do ano 80, cando o PSG tiña unha crise interna moi forte e estaba dividido en dous sectores: un próximo á unidade de acción co BN-PG e outro contrario. Esa Mesa foi un primeiro paso, creo eu, cara o que sería a reformulación, dous anos despois, no BNG, outono 1982 (hai agora 25 anos), que tamén acolleu un sector significativo do antigo PSG.
"A nosa cinza" é tan ou mellor novela que "Ilustrísima" e, con todo, a pesar de que foi máis lida, parece que non "trascendeu" tanto. En fin. O "canón" literario ten estas cousas...
O 21 de Nadal do 80 non puden votar o Estatuto porque coll�a un avi�n en Labacolla direcci�n Alemania pr� pasar o Nadal con familiares m�us.Era unha ma� chuviosa en Compostela e o aeroporto de Frankfurt estaba todo nevado(Non sei se fora ent�n o de "Vota a�nda que chova").Enfad�ime moito coa televisi�n alem� porque deron a noticia de que Galicia votaba o seu Estatuto de Autonom�a transmitindo imaxes en direto dunha feira moi rural,d�ndonos unha imaxe de atraso que xa non ti�a nada que ver coa realidade urbana de ent�n,pero seguramente adecuada �s seus t�picos.
Publicar un comentario