8 oct 2007


O GALEGO DE LIDIA SENRA
La Región 8 outubro
Coidar o idioma. Falabamos no meu blog (As uvas na solaina) da despedida de Lidia Senra, a brillante secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, que deixa o despois de dezaoito anos de loita. Alguén subliñou con acerto o seu fermosísimo galego, nacido das máis fondas raíces do país: engadiu ademais que lle gustaría ter a súa fonética, con vocais átonas, tónicas e nasalizadas, lonxe do galego “de granxa señoritinga”. Outra voz, moi ben ilustrada, anotou que, sen dubidar da excelente pronuncia de Lidia Senra, todas as demais son igualmente galegas. E amosou o seu temor a que unha rixidez a este respecto “impida que calquera poida achegarse ó galego oral con total liberdade. En español, a ninguén lle loan a súa pronuncia, porque todo vale. E nos outros idiomas igual. Se pronuncio un galego de rúa asfaltada urbanita, non podo falar galego?”. Outro amigo, filólogo de profesión, interveu con sentido común: “O caso é falar, benvido sexa, cunha gran aperta, aquel que fale o galego que poida e saiba. Con todo, o modelo existe (é ben que exista) e o diferencial fonético tamén; no caso do galego, coa existencia de factores especialmente interferentes, cobra importancia particular, iso si, máis sentida por uns ca por outros. Tamén os andaluces tenden aínda moito a evitar o seseo en contexto formal, tal a misa ou o Parlamento; non digamos a aspiración do ese implosivo.”
O diálogo seguiu e pareceume pertinente amosar este pequeno exemplo ós lectores deste xornal. Ó remate houbo varias conclusións cifradas na necesidade dunha norma fixa para a escrita (para entendérmonos nunha coiné convencional); na relevancia de conservar a nosa propia fonética, empezando polo vocalismo de sete vocais, para fortalecer o propio sistema lingüístico e, finalmente, na necesidade de ser ó tempo coidadosos co idioma e respectuosos cos novos falantes que se incorporan ó mesmo. Como indicaba un dos participantes, ás veces planifícanse campañas que fan recaer os problemas do galego só na falta de interese dos falantes ou na escasa vontade dos individuos, o cal tamén pode resultar contraproducente.
Monarquía. Fálase de acoso á monarquía e énchense con este tema páxinas dos xornais. Dende os inicios da transición sempre houbo grupellos radicais a queimar bandeiras ou fotografías. Agora o novidoso é que algúns medios constitúen en altofalantes dos mesmos: xornais, emisoras de radio, ata tertulianos dos programas de corazón. Ten toda a razón o socialista Manuel Chaves cando indica que o que máis pode danar a Monarquía son algúns editoriais, títulos e faladoiros. A apropiación da idea de España como pertenza de seu leva a algúns sectores a erixirse en intérpretes do que debe ser España e a monarquía e do que cabe ou non na democracia. Nese camiño pásase da loita lexítima entre forzas políticas a deslexitimar o propio sistema democrático: un camiño que na maioría dos países europeos é o que seguiron sempre as forzas de extrema dereita. (Foto: Andrea Costas)

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo X.M. Glz:
Anda dando voltas pola miña biblioteca dende fai anos un libro de fonética dun tal E.Martínez Celdrán.,de 1984.Fai anos que o lín,e non teño amigo axeitado pra agasallarllo.Se vostede non o tén sería un pracer enviarllo como agasallo.

Anónimo dijo...

Tamén lle podo enviar "El genio del idioma",de Alex Grijelmo.Un verdadeiro panexírico do idioma español,delicioso.Se non o ten,agasállollo.A ver se pode escribir vostede algo similiar sobor do galego.Sería xenial.

(E,pra Arume d.p.,pódolle agasallar,so non o leéu,"la lunga vita di Marianna Ucria",en italiano.Líno no vran)

Anónimo dijo...

Estou necesitado de lingua italiana, despois do festín de Niccolò Ammaniti que rematei aínda semán pasada. Á súa disposición, amigo John from the cavern.

Anónimo dijo...

Calquera das dúas ofertas sería altamente agradecida. A de M. Celdrán, tanto que fose "Fonética : con especial referencia a la lengua castellana" coma que as "Prácticas"; o outro, que non coñezo, promete moito. A cuestión é que non se me ocorre o medio.

En tanto o pensamos: que lle pareceu o San Froilán. Aínda sendo moita moita, non sei se non habería algunha xente menos ca outros anos.

Anónimo dijo...

Teño pensado voltar a Lugo o fin de semana que vén.Dígame a súa cafetería habitual,que llos deixo alí ó seu nome.(Por exemplo)

Anónimo dijo...

Non teño cafetaría habitual. Se vde. levase ao extremo a amabilidade, sinálolle unha panadaría-tenda que abre todos os días, "Migas", enfronte da igrexa de San Roque. Alí perto vivo eu, para cando poida aceptar un convite.

Anónimo dijo...

E aínda menos mal que as vocáis do galego non teñen a variante longa-curta coma noutras línguas,senón menudo lío (¿ou sí?)

Anónimo dijo...

Contra a poesía feminina dos 90 e o caciqueo!!! Copiar, pegar e difundir!!!

Realmente iso é calidade literaria???

Estamos completamente fartos do enchufismo e o tongo nos certames literarios galegos, onde ano tras ano, certame tras certame Yolanda Castaño e as suas imitadoras, apoiadas (entre outras poucas) por Teresa Seara e o seu grupusculo de amigas, salen premiadas.

Que grande sorpresa cando no certame Espiral Maior (outra vez) Yolanda Castaño volve a sair gañadora. Estou a falar dun certame ao que se presentaron 150 obras aproximadamente dos países de lingua galego e portuguesa.

Parece que aquí un texto que non reproduza a palabra "cunnilingus" ou trate sobre as "adentras", non pode ser premiado.

Non quero falar da calidade dos premiados (as), pero di moito dos xurados que os premian. Velaí os temos; "postos en fila para a vergoña da literatura galega".

Centos de poetas agardan a sua oportunidade mais centos de poetas son censurados ao non imitar á señorita Castaño nos certames literarios.

Quero dar a miña opinión como membro anónimo de varios xurados no que cos meus propios ollos comprobei o que aquí está a pasar.

Anónimo dijo...

Todo iso está moi ben (ou moi mal, segundo se mire), pero eu non lle encontro moita relación co asunto deste post, amigo Anónimo.

Eu non lle digo nin que si nin que non, porque de poesía feminina dos noventa o meu coñecemento é, máis que escaso, case inexistente, polo que dificilmente lle podo dar ou sacar a razón. O único consello que se me ocurre -e se me permite darllo- é que renuncie a ser membro deses xurados. Así a súa integridade quedaría a salvo.

Reciba un cordial saúdo.

Anónimo dijo...

Eu o que me temo é que o Anónimo ao que non lle gusta o "cunnilingus" non é un xurado habitual, senón un concursante habitualmente postergado nos certames que gana garbosamente Yolanda Castaño. Volva a intentalo, home. Algún día halle caer.

Anónimo dijo...

Sempre lembro aquela frase que reproduce nalgún dos seus traballos, coido lembrar, Jordi Gracia, cando reflicte o ambiente intelectual da España dos 40 e 50. Un escritor, non sei se C. J. Cela, laiábase a un membro dun xúri de que el non tivese gañado un premio. E concluía: "En España los premios literarios siempre los ganan los amiguetes. Faltaría más". Son mal leitor de poesía e cústame xulgar a calidade literaria da poesía contemporánea, talvez (admito que igual son un cavernario lector) por custarme apreciar a musicalidade do verso libre, sen rima nin nada (sempre lembrarei aquel poema dunha poetisa ourensá que remataba algo así como "patria/insubmisión/Méndez Ferrín"; se non era patria, sería terra ou algo semellante), do mesmo xeito que non gosto da música atonal. Mais ao mellor a propia crise dos paradigmas estéticos e o relativismo algo teñen tamén que ver en que uns escritores aparentemente non tan bos gañen premios.
De todos os xeitos, o tempo porá a cadaquén no seu lugar. E, dende logo, Anónimo debería demitir de membro dun xúri. Ou, talvez, recuperar o espírito de Quevedo ou das cantigas de escarnho e maldizer e facer un soneto do cunnilingus cunnilinguado e lésbico, a ver se así gañaba, presentándose con pseudónimo.

Anónimo dijo...

¿En qué se parece o cunnilinguis á mafia? Se te vas da lengua,vas á merda.

Anónimo dijo...

Puf, non sexa tan groseiro, Escatolóxico. Que aínda facendo moitas coñas, intentamos -e non sempre conseguimos- manter un determinado nivel.

Anónimo dijo...

G�stanme os exemplos desta p�xina:

Fon�tica galega

Roque Soto dijo...

As miñas avoas endexamais leron un libro, ¡pero tiñan un acento galego cando falaban! vaia si lle poñían poesía a vida.

Anónimo dijo...

A miña abóa,aparte do silabario,só leu un libro na súa vida.E foi porque llo dera un cura pra que mellorase a lectura.Sempre fala del con admiración, "Genoveva de Brabante".
Pero,eso sí,como alá nos sesenta-setenta as series televisivas eran "O Conde de Montecristo","Crimen e Castigo","Os tres mosqueteros",etc...lémbraas todas con detalle.

Anónimo dijo...

Non me extrañaría nada que algún destes fora algún de vos:

fonética non tan galega,algunha