Presentación de Psicopatoloxía do Retorno
O próximo mércores 24 de outubro, ás 20 h. e no Liceo de Ourense, vaise presentar o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006, isto é, o libro PSICOPATOLOXÍA DO RETORNO, editado por Galaxia, da autoría de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo.
No acto participarán o director de Galaxia, Vítor F. Freixanes; o director provincial do Sergas en Ourense, David Simón; o psiquiatra Santiago Lamas, e os dous autores do estudo.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
14 comentarios:
Se non lembro mal,xa Santiago Lamas falara deso nalgún capítulo de "Galicia Borrosa".Ese Ramón Area Carracedo debe de ser fillo de Ramón Area Mígues,e irmán de Iván...¿ou non?
Eu non vou poder ir pero se vostede vai,Marcos,pregúntelle ós autores en qué librerías está a venda o libro,pra mercalo.Se lle acomoda.Anque imaxino que en Torga,claro.
Os libros de Galaxia adoitan estar ben distribuidos. En calquera librería media supoño que se poderá atopar.
Xa lin "Como Dios manda", de Niccolò Ammaniti. Intensa, rápida e brutal. Como pegarse un hostiazo en moto, só que dende o sofá. Non sei por que se me ocorre que ten algo de novela teolóxica. Un cruce monstruoso entre o Rei Lear, o Dostoievski máis desesperado e Johnny Rotten no seu momento de subidón. Aínda ando a dixerila.
P.S.) Grazas a Arume, moitas grazas, polo descubrimento.
O libro está nas librarías xa hai un par de semanas. E un dos autores é fillo de Ramón Area, en efecto.
Esquecín inquirir a vosa docta opinión verso dun artigo que saéu o domingo na Vox Gallaeciae "Os 1000 anos do galego",unha páxina enteira.
Agradezo, da Coba, a súa referencia, pois non coñecía a páxina. Acabo agora mesmo de lela.
A síntese sobre a historia da lingua parece bastante correcta de factura; con todo, o discurso -o mesmo de hai, se cadra, dez anos- require e pode ser algo actualizado. A cronoloxía da lírica trobadoresca está a debate, e hai quen propón atrasala mesmo nun século; aínda aceptando a maioritariamente vixente, o vizo e madurez da escola pón en máis ca seria dúbida a conveniencia de situar o seu inicio efectivo no século XIII. Á marxe da datación efectiva -máis ben, así mesmo, hipotética- dos primeiros testemuños.
Por outra banda, vai sendo tempo de puntualizar outro feito: "galego-portugués" é un termo contemporáneo que designa a lingua románica que naceu na antiga Gallaecia e que, polo tanto, debería ser designada, tout court, galego; á marxe da posterior evolución política e lingüística do dominio. Estamos falando dun territorio septentrional, claro, pero que se achegaba notablemente a lonxitudes centrais no occidente da península.
Polo tanto, eu reescribiría (máis ben, escribiría doutro modo) como mínimo a pasaxe:
"O galego, en xustiza o galego-portugués, converteuse moi pronto nunha lingua culta adoptada polas clases dominantes. Así, nos primeiros séculos da súa vida escrita, o galego era o idioma lírico por antonomasia. O castelán era o idioma no que se vehiculaban as accións administrativas, e o galego-portugués, a lingua na que se expresaban os literatos, a que servía para falar do amor ou da soidade".
Onde, ademais, pode dar a entender que o galego nunca tivo uso administrativo, notorio erro: en síntese pobrísima, un, no propio traballo faise referencia ao uso documental; dous, a presenza do castelán, dalgún modo, na administración do país dataría de cando Henrique de Trastámara, chegado ao trono, repartiu mercedes e títulos entre os seus fieis estranxeiros (non galegos, obviamente): isto é no século XIV, décadas despois dun Alfonso O Sabio que promoveu o uso administrativo do castelán, si, pero na súa corte toledana ou itinerante.
LVG:
Unos 27.000 trabajadores emigraron de Galicia durante el 2006.
Esta é a psicopatoloxía da ida, e parece que non ten solución.
O peor non é os que se van.O peor é que os que quedan fanno preguntándose "¿Qué carallo fago eiquí?".
Entrevista hoxe na Rexión ó autor do libro do que fala o post
A ver ahora
Por certo, estivo moi ben esta presentación (non sei se estarían presentes outros contertulios, mañá poñerei un post ó respecto). Houbo moita xente, supoño que amigos dos autores e tamén algúns dos retornados entrevistados, e un rico debate ó remate: mesmo participou unha arxentina (de visita en Termatalia) que non estaba moi de acordo co que se di da visión pexorativa dos galegos en Arxentina. Ela dicía que máis ben é ó revés: que son os arxentinos que veñen agora os que tampouco son tan ben tratados en Galicia...
N.AMMANITI. Como Dios manda, Mondadori. (Xa fun reservar o libro en Torga, non o tiñan: coa propaganda entusiasta que lle fan os sres. Arume e Leituga, seguro que non me vai defraudar).
Publicar un comentario