Bermejo Barrera: contra a cultura espectáculo
Dende hai uns meses, o historiador Bermejo Barrera está a desenvolver, dende a prensa, unha campaña de reflexión sobre a Cidade da Cultura e a cultura espectáculo. Nesa liña incide hoxe, na entrevista que lle fai Nacho Miras en La Voz de Galicia (entrevista completa). Creo que pode ter interese para o debate e por iso transcribo aquí un anaco:
Como a canción, «La vida sigue igual»...
-Nin a cultura produce riqueza na medida que eles din nin nada diso. Pero eles teñen que demostrar que invisten moito en cultura para vender politicamente unha imaxe de que se preocupan polo tema e, así, conseguir votos. Iso en Fraga estaba claro, co PP. Non cría en nada pero repetía sempre o mesmo; tomaba posesión con non sei cantos gaiteiros, que identifican a Galicia... O problema é que cando se produce a alternancia política, ¡O novo Goberno asume o mesmo discurso!
-Din que non, ¿pero é que si?
-¡Porque os tres partidos comparten a mesma concepción da cultura! ¿Como pode ser que intelectuais nacionalistas, de esquerda, digan que todo o futuro depende do turismo? ¡Pero vamos a ver! Fraga publicou nos anos sesenta un libro, Horizonte español, no que dicía: «Ojo, cuidado con el turismo. El turismo puede dar muchos ingresos, pero la demanda turística es caprichosa, es voluble y es inestable. El dinero del turismo hay que invertirlo en industrializar un país o en modernizar la economía». ¡Iso o dicía Fraga!
-Fanse propostas culturais, cando menos, curiosas... un mirador para mirar a posta do sol...
-Iso viola o sentido común. A ninguén se lle ocorre que a posta de sol se vexa mellor desde Fisterra. O grave é que digan que iso entra dentro dun plan económico de revitalización da Costa da Morte despois do Prestige. ¡Iso é o grave! ¿O futuro é converter a Costa da Morte en Benidorm? E, aínda por riba, aquí cando chove, chove. ¿A cultura só serve para semellante cousa?
-¿Qué faría vostede coa Cidade da Cultura?
-¡Eu que sei! Propuxen nun artigo vendela, pero non a podes vender porque ninguén a quere comprar.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
15 comentarios:
Retornei de Florencia-Roma, atopome con este artículo nas Uvas.Ven me guatara ver o debate despois de ver as enormes ringleiras de xente que vín alí (Seguro que o maíoria ía por mimetismo), haber si podo colgar alguna foto ilustrativa.
Parece (AVG) que o anterior concello ourensán pagou máis de trinta mil ouros par que unha serie de TV, "Hospital Central" (cadea que emite 0 horas de galego os 365 días do ano) fose rodada en Ourense.
Cultura espectáculo, turismo espectáculo e, en xeral, papanatismo espectáculo.
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/10/21/0003_6245827.htm
Al fin unha crítica na prensa dende o mundo da cultura
Al fin, non. Debe de ser a enésima vez que unha persoa da cultura con sentidiño (e un pouco de mala hostia, que é o que hai que ter) fala disto. Nin é o primeiro nin ha ser o último. O triste é que non fan caso. E siguen, siguen, como a pila de Duracell.
De todas formas, unha boa lectura de todo esto pode atoparse nas actas daquela mítica comisión da Consellería, co desfile diario de persoas importantes da cultura propoñendo ocurrencias unha tras outra. Esa si que era muiñada. E non o fago por criticar aos visitantes, que bastante facían con poñerse a pensar que facer con aquel zigurat. Senón polo método brainstorm de indudable operatividade para que os técnicos da correspondiente consellería fagan o que ían facer ao principio pero temían facer sen consultaren.
Hoxe, como dicia Sir da Coba, levanteime "cañero".
Na Voz , a toda paxina?
Ainda que, eso espero que sigan como ti dis como as pilas duracell na Voz ou donde poidan, con sentidiño e con " mala hostia"
Sobre HOSPITAL CENTRAL e Ourense: creo que os 30.000 euros son unha migalla para a promoción que significou ese programa de TV; de feito, os xornalistas pensan que se debeu pagar moito máis. Unha migalla que, neste caso, eu creo que non foi disparatada, comparando con outros casos de "promoción" moito máis caros. En calquera caso, a iso eu chámolle Promoción Turística: nada que ver coa cultura per se.
A ver, pero falando en serio... Este señor fai algunha proposta sobre a Cidade da Cultura? Fai algunha proposta sobre algo?
E que comezando polo nome. Que terá que ver eso, cunha cidade?
O certo é que no monte Gaias, moitos encontraron o seu tesouro dos mouros.
Hai amnesias na xente que andou a súa percura, e comezan as alucinacións, hai quen dí ver a catedral do século XXI, peregrinacións masivas, un novo culto, unha ponte aérea N.Y.-Santiago, e os galegos convertidos nas xentes mais cultas do século.
Que mais se pode pedir?. O malo é que son alucinacións que costan moitos cartos mentres a industria cultural galega devece por unhas axudas que non lle chegan, e que a situan nunha mala posición para a competecia, tendo en conta que outras industrias culturais si están fornecidas de mais axuda pública, e ademais, non teñen proporcionalmente unha samesuda alucinatoria de tales proporcións que lle zuga non so diñeiro, senón adicación, enerxias e expectación.
A cultura do espectáculo insirese no mesmo feito do espectáculo da súa construcción.
Especulemos mentres outros fanse ricos espectacularmente.
O mercado da cultura deberá ser demolido, como Cartago.
Vaia coincidencia, hoxe falo desto tamén no meu bló, pero veño debatir aquí que hai máis xente. Pois si, eu tamén queria celebrar unha voz sensata falando de cultura. E é que está tan prostituída esta verba xa ninguén sabe de que se fala cando se nomea á "bicha". Espectáculo o que da a política ano tras ano dilapidando os aforros de todos, perdendo libros que acaban de mercar, berrando todo o santo día pola recuperación do PATRIMONIO e logo deixando perder bibliotecas enteiriñas. Eu teño outra proposta, un xeriátrico. Non digades, é o sitio ideal, natureza, preto desa cidade tan alegre. E coa falta que fan boas Residencias para os vellos. ¿pero é que non pensades no que vos espera? Agora están a enterrar os cartos que terían que estár invistíndose en infraestructuras precisas para agora mesmo. ¿sabedes por exemplo que cada día un cento de enfermos de cancro de Ourense teñen que desprazarse diariamente a Vigo para radiarse? Algúns fan 500 kilómetros diarios e logo chegan a Vigo e lles din no ultramoderno MEdTEC que o aparello non funciona,e volta para a casa, algúns ata Viana do bolo...Se esto non é pornografía pura que veña algún político destes postmoderno e que o diga...(¡claro que destas cousas non queda bonito falar, como non imos morrer nunca!)
Claro que hoxe o ínclito Quintana ven de asinar o documento co que di sque queda saldada a débeda histórica de Galiza...¡medo da ver máis cartos nas mesmas mans! Consolémonos logo, mañá martes xa somos un país de primeira, como os cataláns.
Moi ben,Ana Bande.Plas,Plas.Non digo máis.
A cultura de conferencias e homenaxes,non tén algo de cultura-espectáculo? Sería a parte positiva dese tipo de cultura?
Pregúnto(me).
Unha conferencia ou unha homenaxe, se están ben programados, ten tanto sentido coma un museo ben artellado, unha biblioteca ou un centro cultural, sempre que haxa contidos e unha programación axeitada para dar resposta a unha necesidade o para anticiparse a ela, pero o que non ten sentido é ir por aí inaugurando grandes infraestructuras culturais coma quen inaugura pantanos ou parques eólicos sen saber se vai haber vento ou sen potenciar a creación artística, penso.
A xente que crea deberia ter en Galicia unha oportunidade de amosar o seu traballo aquí, e logo fóra. Non se trata de dar cartos a tutiplén (bolsas, etc), senón de fomentar a participación, ofrecer unha infraestructura para amosar as creacións, axudar a que os creadores se relacionen entre si.
Isto supón ter unha idea do que se quere conseguir. Pero se o que se pretende é crear o Monte do Gozo Macabeo Dous chamándolle "A cidade (?) da Cultura (?)", pois non imos a ningún lado. E se logo creamos unha páxina como readgalicia.com, cun feixe de resumes de libros en galego mal traducidos ao inglés (e por que non ao castelán?), páxina que non vai ser consultada por ninguén (e menos por editores de fóra), pois xa me dirás.
E se ademais os escasos orzamentos os tes que repartir por unha ducia de organismos todos a facer un traballo similar (ILGA, Academia, Ramón Piñeiro, Consello da Cultura Galega...), pois entón a conclusión que eu tiro é que alguén lle interesa manter todo este status quo para chupar do bote.
O interesante sería poñer en común o esforzo de xente que hai repartida por aí facendo traballo sobre/para/por/a prol de/cara a, etc Galicia (e o galego) [MNL, Ciberirmandades da Fala, etc]. Os esforzos espallados nunha mega-asociación sen ánimo de lucro e non dependente da Admón. Estou pensando, como non, do chorado (enterrado) Seminario de Estudos Galegos.
Señor Ulm, o importante sería que os galegos nos tomasemos en serio como galegos.
Publicar un comentario