Avance de contidos
Estes días, co Simposio Carlos Casares e outras cousas, non creo que poida escribir moito. Só dicirvos, a todos/as, que na primeira sesión, de mañá, xa se contaron moitas cousas de interese. Sobre todo na intervención de Xavier Carro que conviviu con el na etapa que Casares retrata en "Xoguetes pra un tempo prohibido" e que mesmo lle pasou moitos dos libros que puideron influír nel naquel momento.
Tomei bastantes notas: en canto teña un pouco de tempo, seguro que esas notas acaban por aquí.
Por exemplo, só como avance: entre os libros que lían os mozos da NNG, ademais dos que se citan sempre (Joyce, Proust, Kafka, Faulkner, etc.), había outros que puideron deixar unha forte pegada no Casares dos "Xoguetes". Por exemplo, "Señas de identidad", de Juan Goytisolo (na primeira edición mexicana). E "Tiempo de silencio", de Martín Santos. E "Encerrados con un sólo juguete", de Juan Marsé. E mesmo un de Torcuato de Lena, "La edad prohibida": obsérvese que palabras como XOGUETES e PROHIBIDO estaban xa nesas referencias.
ZOANDO
-
Vento fato
Veñen por min
Poñen mentiras nos xornais
Quen sexa vou ir a por el para que pare
Mais non o fará
Falan de que estiven nun pelotón de fusilamen...
Hace 13 horas


1 comentario:
Cales eran os "xoguetes prohibidos" por antonomasia?
Imaxinades decirlle a un grupo de rapaces:
-Podedes xogar con tódolos miles de xoguetes desta guardería MENOS CON UN...
Publicar un comentario