16 dic 2007


Casares, Torga, Del Riego, González Tosar
PAN POR PAN domingo 16 decembro. Caricatura de Miguel Torga por Suso Sanmartín.

Chea de intervencións de interese estivo a última xornada do Simposio Carlos Casares: o luns falarei dalgunhas delas. Inauguramos un roteiro dedicado ó escritor na súa cidade natal e centro de boa parte da súa obra de ficción e dos seus estudos. Rematou o encontro o poeta Luís González Tosar, que evocou as súas viaxes de amizade con Casares, sempre cheas de anécdotas asolagadas en humor. Relembrou cando visitaran en Coimbra ó poeta portugués Miguel Torga, que se ergueu da sesta para recibilos e foi moi amable con eles (aínda que non era ese o seu carácter habitual). O mesmo Miguel Torga veu noutra ocasión a un acto en Vigo e don Paco del Riego tentou convencelo de que escribise sobre Galicia: “escriba algo sobre esta terra tan fermosa, cunha paisaxe tan verde...”. Pero o xenial autor dos “Diarios” só acertou a dicir: “Si, é unha terra ben verde. Pero eu non son unha vaca”.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boa a resposta de Miguel Torga a don Paco.

Anónimo dijo...

O Miguel Torga sempre fuxiu dos intelectuais e dos literatos despois da sua primeira experiencia nunha revista literaria, pasou ampliamente de trapalladas e sempre foi il mesmo...

Anónimo dijo...

Case se me atraganta o café cando lín esa frase de Torga, na Rexión hoxe á mañá. Galiza será o "ceo das vacas" do mesmo xeito que o ceo dos indios era "unha infinita pradería chea de búfalos. Un deles, blanco."

Anónimo dijo...

Esta noite soñéi que por terras de Castela alquén me pedía, sorrindo beatíficamente: "Escriba sobre esta terra, tan amarela..."

Anónimo dijo...

Escribe sobre a marea negra
Escribe sobre os merlos blancos
Escribe sobre a estrella roxa
Escribe sobre o perigo amarelo
Escribe sobre mantos púrpura
Escribe sobre a bandeira blanquiazul

Pero eu a tí ,verde, quérote verde.

Anónimo dijo...

Obviamente referíame a Galiza, coma o outro.

Anónimo dijo...

Igual se refería a Galiza o autor desta CANCIÓN
Cantábaa José Guardiola coa musica de "Greenfields".

Anónimo dijo...

O cal vennos a dicir que os xa generacióndelnoventayocho ou eran místicos ou ben precisaban dunhra graduación das bifocais.