20 dic 2007


CHARLES CHAPLIN
PAN POR PAN xoves 20 decembro
Inaugurouse en Barcelona unha exposición sobre a evolución do personaxe de Charlot, creado por Charles Chaplin: inicialmente era un tipo pouco escrupuloso que só quería roubarlle a paga ó amigo ou deitarse coa muller do veciño. Logo, xa co bigote incluído, o personaxe foise pulindo cara o vagabundo de bo corazón de “O chico” ou o home comprometido de “O gran dictador”. Supoño que algo hai nese personaxe da súa propia vivencia persoal: abandonado polo seu pai alcohólico, Chaplin viviu unha infancia angustiada coa idea de que a súa nai acabase no asilo, e así foi (morreu tola), e logo co medo a ser atrapado pola policía. Viviu nun mundo marxinal e coñeceu o que era a fame: lembrarán aquela xenial escena na que persegue unha bota que el ve como unha galiña coa que se vai dar un banquete: quizais tiña que ver tanto coa imaxinación como coa súa propia vida.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A mín facíame graza ver ó Charlot confundindo a sola cunha chuleta. Pero á miña aboa non lle fracían graza aquelas esceas. Non sei por qué. O humor é diferente con cada xeración? Por qué non lle farían graza as brincadeiras coa fame?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Á miña avoa tampouco lle gustaba Pamplinas; Charlot, algo máis. O cine cómico era eso: cine cómico, sen esas cousas eruditas do slapstick, a Pathé, The Tramp ou Edna Purviance.

Anónimo dijo...

Eu coñezo a un ourensán do Couto que me contóu que traballara pra él en Suiza, nalgún servicio doméstico. Contóume que, anque no seu chalé había visitantes de tódalas partes do mundo, incluidos Xefes de Estado, era sempre unha persoa moi sinxela.

Anónimo dijo...

merecida homenaxe e bonito post
Yoli
apertas

Anónimo dijo...

Discurso de Nadal de S.M.